Monarquía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Monarquía (do grego: monos = un; + archeien = gobernante) é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, kaiser, tsar, sheik, ... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da povoación para un exercicio por período limitado (como na república), máis o exerce
- por tempo indeterminado (ata o seu fallecimento, ou ata que renuncie)
- recebe a Xefatura do seu antecesor e a transmite ó seu sucesor por herencia ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.
A Xefatura de Estado non se confunde co a Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función ceremonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.
- Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina. (Para máis detalles vexa texto específico).
- Como exemplos de monarquías constitucionais, temos España, onde o rei Juan Carlos I de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é José Luis Rodríguez Zapatero. Outros exemplos son o Reino Unido (raiña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: Gordon Brown, Suecia, Países Baixos, etc).
Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raiña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

