Provincia de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Granada
Bandera de la provincia de Granada (España).svg Escudo de la provincia de Granada (España).svg
Provincia Granada.png
Capital Granada
Área 12.531 km²
Poboación 907.428 hab. (2009)
Densidade 72,41 hab./km²
Concellos 168
Xentilicio Granadino/a

A provincia de Granada é unha provincia española que forma parte de Andalucía, a súa capital é a cidade homónima de Granada. O xentilicio que designa aos seus habitantes é granadino.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Limita, polo oeste, coas provincias de Málaga e de Córdoba; polo norte con Xaén, polo nordés con Albacete e máis Murcia; polo leste con Almería e polo sur linda co mar Mediterráneo.

Ocupa unha superficie de 12.635 km², cunha poboación de 854.419 habitantes (2005), dos que aproximadamente un 30% viven na capital. A densidade poboacional é de 68,18 hab/km². Está dividida en 168 concellos.

Os principais núcleos de poboación son Granada, a capital, e as localidades de Motril, Guadix, Baza e Loja.

A provincia está cruzada pola serra Penibética, onde salienta a montaña máis alta da Península Ibérica, o Mulhacén, cunha altura de 3.482 metros sobre o nivel do mar. Comparte coa provincia de Almería o Parque Nacional de Serra Nevada.

Comarcas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Granada Modificar a ligazón no Wikidata