Europa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Europa (homónimos).
Mapa físico-político

Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o Océano Glacial Ártico polo norte ata o Mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o Océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o Mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europoes. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mudiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Índice

[editar] Xeografía

Imaxe de satélite da NASA do continente europeo

Europa é o segundo continente máis pequeno da Terra tras Oceanía, ten unha extensión de 10.530.751 km², representando o 7% das terras emerxidas. Pódese definir a Europa como unha macro unidade xeográfica, como pode ser América do Norte e América do Sur. De feito, sóese chamarlle tamén un subcontinente da Eurasia.

[editar] Etnografía

A poboación europea é maioritariamente de tipoloxía racial branca ou caucásica, dividida en dous grandes grupos subétnicos: os nórdicos, que acostuman ter unha pigmentación de pel branca clara e rosada, cabelo loiro, ollos entre azuis, verdes e castaños claros, e os mediterráneos que poden ter a pel branca clara ata a pel morena escura, a maioría con cabelo castaño escuro ou negro, cos ollos que varían moito pero na maior parte son de cor castaña escura ou pardenta. Ámbolos dous grupos posúen individuos de cabelo ondulado.

[editar] Linguas

Distribución aproximada das linguas actualmente faladas en Europa.

Existen moitas linguas no continente europeo como consecuencia da diversificación das súas raíces ancestrais en diferentes dialectos. Así,

Outras:

[editar] Relixión

As relixións maioritarias de Europa son as cristianas. Nos países mediterráneos profésase a relixión católica, que tamén é practicada nalgúns países do norte e balcánicos, o protestantismo no norte e centro de Europa, e ortodoxa, comandada polas diversas igrexas gregas ou ortodoxas nos Balcáns e Rusia.

Existe tamén unha minoría de persoas que profesan o xudaísmo e o islamismo (con forte crecemento debido á inmigración), e outras relixións minoritarias. Unha boa parte recoñece non profesar ningunha ou non practicar.

[editar] Demografía

Artigo principal: Demografía de Europa.

En 2005 estimábase a poboación de Europa en 728 millóns de persoas segundo a ONU, o que representa a novena parte da poboación mundial. Hai un século Europa contaba co 25% da poboación mundial. Despois dunha fase de medre cero, desde o 2000 a poboación europea comezou un novo declino demográfico a causa da diminución da natalidade, só en parte compensado pola inmigración. E segundo as estimacións da ONU para o ano 2050 en Europa vivirá o 7% da poboación mundial, uns 653 millóns de persoas.

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Europa.

Todos os seres humanos proceden de África e de alí foron chegando a Europa varias especies, comezado polo Homo Erectus. O Home do Neanderthal foi a única especie humana autóctona de Europa. De todas elas só sobreviviu ata a actualidade, como no resto do planeta, o Homo sapiens sapiens.

[editar] División política

Dende comezos da década de 1990, Europa viu cambiar a súa división política de xeito considerabel coma consecuencia da caída da URSS e o desmembramento de Iugoslavia e Checoslovaquia (Revolución de Veludo, 1993).

Países que constitúen Europa na actualidade:

Países con parte do seu territorio en Europa:

Por outra banda, a liña divisoria entre Europa e Asia é obxecto de discusión e, por convención, establécese nos Montes Urais e mailo río Ural, así como tamén o Caúcaso. Hai quen considera, polo tanto, que Casaquistán (Kazakhistán) -no límite dos Montes Urais- e Xeorxia, Armenia e Acerbaixán -no límite do Caúcaso - forman parte de Europa (mesmo nas distintas wikipedias non hai acordo sobre a lista de países que forman parte de Europa).

Algúns datos para aclarar esta afirmación:

[editar] Economía

Artigo principal: Economía da Unión Europea.

[editar] Mapas

[editar] Notas

  1. en conflito actualmente polo non recoñecemento do nome de 'República de Macedonia' ó ter Grecia unha rexión co nome de 'Macedonia'

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Outros artigos

LocationAfrica.png
África
LocationAntarctica.png
Antártida
LocationAsia.png
Asia
LocationAmericas.png
América
LocationEurope.png
Europa
LocationOceania.png
Oceanía

Supercontinentes xeolóxicos

Gondwana  Laurasia  Panxea  Pannotia  Rodinia  Columbia  Kenorland  Ur  Vaalbara

Continentes míticos ou teóricos

Atlántida  Lemuria  Mu  Terra Australis

Ferramentas persoais
Outras linguas