Acerbaixán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azərbaycan Respublikası

República de Acerbaixán
Bandeira de Acerbaixán Emblema de Acerbaixán
Bandeira Emblema
Himno nacional: Azərbaycan marşı
 
Azerbaijan (orthographic projection).png
 
Capital
 • Poboación
Bakú
2 100 000 (2003)
Cidade máis poboada Bakú
Linguas oficiais
Azerí
Forma de goberno República presidencialista
Ilham Aliyev
Artur Rasizade
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
Da Unión Soviética
19 de novembro de 1990
30 de agosto de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 111º
86 600 km²
Desprezable
2 013 km km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 89º
9 411 800[1] (2013 est.)
106 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 88º
USD 94 318 millóns[2]
USD 10 340[2]
IDH n/d
Moeda Manat acerbaixano (AZM)
Xentilicio acerbaixano/acerbaixana [3]
Fuso horario
 • en verán
(UTC+4)
(UTC+5)
Dominio de Internet .az
Prefixo telefónico +994
Prefixo radiofónico 4JA-4KZ
Código ISO 031 / AZE / AZ
Membro de: ONU, OSCE, COE, CEI, OIC
Tódolos países do mundo

Acerbaixán[4][5][6] (en azerí: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en azerí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio, que limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Cultural, histórica e politicamente,[7] Acerbaixán considérase oficiosamente como parte de Europa. Non obstante, a súa localización no Cáucaso meridional sitúaa nunha suposta fronteira imaxinaria entre Europa e Asia, tratándose realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Acerbaixán é actualmente membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Acerbaixán.

Pertencente a Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII, estando dividido o territorio ata entón en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhchivan.

A administración rusa comezou a fins do século XIX a explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.

Acadou definitivamente a independencia no 1991.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Acerbaixán.

Acerbaixán é unha República presidencialista. O Presidente de Acerbaixán elíxese por un período de 5 anos. O poder lexislativo está en mans da Asemblea Nacional, un organismo elixido democraticamente e que consta de 50 membros.

A maioría de idade está establecida nos 18 anos.

Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todos os niveis.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

División de Acerbaixán.
Artigo principal: Subdivisións de Acerbaixán.

Azerbaiyán está dividido en:

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Acerbaixán.

A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu ao derrubamento da Unión Soviética.

A economía está baseada na industria, incluíndo construción de maquinaria, refinado de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), industria téxtil e química.

A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, , tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería: vacas, ovellas e cabras. No mar Caspio practícase a pesca, entre a que hai que citar a do esturión.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica de Acerbaixán entre 1960 e 2010 (en miles).
Artigo principal: Demografía de Acerbaixán.

A súa poboación estimábase en 9 411 800 habitantes o 10 de xullo de 2013.[1]

Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azerí (de relixión musulmá e predominantemente de seita xiíta, e lingua pertencente á rama túrquica da familia altaica). Este pobo está presente en Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.

Etnias minoritarias inclúen os lezguinos o 1,35%, os rusos (a maioría dos rusos emigraron dende que Acerbaixán declarou a súa independencia) o 1,35% e os armenios o 1,35% (Case todos os armenios viven na rexión separatista de Nagorno-Karabakh). Hai tamén varios grupos étnicos máis pequenos no país, incluíndo os ávaros, tats, xudeus, tártaros, turcos, talish e ucraínos.[8]

Segundo datos de 2009, a esperanza de vida ao nacer en Acerbaixán é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.[8]

Imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Acerbaixán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 The International Population Day, The demographic situation in Azerbaijan, The State Statistical Committee of the Republic of Azerbaijan, 10 July 2013
  2. 2,0 2,1 «Azerbaijan:Report for Selected Countries and Subjects». International Monetary Fund. Consultado o 12 de abril de 2011. 
  3. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  5. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  6. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. 
  7. Rosenberg, Matt. The New York Times Company, ed. «Where is the border between Europe and Asia?» (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012. 
  8. 8,0 8,1 Population of Azerbaijan - Demographic indicators, The State Statistical Committee of the Republic of Azerbaijan