Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kongeriket Norge
Kongeriket Noreg
Norga gonagasriika


Reino de Noruega
Bandeira de Noruega Escudo de Noruega
Bandeira Escudo
Lema: Alt for Norge
(Noruegués: Todo por Noruega)
Himno nacional: Ja, vi elsker dette landet
 
Location Norway Europe.png
 
Capital
 • Poboación
Oslo
634.463hab (2014-01-01)
Cidade máis poboada Oslo
Linguas oficiais
Noruegués (bokmål e nynorsk) saami e kven1
Forma de goberno Monarquía constitucional
Harald V
Erna Solberg
Constitución
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
17 de maio de 1814
Da unión con Suecia
7 de xuño de 1905
26 de outubro de 1905
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 67º
385.186 km²
6%
2.542 km
25.148 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 116º
5.109.056 (2014-01-01 est.)
13,26 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 24º
US$ 451.830 millóns
US$ 94.386
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 41º
US$ 212.038 millóns
US$ 53.737
IDH (2013) 0,955 () – <>Moi Alto
Moeda Coroa (kr, NOK)
Xentilicio Noruegués, norueguesa
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .no2
Prefixo telefónico +47
Prefixo radiofónico 3YA-3YZ
Código ISO 578 / NOR / NO
Membro de: ONU, EFTA, CBSS, OTAN, OCDE, OSCE, Consello Nórdico

1 O saami é oficial en oito municipios e o kven nun.
2 Noruega ten outros dous dominios asignados, aínda que sen usar a día de hoxe: .sj para Svalbard e Jan Mayen e .bv para a Illa Bouvet.

Tódolos países do mundo

Noruega (en noruegués: Norge (bokmål), Noreg (nynorsk), en saami: Norga), é un país nórdico gobernado por unha monarquía constitucional que ocupa a porción oeste da península escandinava. O país fai fronteira con Suecia, Finlandia e Rusia. A súa capital e principal cidade é Oslo.

Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos de Jan Mayen e das Illas Svalbard, cuxa soberanía foi establecida polo tratado de Svalbard asinado en 1920. Porén os territorios meridionais da Illa de Bouvet na parte sur do océano Atlántico e a Illa de Pedro I no sur do Océano Pacífico considéranse dependencias e polo tanto non conforman parte do reino como tal. Noruega é ademais un dos países que reclama territorio na Antártida, concretamente o sector coñecido como Terra da Raíña Maud.

Dende a Segunda Guerra Mundial, o país experimentou un rápido crecemento que contribuíu a que o país estea na actualidade entre aqueles cun maior nivel de vida grazas ao seu sistema nacional de subsidios. Este crecemento económico débese en parte ao desenvolvemento e explotación das reservas costeiras de gas e petróleo do país. O desenvolvemento humano de Noruega é un dos maiores do mundo, ocupando o país o primeiro posto na listaxe de países por nivel de desenvolvemento humano (IDH) entre o 2001 e o 2007 (compartindo este posto con Islandia no 2007). É ademais un dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Existen dúas formas de lingua norueguesa escrita, o bokmål e o nynorsk, así pois o nome oficial de Noruega é Kongeriket Norge, na primeira normativa e Kongeriket Noreg na segunda. Ademais do noruegués no país tamén se falan as linguas saami e o finés, sendo o nome nestas linguas Norga ou Norgga gonagasriika en saami setentrional, Vuodna ou Vuona gånågisrijkka en saami lule, Nøørje ou Nøørjen gånkarijhke en saami meridional e Norja ou Norjan kuningaskunta en finlandés.

O nome usual de Noruega no antigo nórdico era Noregr, Nord veg ou Norð vegri, que quere dicir "ruta do norte" ou "camiño cara o norte". No latín medieval o nome utilizado era Nor(th)vegia e en saxón antigo Norþ weg. O nórdico antigo e o nynorsk teñen bastantes similitudes cunha palabra do saami antigo que significa "ao longo da costa" ou "ao longo do mar", que se escribe nuorrek no actual lule saami. A presenza de dito arcaísmo é empregado por outros estudosos para estabelecer que a palabra saami é aborixe e non foi tomada das linguas nor-xermánicas. A primeira evidencia escrita do emprego da verba "Noruega" data do século IX nunha tradución en anglosaxón dun libro de Paulo Orosio, "Sete libros de historia en contra dos pagáns". A tradución foi feita polo rei Alfredo o Grande de Wessex para incluír un reconto seu das viaxes de Ohthere de Hålogaland, unha aventura viquinga.

Historia[editar | editar a fonte]

Era Viquinga[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Viquingos.
Leif Eriksson descobre Vinlandia, sendo un dos primeiros europeos en chegar a América do Norte.

