Enclave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enclave en Xeografia[editar | editar a fonte]

C é un exclave de B e enclave de A

En xeografía, un enclave é un territorio totalmente cercado por un territorio estranxeiro. Se un outro país ten soberania sobre el, podese tamén chamar este país de exclave.

Un tal territorio é así:

  • un enclave do territorio estranxeiro que o cerca.
  • un exclave do país que con soberanía sobre el.

Os enclaves poden tamén existir cando unha subdivisión administrativa dun país é situada fora da súa división principal.

A palavra enclave ven do latín inclavatus, significando pechado. Exclave é unha extensión criada posteriormente.

A orixe dun enclave pode ser devida a razóns históricas, políticas ou mesmo xeolóxicas: certas zonas tornaranse enclaves simplesmente por causa da mudanza do leito dun río.

Exemplos de enclaves son Llívia, territorio español rodeado de territorio francés. Alguns enclaves son territorios independentes: este é caso de San Marino e mais do Vaticano, enclaves da Italia, e do reino do Lesoto, enclave da África do Sur.

D é un exclave de B mais non é un enclave

Certos países, que apenas tén fronteira cun outro, poden ser considerados enclaves se apenas dispuxeren dunha pequena fronteira marítima (casos da Gambia, case totalmente rodeada polo Senegal, do Brunei, case totalmente rodeado pola Malasia, ou do Mónaco, case totalmente rodeado por territorio de Francia.

No entanto, se a liña de costa for significativa en termos de comprimento, o país non é tido por enclave; exemplos son os casos de Portugal (só ten fronteira con España), Corea do Sur (só ten fronteira coa Corea do Norte) e Irlanda (só ten fronteira co Reino Unido).

Outros exemplos que non poden ser tecnicamente considerados enclaves son os territorios atingíveis por augas internacionais, como os casos de Oecusi-Ambeno (Timor-Leste), as cidades de Ceuta e Melilla (España), Xibraltar (Reino Unido) Cabinda (Angola), Kaliningrado (Rusia) e a zona de Dubrovnik, na Dalmacia (Croacia).

Tamén se a dimensión do territorio separado do principal é significativa, non é costume tomálo por exclave. Un exemplo extremo é o de Alasca.

Enclave en Xeoloxia[editar | editar a fonte]

En xeoloxía enclave é un corpo estraño inserido nunha rocha, moito comun en rochas ígneas plutonicas. Ocorre en un magma que absorve porcións de rochas máis profundas e cando este solidificase envolve esta rocha diferenciada.