Territorio Británico de Ultramar
Denomínase Territorio Británico de Ultramar (British Overseas Territory, en inglés) á circunscrición controlada e baixo soberanía do Reino Unido. Pero estas colonias non forman parte do Reino Unido como o pode ser Gran Bretaña ou Irlanda do Norte. Séguese utilizando o título de Colonia da Coroa para as Illas Malvinas e o Territorio Antártico Británico.
Estes territorios deben ser distinguidos das dependencias da Coroa -Illas da Canle (Jersey e Guernesey) e Illa de Man-, que teñen un status distinto con respecto ao Reino Unido. Tampouco deben ser confundidos cos reinos da Commonwealth.
Hoxe en día os territorios dependentes non son administrados directamente polo Reino Unido senón que teñen o seu propio goberno que as administra, e o Reino Unido encárgase da súa protección, das relacións exteriores e asuntos de negocios.
O Parlamento Británico non ten representación destes territorios e foron rexeitadas propostas para incluílos como parte do Reino Unido.
A súa Maxestade a Raíña Isabel II é raíña destes territorios, como raíña do Reino Unido, a diferenza de en os reinos da Commonwealth onde é raíña deses mesmos países (ejm. Raíña de Canadá, Raíña de Australia...)
Cada territorio ten un gobernador elixido polo monarca do Reino Unido, que traballa como representante do «Goberno da súa Maxestade». Os gobernadores encárganse e teñen o poder da seguridade no territorio e da representación entre o territorio e o Goberno Británico; tamén disolven a lexislatura e actúan para facer cumprir as leis, dependendo do nivel de poder adoitan ser máis simbólicos ou teñen maior relevancia. Todos os gobernadores adoitan proceder do Reino Unido.
| Bandeira | TT. BB. UU. | Poboación | Capital | Reclamados por |
|---|---|---|---|---|
| Anguila - Anguilla | 12.800 hab. (2002) | The Valley | - | |
| Bermudas | 64.482 hab. (2003) | Hamilton | - | |
| Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur | 100 hab. (2003) | Grytviken | Arxentina | |
| Illas Caimán | 44.270 hab. (2005) | George Town | - | |
| Illas Malvinas | 2.967 hab. (2005) | Porto Arg/Stan | Arxentina | |
| Illas Pitcairn | 48 hab. (2003) | Adamstown | - | |
| Turks e Caicos | 19.500 hab. (2003) | Cockburn Town | - | |
| Illas Virxes Británicas | 21.730 hab. (2002) | Road Town | - | |
| Xibraltar | 27.776 hab. (2005) | Xibraltar | España | |
| Montserrat | 9.245 hab. (2004) | Plymouth | - | |
| Santa Helena | 7.367 hab. (2003) | Jamestown | - | |
| Territorio Antártico Británico | 200 milit. e civís (2005) | - | Arxentina e Chile | |
| Territorio Británico do Océano Índico | 3.500 hab. e milit. (2005) | Diego García | Mauricio e Seychelles | |
| Akrotiri e Dhekelia | 14.500 hab. e milit. | Episkopi | - |
Galería de imaxes [editar]
-
Vista da base militar Diego García, no Territorio Británico do Océano Índico
-
Vista de Jamestown, Santa Helena