20 minutos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diario 20 minutos
Imaxe
20 minutos.png
Cor Branco e negro e cor
Fundación 2000
Xénero Información xeral
País España
Cidades Vigo, A Coruña, Sevilla, Zaragoza, Valencia, Alacant, Málaga, Granada, Murcia, Córdoba, Bilbao e Valladolid
Ámbito España
Idioma Español
Periodicidade Diaria (de luns a venres)
Publicación Matutina
Tirada 914.929 exemplares (abril-xuño 2005)
Prezo unitario Gratuíto
Empresa editora Multiprensa y M@s
Fundador José Antonio Martínez Soler
Director xeral José Antonio Martínez Soler
Director editorial Arsenio Escolar
Director comercial Luis Alberto Rivero

20 minutos é un xornal de información xeral e distribución gratuíta con edicións locais en 14 cidades españolas, que se publica de luns a venres. É o xornal máis lido en España, con 2.448.000 de lectores segundo os datos da segunda onda de 2006 do EXM[1].

Publícase baixo unha licenza de Creative Commons que permite a calquera libremente copiar, distribuír, amosar, facer traballos derivativos e facer uso comercial dos seus contidos, con algunhas condicións. Adicionalmente, o xornal pode ser descargado do seu sitio web.

As cidades galegas nas que se reparte 20 minutos son Vigo e A Coruña. As restantes de España nas que se distribúe son Sevilla, Zaragoza, Valencia, Alacant, Málaga, Granada, Murcia, Córdoba, Bilbao e Valladolid.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 20 minutos