Templo expiatorio da Sagrada Familia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°24′13.8″N 2°10′28″E / 41.403833°N 2.17444°E / 41.403833; 2.17444

A Sagrada Familia de Barcelona

O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán: Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como Sagrada Familia, é unha basílica[1] católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos do ano 2011, é o monumento máis visitado de España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do Museo do Prado (2,9 millóns) e da Alhambra de Granada (2,3).[2]

Historia e características[editar | editar a fonte]

No ano 1882 Josep M. Bocabella adquirira uns terreos para a construción dun templo dedicado á Sagrada Familia. Os desacordos co primeiro arquitecto fixeron que Gaudí pasase a ocuparse das obras, cun novo proxecto moito máis ambicioso. A obra atópase agora aínda no proceso de construción. A data prevista para o remate das obras seguindo o ritmo de hoxe é de 2065.

Nos derradeiros anos da súa vida, Gaudí, na súa meirande parte, traballaba e vivía pola Sagrada Familia, deixando moitos planos, proxectos e esbozos na hora da súa morte.

As obras que actualmente faltan por rematar respectan o proxecto orixinal de Gaudí no seu conxunto, mais non nos seus pormenores, os cales se adaptan á estética moderna e ó estilo dos artistas que os levan a termo.

A obra que realizou Gaudí, é dicir, a fachada do Nacemento e a cripta, foi incluída en 2005 pola UNESCO no Sitio do Patrimonio da Humanidade «Obras de Antoni Gaudí». O Templo foi consagrado e declarado Basílica menor o 7 de novembro de 2010 polo papa Benedito XVI.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Sagrada Familia é unha basílica, mais non é unha catedral; a Catedral de Barcelona é a Catedral de Santa Uxía, un edificio gótico da Idade Media.
  2. Ramon Comorera (15-06-2012). "Sagrada Família de récord". El Periódico. http://www.elperiodico.com/es/noticias/barcelona/sagrada-familia-record-1925524. Consultado o 17-07-2012. 
  3. O Papa convertirá a Sagrada Familia en Basílica.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: A Sagrada Familia