En Noruega, que non era máis que unha rexión xeográfica sen unidade política, había no século VIII estados minúsculos cuxos xefes militares eran chamados Jarl. Estes tiñan ao seu servizo homes libres, campesiños e pescadores, que ademais cumprían unha función militar. Á súa vez, os campesiños eran servidos por escravos e servos libres. Considérase que a Era Viquinga en Noruega esténdese aproximadamente dende o 800 até o ano 1100. Historicamente, esta época adoita limitarse dun xeito máis específico, dende o ataque á illa de Lindisfarne en 793 até a batalla de Stamford Bridge de 1066.

Dende o século VIII, os Jarl comezaron a organizar expedicións militares fora dos seus territorios, atacando estados europeos por medio de correrías e saqueos. Xunto con daneses e suecos, serían coñecidos como viquingos ou normandos. As campañas norueguesas dirixíronse principalmente ao norte e ao oeste, colonizando a costa setentrional do que hoxe é Noruega, e poboando territorios até entón deshabitados: Shetland, as Illas Feroe e Islandia. Desde Islandia, o explorador Erik o Vermello partiu á colonización de Groenlandia a fins do século X, chegando o seu fillo Leifr Eiríksson ao continente americano, o cal chamou Vinlandia.

Na era viquinga, os Jarl locais comezaron a organizarse por rexións. Os poboados ao redor do Fiorde de Trondheim uníronse nunha liga rexida por un só ting (asemblea), mentres no sur de Noruega ocorreu algo similar. A finais do século IX Harald I de Noruega asumiu como rei de Vestfold, e a través de alianzas cos Jarl de Håløyg e Møre puido incrementar o seu poder e derrotar aos seus rivais de Hordaland e Rogaland na batalla de Hafrsfjord (no ano 872). Esta batalla foi considerada tradicionalmente como o evento que marcou a unificación do país nun só reino baixo a autoridade de Harald.

Porén os sucesores do rei non puideron fortalecer ao poder monárquico e as loitas dos monarcas cos Jarl ou os pretendentes rivais propiciaron a intervención de Dinamarca, convertendo a Noruega nun reino vasalo daquel. O fillo de Harald, Haakon I de Noruega, foi o primeiro rei noruegués en adoptar o cristianismo, pero non puido establecer a nova fe ante a reticencia da poboación, mais o seu sobriño, Olav o Santo, lograría quince anos despois, fortalecer á monarquía e a Igrexa e establecer estritas leis, pero os seus rivais pediron a intervención de Dinamarca e lograron expulsalo e finalmente, dándolle morte en 1030. A pronta canonización de Olaf influíu en que o seu fillo Magnus ocupase o trono en 1035, tras chegar a un acordo co seu rival Hardeknut de Dinamarca: o que sobrevivise ao outro tomaría o poder de ámbolos reinos, así Magnus herdou o trono de Dinamarca en 1042. Á morte de Magnus, Noruega e Dinamarca separáronse e Harald Hardråde, o sucesor en Noruega, tentou sen éxito conquistar Dinamarca, viaxando en 1066 a Inglaterra a reclamar o trono dese país, mais atopou a morte na batalla de Stamford Bridge fronte ao seu inimigo Haroldo o Saxón. Coa súa morte finaliza a Era Viquinga.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Entre 1066 e 1130, o reino de Noruega estableceuse xa solidamente, aínda que aínda contaba cun sistema administrativo bastante rudimentario. Na época inmediatamente posterior á Era Viquinga, alcanzouse en Noruega un período de paz interna e de crecemento económico, pero a carencia dun sistema claro do dereito de sucesión do trono provocou tensións e finalmente, tras a morte de Sigurd o Cruzado en 1130, unha guerra civil. Esta guerra, por regra xeral, consistiu en conflitos armados intercalados entre breves períodos de paz. Os bandos opostos trataban de impor ao seu pretendente e á morte dun deles, os seus seguidores manténdose aglutinados ao redor dun sucesor.

A Igrexa interveu nos anos 1160 a favor de Magnus Erlingsson, que sería o primeiro monarca noruegués en ser coroado. Ao mesmo tempo, por influencia da Igrexa, redactouse a primeira lei de sucesión escrita, que estipulaba a condición de fillo lexítimo para alcanzar o trono. Porén, os seus opositores uníronse, co patrocinio do clero, na facción coñecida como os bagler. Desde 1208 até 1217, o país quedou dividido pola guerra entre ambos os partidos, ata que se alcanzou a reconciliación e o rei Haakon IV foi recoñecido polas dúas faccións en 1217.

