Isabel I de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isabel I de Castela
Raíña de Castela[1] e de Aragón.
Isabeldecastilla.jpg

13 de decembro de 1474 - 26 de novembro de 1504
Predecesor Henrique IV
Sucesor Xoana I e Filipe I

20 de xaneiro de 1479 - 26 de novembro de 1504
Predecesor Xoana Henríquez
Sucesor Germana de Foix

Coroación 13 de decembro de 1474 na Igrexa de San Miguel (Segovia)
Nacemento 22 de abril de 1451
Convento de San Agustín (Madrigal de las Altas Torres), Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
Falecemento 26 de novembro de 1504
(53 anos)
Palacio Testamentario (Medina del Campo),
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Coroa de Castela
Sepultura Capela Real de Granada
Consorte Fernando II de Aragón
Descendencia véxase descendencia
Casa Real Casa de Trastámara
Pai Xoán II de Castela
Nai Isabel de Portugal

Escudo de Isabel I de Castela
Isabella I of Castile Signature.svg

Isabel I de Trastámara, máis coñecida como Isabel a Católica, nada en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo (Valladolid) o 26 de novembro de 1504, foi raíña de Castela, casou con Fernando II de Aragón, polo que pasou a ser raíña consorte de Aragón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla de Xoán II de Castela e de Isabel de Portugal. A nai pensou en casala con Afonso V de Portugal e con Pedro Xirón, mestre de Calatrava. En 1469 casou con Fernando, rei de Sicilia e herdeiro da coroa de Reixo de Aragón, primo afastado. Tras a morte de seu irmán Henrique IV de Castela, foi proclamada raíña de Castela, despois da derrota de Xoana a Beltranexa. Afonso V, tío e marido de Xoana a Beltranexa, entra en Castela por Zamora e Toro. O tratado de Alcáçovas puxo fin á loita con Portugal. A morte de D. Xoán II une os reinos de Aragón e Castela (1497).

No fin da Reconquista, coa conquista de Granada (1492) a raíña mostrou grande firmeza na gobernación. Axudada polos cardeais Mendoza e Cisneros, tenta converter os musulmáns ao catolicismo, e apoia a Cristovo Colón na súa expedición ao Novo Mundo (América). Após a descuberta de Colón, a raíña interesouse polo ben estar dos americanos nativos. Ordenou que aqueles que foran levados á forza a Castela retornasen á súa terra, e por dispositivos no seu testamento determinou que os nativos fosen ben tratados nos territorios controlados polos españois. Os seus desexos no seu testamento non foron sempre honrados.

Testamento de Isabel.

O seu legado tamén ten un lado máis negro: favoreceu a inquisición española e foi responsábel da expulsión dos xudeus de Castela en 1492 (Decreto de Alhambra). Tampouco foi o seu reinado favorecedor para os intereses da nobreza galega, que foi substituída por unha nova nobreza foránea como castigo por non teren apoiado a súa causa na guerra sucesoria polo trono, nin para o propio reino de Galiza que perde poder político cos Reis Católicos. Estes novos reis introduciron organismos novos (audiencia, santa irmandade, gobernadores, correxedores, inquisición, congregación monástica de Valladolid etc), nutridos maiormente con funcionarios estranxeiros e contando co concurso dos sectores autóctonos como intermediarios e subalternos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A titulación completa era: Raíña de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras, de Xibraltar e Señora de Biscaia e de Molina

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Isabel I de Castela
Nacemento: 22 de Abril 1451 Falecemento: 26 de Novembro 1504


Títulos Reais
Precedido por
Henrique IV de Castela


Raíña de Castela, Toledo, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén e Alxeciras

1474-1504
xunto con Fernando II de Aragón
Sucedido  por
Xoana I de Castela e Filipe I de Castela
Raíña de Galiza
non de facto ata 1486

1486-1504
xunto con Fernando II de Aragón
Precedido por
Muhamed XII de Granada


Raíña de Granada
1492-1504
xunto con Fernando II de Aragón
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Xoana Henríquez


Raíña consorte de Sicilia
1469–1504
Sucedido  por
Xermana de Foix
Raíña consorte de Aragón, Mallorca e Valencia; Condesa consorte de Barcelona
1479-1504
Precedido por
Ana de Bretaña


Raíña consorte de Nápoles
1504
Precedido por
Infante Afonso de Castela


Princesa de Asturias
1468-1474
Sucedido  por
Infanta Isabel de Aragón e Castela
Títulos que reclamou


Precedido por
Andreas Palaiologos
— TITULAR —
Emperatriz de Bizancio
xunto Fernando II de Aragón

1502-1516
Razón que imposibilitou a sucesión:
A caída de Constantinopla trouxo consigo
a desaparición do Imperio bizantino
Sucedido  por
Carlos V, Emperador do Sacro
Imperio Romano-Xermánico