Estanislao Figueras
| Estanislao Figueras | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | Manuel Ruíz Zorrilla | ||
| Sucesor: | Francisco Pi i Margall | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 13 de novembro de 1819 | ||
| Lugar: | |||
| Falecemento: | 11 de novembro de 1882 | ||
| Lugar: | |||
| Organización: | Partido Progresista, Partido Demócrata, Partido Republicano Federal, Partido Federal Orgánico | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | {{{cargos}}} | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e avogado | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Estanislao Figueras y Moragas (Barcelona, 1819 - Madrid, 1882), político español e presidente da I República Española dende febreiro de 1873 até xuño do mesmo ano.
Licenciado en dereito, en 1884 trasládase a Tarragona para comezar a exercer de avogado. En Tarragona ingresa no Partido Progresista e participa nas revoltas liberais de 1848. Nese mesmo ano pasa a Madrid onde se pon en contacto cos políticos republicanos.
Máis tarde uniríase ao Partido Demócrata de España, debido a unha separación do Partido Progresista. En 1851 consegue un escano no congreso pola provincia de Tarragona, cidade á cal se trasladaría para formar parte da Xunta Revolucionaria, a cal presidiu durante o Bienio Progresista (1854 - 1856). No ano 1855 foi elixido deputado a Cortes, onde liderou unha monoría republicana, e votou a favor dun réxime republicano, opción que non contou co apoio do resto da Cámara. Ao ano seguinte, durante o cal tiña que xurdir a nova Constitución Española, apoiou a descentralización do Estado, postura que o enfrontou co sector máis conservador.
En 1867 foi levado ao cárcere, o cal motivou a súa fuxida a Portugal, país no que se refuxiaría até o triunfo da Revolución de setembro de 1868, que deu inicio ao Sexenio Democrático. Ao seu regreso afiliouse ao Partido Federal, liderado por Francisco Pi i Margall e fundou o xornal La Igualdad.
En febreiro de 1873 foi elixido Presidente da Primeira República española, cargo que ocupou até xuño do mesmo ano, mes no que a crise económica do país, e a crise interna no seu partido, propiciaron a substitución por Pi i Margall e a fuxida a Francia, de onde regresou para intentar, sen éxito, a reconstrución do seu partido.
Véxase tamén[editar]
| Predecesor: Manuel Ruíz Zorrilla Presidente do Consello de Ministros Amadeo I Rei de España |
Primeira República española Presidente do Goberno de España 1936-1936 |
Sucesor: Francisco Pi i Margall |
Presidentes do Goberno da Primeira República Española |
|
|---|---|
| Estanislao Figueras | Francesc Pi i Margall | Nicolás Salmerón Alonso | Emilio Castelar | |