Haakon V, rei desde 1299, trasladou a capital a Oslo, casou cunha princesa alemá e tentou incrementar a influencia norueguesa en Escandinavia, participando en conflitos internos de Suecia. Esa política levaría á unión de Noruega cos seus veciños por longos períodos. Así pois, aínda que unidos baixo un mesmo monarca, Suecia e Noruega mantivéronse como reinos independentes, coas súas propias leis e o seu propio Consello. Magnus VII tivo dous fillos, e os dous Consellos acordaron que se outorgase o trono dun país a cada un deles. Magnus abdicou a coroa norueguesa no seu fillo Haakon VI en 1362, que casou coa princesa Margarida de Dinamarca, sendo o seu único fillo, Olav, rei de Dinamarca en 1375 e á morte de Haakon VI en 1380, tamén en rei de Noruega. Desde entón, salvo breves excepcións, Noruega permanecería unida a Dinamarca até 1814.

Olav IV morreu á idade de 17 anos, e con el extinguiuse a dinastía dos Folkung en Escandinavia. A súa nai, Margarida de Dinamarca, quen xa gobernaba como rexenta, foi nomeada raíña de Dinamarca en 1387 e de Noruega en 1388. Enfrontouse ao poder da Liga Hanseática e interveu en Suecia contra o goberno do príncipe alemán Alberte de Mecklemburgo. Unha vez nomeada raíña en Suecia, constituíu a Unión de Kalmar en 1397, chamada así pola cidade sueca onde se reuniron os consellos reais do tres reinos para acordar os termos da unión. Esta foi unha unión persoal baixo a éxida de Margarita, mais os tres reinos manténdose de facto independentes politicamente.

Unión con Dinamarca[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dinamarca-Noruega.
Cristián III de Dinamarca, rei que introduciu o Luteranismo en Noruega.
"Unha tarde na Sociedade Norueguesa" de Eilif Peterssen (1814), agrupación que fomentou en gran medida o nacionalismo noruegués.

Trala rotura da Unión de Kalmar, Noruega mantívose unida a Dinamarca. En 1536 Cristián III converteuse en rei de Dinamarca tras unha cruenta guerra civil. En Noruega había certa oposición a que Cristián asumise como rei, principalmente pola súa relixión luterana e a súa inimizade co campesiñado. Este rei introduciu en 1537 a reforma protestante en Dinamarca, e en 1539 en Noruega, tras ser recoñecido como rei polo consello real. Ese mesmo ano o consello foi disolto e o país perdeu a súa independencia política. A nova Igrexa seguía os ensinos de Martín Lutero e tiña como líder ao rei, quen expulsou ás comunidades monásticas católicas e apropiouse de todas as propiedades da Igrexa católica, que en Noruega alcanzaban preto do 40% das terras.

Noruega foi dividida en cinco provincias principais, e cada unha destas foi subdividida en provincias menores. As provincias eran gobernadas por un landsmann, que no seu maior parte eran aristócratas daneses e só en poucos casos nobres noruegueses. Os lendmann tiñan a responsabilidade de cobrar impostos e dereitos de aduana, recrutar soldados en situacións de guerra, designar sacerdotes e servir de xuíces nos tribunais superiores. O control sobre estes gobernadores nunca foi o mellor e sucedían casos de corrupción.

Antes de 1660, o rei de Dinamarca e Noruega gobernaba xunto a un consello de nobres. O poder real estaba limitado e o consello podía elixir ao sucesor á morte do monarca. Despois das guerras sueco-danesas, para asegurar a defensa dos seus territorios, Federico III obtivo créditos da burguesía, despois na asemblea dos estados os burgueses e o clero alegaron que ante a derrota na guerra necesitábase un Estado máis forte e propuxeron que o rei tivese dereitos hereditarios en Dinamarca e que decidise como debían ser gobernados os dous reinos no futuro. O rei tivo a oportunidade de asegurarse o poder absoluto, que foi ratificado por escrito na Lei Real de 1665. En Noruega, a entrada do absolutismo marcou a perda das súas últimas institucións nacionais, e desde entón o país quedou reducido ao papel dunha provincia danesa, aínda que, oficialmente, continuou sendo un reino. A educación superior estaba restrinxida ás elites do país que podían custear estudos en Copenhague.

Máis tarde, nas Guerras Napoleónicas, Dinamarca e Noruega mantivéronse aliadas de Francia. As actividades bélicas en Noruega foron marxinais, e inscribíronse principalmente na serie de escaramuzas que o goberno mantivo fronte ao Reino Unido na chamada Guerra das Cañoneiras. O desenlace do conflito sería, con todo, de gran transcendencia na historia de Noruega. En 1814, a derrota de Napoleón foi tamén a de Dinamarca-Noruega e o rei Federico VI asinou o Tratado de Kiel o 14 de xaneiro dese ano, polo cal Noruega era cedida a Suecia. Islandia, as Illas Feroe e Groenlandia, territorios até entón oficialmente parte de Noruega, non se incluíron no tratado e permaneceron como dominios daneses.

