Semana Santa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe da morte de Xesucristo.
A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.
Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:
- Venres de Dores
- Sábado de Paixón
- Domingo de Ramos, conmemora a entrada de Xesús en Xerusalén.
- Luns Santo
- Martes Santo
- Mércores Santo
- Xoves Santo, celébrase a Última Cea.
- Venres Santo, recorda a crucifixión.
- Sábado Santo
- Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.
- Luns de Pascua
- Martes de Pascua
- Mércores de Pascua
A Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario luar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.
En Galicia destaca a celebración da Semana Santa en Viveiro.