O primeiro movemento nacionalista da era moderna en Noruega comezou na segunda metade do século XVIII cando un grupo de estudantes noruegueses da Universidade de Copenhague aglutináronse na chamada Sociedade Norueguesa, un club literario que propugnaba pola fundación dunha universidade norueguesa. Co tempo, a sociedade incluíu a destacados profesores, escritores, poetas e teólogos que influíron na cultura norueguesa da época, fomentando o nacionalismo e a creación literaria que rescataba as raíces populares. A Sociedade disolveuse en 1811 coa fundación da Real Universidade Fredericiana, actualmente Universidade de Oslo. Con todo, o nacionalismo fortaleceuse durante as Guerras Napoleónicas por influencia da Revolución Francesa e a difusión dos ideais da Ilustración e o Liberalismo.

Independencia[editar | editar a fonte]

A Asemblea Nacional de Eidsvoll de 1814, de Oscar Wergeland.
A fortaleza de Oscarsborg, no Fiorde de Oslo, é atacada pola Luftwaffe o 9 de abril de 1940.

Cando se asinou o Tratado de Kiel de 1814, era vicerrei de Noruega Cristián Federico, príncipe herdeiro de Dinamarca e Noruega e primo do rei Federico VI. Tanto o príncipe como o estátuder achegáronse politicamente á elite norueguesa que desexaba a independencia. En Eidsvoll realizouse unha asemblea constituínte o 16 de maio de 1814, e o 17 de maio asinouse a constitución norueguesa (que se mantén na actualidade) baseada nas ideas da Revolución Francesa, declarouse a independencia e nomeouse a Cristián Federico como monarca. Mais as pretensións de crear un Estado independente tiveron que ser abandonadas polas reivindicacións de Suecia, que non estaba disposta a abandonar o acordado no Tratado de Kiel. O 26 de xullo deu inicio a Guerra Sueco-Noruega, que se centrou nunha campaña sueca ao redor das cidades de Frederikshald e Fredrikstad. O 14 de agosto de 1814 acadouse un acordo na chamada Convención de Moss, que puxo fin á guerra. Polas condicións de paz, Noruega tivo que aceptar unha unión persoal con Suecia (xa non a integración total) e Cristián Federico tivo que abdicar a coroa, mais mantivéronse o parlamento noruegués (Storting) e a Constitución, que tivo que pasar por algunhas emendas que legalizasen a unión con Suecia.

Conto a irritación en Noruega foi medrando durante todo o século XIX, e finalmente a unión persoal con Suecia foi disolta en 1905, cando o goberno noruegués ofertou o trono de Noruega ao Príncipe Carlos de Dinamarca. Despois dun plebiscito aprobando o establecemento da monarquía, o parlamento elixiuno o rei unanimemente. Tomou o nome de Haakon VII, seguindo a liñaxe dos reis da Noruega independente.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a Alemaña Nazi executa a Operación Weserübung, que invade Noruega e Dinamarca simultaneamente o 9 de abril de 1940. Dinamarca réndese, mais a Noruega, que posuía unha das maiores flotas marítimas europeas, ademais da súa localización próxima á costa británica, resiste durante dous meses mentres que as tropas soviéticas entran en territorio noruegués para actuar contra os finlandeses e cidades como Narvik, Oslo ou Stavanger se vían entre o poder británico e nazi. Igualmente tensa era a situación na fronteira con Suecia, que permaneceu neutra a pesar das frecuentes ameazas de invasión. En 1949, Noruega convértese nun dos membros fundadores da OTAN.

Na segunda metade do século XX, co desenvolvemento da industria do petróleo, Noruega emerxeu como un dos países máis desenvolvidos do mundo, fortalecendo súa moeda e desenvolvendo políticas de ben estar social. Foi un dos membros fundadores das Nacións Unidas e rexeitou mediante referendo o seu ingreso na Unión Europea en dúas ocasións (1972 e 1994), mais vencellouse a ela coa entrada no área de economía europea.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Reine, nas illas Lofoten.
Lodalen, na costa occidental de Noruega.

Noruega posúe unha área de 385.199 km², unha parte da cal se distribúe entre as súas máis de 150.000 illas. Na área continental, predomina a paisaxe de montañas, planaltos e fiordes. Noruega posúe unha fronteira territorial de 2.542 km, sendo deles 1.619 km con Suecia ao leste, 727 km con Finlandia ao nordeste e 196 km con Rusia no extremo norte. Ao sur Noruega está separada de Dinamarca polo estreito de Skagerrak. A extensión aproximada do país, de norte a sur, é de 1.700 quilómetros. As illas de Svalbard e Jan Mayen son tamén parte do territorio. A Illa de Bouvet no Atlántico Sur e a Illa de Pedro I no sur do Océano Pacífico considéranse dependencias e non forman parte do reino. Noruega é un dos países que reclama territorio na Antártida, a Terra de Dronning Maud.

O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordes que penetran fondamente no interior e tundra ao norte. A meirande parte de Noruega é montañosa, mais as montañas non constitúen un sistema montañoso senón unha serie de mesetas que teñen unha altura entre 600 a 900 metros. A orixe do macizo montañoso débese ao pregamento caledonio. Así pois, Noruega ten tres factores orográficos de norte a sur: a meseta de Finmark, os montes Kjolen e as mesetas do sudoeste e depresións do sueste de Noruega. O punto máis alto é o Galdhøpiggen con 2.649 m de altitude, sendo ademais o monte mais alto de Escandinavia.

Debido á configuración orográfica de Noruega, os ríos son curtos, pero teñen un gran caudal por mor das grandes superficies xeadas das súas montañas que no verán sofren o desxeo. En Noruega os lagos ocupan un 7600 km², que equivalerían aproximadamente ao 2% da superficie total. En Noruega tamén predominan os fiordes e as simas. Noruega posúe aproximadamente trinta parques nacionais, sendo os máis importantes Blåfjella-Skjækerfjella, Rondane (o primeiro parque nacional de Noruega), Dovrefjell-Sunndalsfjella, Saltfjellet-Svartisen e Hardangervidda.

Clima[editar | editar a fonte]

Tomando en conta que a terceira parte de Noruega atópase en zonas glaciais e que a maior parte está a máis de 300 msnm, compréndese que o clima noruegués é moi frío, pudendo ser o clima oceánico, continental, subártico ou alpino, con veráns suaves e invernos longos e rigorosos, con ventos fortes e alta precipitación de neve. Porén, a diferenza dos outros países escandinavos, unha gran faixa litoral do país, á beira do Mar do Norte e do Mar de Noruega, está quecida pola corrente do Golfo, así pois as correntes atmosféricas que flúen polo sudoeste e sur, protexen o país das correntes frías do Polo norte, facendo que mesmo no mes máis frío, xaneiro, haxa rexións con temperaturas medias superiores a 0 °C, sendo máis común precipitacións en forma de choiva que de neve. A temperatura máis alta rexistrada no país foi 35,6 °C en Nesbyen, mentres a mínima foi -51.4 °C en Karasjok.

En canto as precipitacións as rexións situadas ao oeste dos Alpes escandinavos (Verstlandet e Nordland) son as máis húmidas de Europa, debido á onda orográfica. Brekke recibe abundantes precipitacións anuais con máis de 3575 mm de media. O outono e comezos do inverno son os meses máis húmidos e os meses de abril a xuño os máis secos. Polo xeral o interior dos fiordes é máis seco que a costa. O número de días ao año con ao menos 3 mm de precipitacións é de 77 en Oslo, 96 en Kristiansand, 158 en Bergen, 93 en Trondheim e 109 Tromsø.

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Edificio do parlamento noruegués ou Stortinget, en Oslo.

A Noruega é unha monarquía constitucional cun sistema parlamentario de goberno. As funcións do rei son principalmente cerimoniais, mais posúe unha influencia como o símbolo de unión nacional. Aínda que a constitución de 1814 garante poderes executivos importantes ao rei, estes son en case todo caso executados polo consello de estado no nome do rei (consello do rei). A tradición do goberno monárquico noruegués nas súas diversas formas prolóngase até hai máis de mil anos. Noruega formou parte dunha unión con Dinamarca entre 1381 e 1814 e posteriormente con Suecia entre 1814 e 1905, ano no que se converteu nun estado independente baixo o reinado de Haakon VII de Noruega.

O consello de estado ou gabinete consta do Primeiro Ministro e o seu consello, nomeado polo rei. Desde 1884, o sistema parlamentario asegura que o consello teña aprobación do parlamento, polo que os nomeamentos realizados polo rei son unha simple formalidade. O primeiro ministro, ou Statsminster (literalmente "ministro do país"), é o xefe do goberno, e nomea un despacho executivo de entre os membros do parlamento noruegués, que se chama Storting (literalmente "asemblea grande").

Pazo Real de Noruega, en Oslo.

O Storting está composto por 169 membros, elixidos dende os dezanove condados por un sistema de representación proporcional. Aínda que sexa oficialmente unha lexislatura unicameral, os membros do Storting elixen corenta dos seus membros para formar unha cámara alta, o Lagting, que considera e modifica os proxectos de lei. Os outros membros forman unha cámara baixa, o Odelsting.

O poder xudicial recae nos Tribunais de Xustiza de Noruega, compostos dun Tribunal Supremo con dezanove maxistrados permanentes e o Presidente do Tribunal Supremo, ademais dos tribunais de apelación, os tribunais de cidade e distrito e os consellos de conciliación. Os xuíces adscritos aos tribunais ordinarios son nomeados polo Rei no Consello.

En 2007 Reporteiros sen Fronteiras, no seu Índice Mundial de Liberdade de Prensa, clasificou a Noruega no primeiro lugar desta clasificación de 169 países xunto con Islandia.[1] A pena de morte foi abolida en Noruega en, 1902, e pena de morte por alta traizón e de crimes de guerra foi abolida tamén, máis tarde, en 1979. Noruega ten a taxa máis baixa de homicidios no mundo.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Noruega está dividida en dezanove rexións administrativas de primeiro nivel coñecidas como fylker ("Condados", en singular fylke) e 430 kommuner de segundo nivel ("concellos", singular kommune). O fylke é a administración intermediaria entre o estado e o concello. O Rei está representado en cada condado por un Fylkesmann ("Gobernador").

Os condados de Noruega son:

Flag of Norway.svgNoruega Código ISO Escudo Condado (fylke) Centro administrativo Núcleo máis poboado
Map Norway political-geo.png
Mapa xeopolítico de Noruega, que amosa os 19 fylker, as illas Svalbard e Jan Mayen, parte de Noruega.
01 Østfold våpen.svg Østfold Sarpsborg Fredrikstad
02 Akershus våpen.svg Akershus Oslo Bærum
03 Oslo komm.svg Oslo City of Oslo Oslo
04 Hedmark våpen.svg Hedmark Hamar Ringsaker
05 Oppland våpen.svg Oppland Lillehammer Gjøvik
06 Buskerud våpen.svg Buskerud Drammen Drammen
07 Vestfold våpen.svg Vestfold Tønsberg Sandefjord
08 Telemark våpen.svg Telemark Skien Skien
09 Aust-Agder vapen.svg Aust-Agder Arendal Arendal
10 Vest-Agder våpen.svg Vest-Agder Kristiansand Kristiansand
11 Rogaland våpen.svg Rogaland Stavanger Stavanger
12 Hordaland vapen.svg Hordaland Bergen Bergen
13 Sen uso.[2]
14 Sogn og Fjordane våpen.svg Sogn og Fjordane Leikanger Førde
15 Møre og Romsdal våpen.svg Møre og Romsdal Molde Ålesund
16 Sør-Trøndelag våpen.svg Sør-Trøndelag Trondheim Trondheim
17 Nord-Trøndelag våpen.svg Nord-Trøndelag Steinkjer Stjørdal
18 Nordland våpen.svg Nordland Bodø Bodø
19 Troms våpen.svg Troms Tromsø Tromsø
20 Finnmark våpen.svg Finnmark Vadsø Alta

En Noruega hai 96 asentamentos con status de cidade. Na meirande parte dos casos os límites das cidades son lindeiros aos dos seus concellos. Often, Norwegian city municipalities include large non-built up areas; for example, Oslo municipality contains large forests, located north and south-east of the city, and over half of Bergen municipality consists of mountaineous areas. The ten largest municipalities with city status in Norway are (as of 1 July 2009):

A miúdo, os concellos inclúen grandes extensión de terreos non urbanizados, por exemplo o concello de Oslo inclúe grandes fragas situadas ao norte e sueste da cidade, e mais da metade do concello de Bergen posúe en áreas montañosas. Os dez concellos máis grandes co status de cidade en Noruega son (a 1 de xullo de 2009):[3]

Listaxe Municipio Condado Pob. Listaxe Municipio Condado Pob.
Oslo port.jpg
Oslo
Bergen-View.jpg
Bergen
Vaagen.jpg
Stavanger
1 Oslo Akershus 830 380 11 Ålesund Møre og Romsdal 44 417
2 Bergen Hordaland 215 761 12 Haugesund Rogaland 40 569
3 Stavanger Rogaland 176 802 13 Sandefjord Vestfold 40 216
4 Trondheim Sør-Trøndelag 149 762 14 Bodø Nordland 35 070
5 Fredrikstad-Sarpsborg Østfold 98 117 15 Moss Østfold 34 845
6 Drammen Buskerud 92 165 16 Arendal Aust-Agder 31 082
7 Porsgrunn-Skien Telemark 85 678 17 Hamar Hedmark 29 228
8 Kristiansand Vest-Agder 64 692 18 Larvik Vestfold 23 314
9 Tromsø Troms 53 227 19 Halden Østfold 22 104
10 Tønsberg Vestfold 45 468 20 Harstad Troms 19 394
Censo 2005
Lista dos dez concellos máis habitados de Noruega
Concello Poboación Área (km²) Densidade (/km²)
SkansenSeptember2007 2.jpg
Bergen.
Oslo 580.229 453 1.280
Bergen 253.600 465 545
Trondheim 169.343 341 496
Stavanger 122.602 71 1726
Bærum 110.381 191 577
Kristiansand 80.748 276 292
Fredrikstad 73.175 290 252
Tromsø 66.901 2.557 26
Sandnes 64.034 302 212
Drammen 61.958 137 452

Sandvika, no Concello de Bærum (cunha poboación de 110.381 habitantes en 2008), declarouse a si mesma unha cidade en 2003 (permitido dende 1996), mais os "límites urbanos" de Sandvika non se consideran habitualmente que coincidan cos limites do concello. Sandvika, e meirande parte de Bærum, en xeral está incluída na área urbana de Oslo, tal como o define Statistisk sentralbyrå (Estatísticas de Noruega), e a súa poboación non é posible de estimar.

Noruega tamén posúe dous territorios integrais de ultramar, Jan Mayen e Svalbard, ademais de tres dependencias antárticas e subantárticas: Illa de Bouvet, Illa de Pedro I e a Terra da Raíña Maud.

Economía[editar | editar a fonte]

Stavanger, "capital" petrolífera do país.
O bacallau ten sido exportando dende Lofoten dende fai máis de 1000 anos.
Artigo principal: Economía de Noruega.

A economía norueguesa é próspera, co capitalismo de benestar caracterizado por unha combinación da actividade do mercado libre coa intervención do goberno. As áreas chave están baixo o control do goberno, tales como o sector vital do petróleo, ou as empresas de estado en gran destaque. O país está dotado de ricos recursos naturais, petróleo, enerxía hidroeléctrica, peixes e minerais, sendo altamente dependente da súa produción e dos prezos internacionais do petróleo. En 1999, o petróleo e o gas sumaron o 35% das exportacións, sendo soamente Arabia Saudita e Rusia os únicos países que exportaron máis petróleo cá Noruega.

Noruega optou por permanecer fóra da Unión Europea, a través dun referendo en 1972, e outra vez en novembro de 1994. Con todo tanto Noruega como Suíza, Islandia e mais Liechtenstein asinaron un acordo económico coa organización, participando no mercado único da UE a través do acordo da Área Económica Europea. Estes países forman a Asociación Europea de Libre Comercio. As principais razóns polas que a poboación norueguesa rexeita entrar na UE son o gran nivel de vida do que gozan, debido aos grandes ingresos por produción do petróleo, propiciaríalle ter un papel de doazón de recursos económicos aos países máis febles, ademais moi probablemente a UE faría reconsiderar ao país a súa política de caza masiva de baleas, algo que non está ben visto pola organización.

O crecemento económico en mellorou en 2000 até o 2,7%, comparado co moito máis pobre 0,8% de 1999, mais volveu caer até o 1,3% en 2001. O goberno avanzou con privatizacións en 2000, vendendo un terzo da compañía de petróleo Statoil, que tiña un capital 100% estatal. Aínda que posiblemente coa calidade de vida máis elevada do mundo, os noruegueses preocúpanse bastante polas vindeiras dúas décadas, xa que o petróleo e o gas comezará escasear. Consecuentemente, Noruega ten acumulado os seus excedentes orzamentarios, derivados do petróleo, nun fondo gobernamental que investiu no exterior e que en 2003 foi avaliado en 114.000 millóns de dólares estadounidenses. A administración deste fondo petrolífero é un tema de discusións acendidas na actual sociedade norueguesa. Ademais do petróleo Noruega é o segundo maior exportador do mundo de peixe (despois de China, o terceiro se contamos o global da Unión Europea).[4] No tocante ás enerxías, a produción hidroeléctrica xera ao redor do 98 ou 99% de toda a potencia eléctrica do país.[5]

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Noruega.

A mediados do ano 2009 Noruega tiña unha poboación de 4 848 474 habitantes,[6] sendo a taxa de crecemento poboacional do 0,7% (dato de 2005), o que equivale a dicir que a Noruega, como case todos os países europeos, ten unha poboación envellecida. A esperanza de vida media e de 79,6 anos, 82 anos para as mulleres e 77 anos para os homes, unha das máis elevadas do mundo e a media de fillos por muller era de tan só 1,78.

A poboación concéntrase principalmente nas cidades de Oslo, Bergen, Trondheim, Stavanger, Bærum, Tromsø, Kristiansand e Drammen. Os inmigrantes representan aproximadamente 8,3% da poboación do país, entre as comunidades máis importantes pódese destacar:[7]:

Poboación inmigrante (2007)
Países nórdicos 53.551 13,85%
Europa occidental 38.635 9,99%
Europa oriental 68.210 17,64%
África 47.532 12,29%
Asia 155.264 40,15%
América do Norte 8.117 2,10%
América do Sur 14.293 3,70%
Oceanía 1.097 0,28%
TOTAL 386.699 8,3%[8]

Relixión[editar | editar a fonte]

Bryggen en Bergen.

Dende a Reforma Luterana en 1536, o cristianismo ten sido a relixión dominante na Noruega. Hoxe, Noruega é unha sociedade laica, onde unha certa maioría considérase como non relixiosa. O protestantismo, no entanto, ten tido unha forte influencia sobre a cultura e a sociedade norueguesa e moitos dos seus valores e tradicións vivas, mesmo entre os non relixiosos.

Así pois o 85,7% da poboación considéranse membros da Igrexa Evanxélica Luterana. Outras relixións cristiás supoñen preto do 4,5% (incluíndo a igrexa Católica, igrexas pentecostais (46 944 membros), Metodista e outras). Entre as relixións non cristiás, o Islam é a máis forte, con preto do 2% da poboación, sobre todo debido á inmigración nos últimos anos, ademais a unión ética humana secular supón o 1,5% da poboación. A porcentaxe restante non pertence a ningunha agrupación.

Cómpre destacar finalmente que partes da minoría saami mantiñan a súa relixión xamánica até ben entrado o século XVIII, cando foron convertidos ao cristianismo polos misioneiro dano-noruegueses.

Cultura[editar | editar a fonte]

Noruegueses desfilando coas vestimentas tradicionais fronte ao Pazo Real de Oslo un 17 de maio.

Entre os noruegueses máis famosos pódese incluír ao o dramaturgo Henrik Ibsen, os exploradores Roald Amundsen, Fridtjof Nansen e Thor Heyerdahl, o pintor Edvard Munch, as bandas de música Atrox, Dimmu Borgir ou Troll e os escritores Peter Christen Asbjørnsen, Jo Nesbø, Jostein Gaarder ou Gunnar Staalesen entre os que se atopan os romancistas Bjørnstjerne Bjørnson, Knut Hamsun e Sigrid Undset, vencedores do Premio Nobel de Literatura en 1903,1920 e 1928, respectivamente.

Os noruegueses celebran o seu dia nacional a 17 de maio, chamado Día da Constitución. Nese día, moitas persoas vístense co bunad (vestimenta tradicional) e a maioría asiste ou participa nas marchas que se realizan por todo o país. A Mitoloxía nórdica é tamén parte importante da cultura do país, tendo influenciado diversos escritores de varias partes do mundo, como J.R.R. Tolkien, Neil Gaiman, Douglas Adams e Diana Wynne Jones. Os trolls forman parte das cancións e contos populares.

Como un país de pescadores, Noruega é famosa pola diversidade e simplicidade da súa gastronomía, moitas veces asociada ao bacallau. As patacas e diversos tipos de peixes, pans, bagas, cereais e queixos son consumidos no país, sendo algúns pratos e comidas típicas o fårikål, o lutefisk, o gravlaks, o kransekake, o brunost ou o lompe.

Turismo[editar | editar a fonte]

De Oslo, a capital, destaca o Palacio Real, o parque de Vigeland, a Casa do Concello, o museo de naves viquingas, os mercados das zonas do porto así como as pinturas de Edvard Munch, e os próximos trampolíns de esquí de Holmenkollen, onde se celebraron os Xogos Olímpicos de Inverno de 1952.

O Bryggen, na cidade de Bergen foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Outra cidade de importancia turística é Trondheim, onde os monumentos máis visitados polos turistas son a Catedral de Nidaros e as cases á beira do río Nidelva.

Con todo, o máis recoñecido polos turistas que visitan o país son os fiordes, formacións naturais formadas polos glaciares durante as últimas glaciacións. Son especialmente coñecidos os fiordes de Flam, Alesund, Stavanger, Hellesylt, Geiranger, Vik, Trondheim, Andalsnes, Moldee e Oslo. Os fiordes adoitan poder ser percorridos en cruceiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Noruega