Liga de Campións da UEFA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UEFA Champions League
Fundación 1955
(1992 co formato actual)
Rexión Europa (UEFA)
Equipos 32 (fase de grupos)
76 ou 77 (total)
Actual campión Inglaterra Chelsea
(1º título)
Máis laureado España Real Madrid
(9 títulos)
Emisión en TV TVG (en galego)
Himno Champions League
Sitio web www.uefa.com
2011-12

A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League) é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992 como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse como a mesma competición. É un dos trofeos de clubs máis prestixiosos do mundo.

O campionato nun principio consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países, con todo foi durante a década de 1990 cando o torneo comezou a ser ampliado, incorporando unha fase de grupos con máis equipos. As ligas máis fortes de Europa ofrecen hoxe até un máximo de catro equipos cada unha. A Liga de Campións non debe confundirse coa Europa League da UEFA, antes coñecida como Copa da UEFA. O torneo consta de varias etapas. O formato actual comeza a mediados de xullo con tres rondas eliminatorias de clasificación e unha ronda de play-off así, os dez equipos sobreviventes únense aos 22 cabezas de serie na fase de grupos, na que hai oito grupos formados por catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina co partido final en maio.

O título ten sido gañado por 21 clubs diferentes, dos cales doce gañaron o título en máis dunha ocasión. Dende que comezou a competición en 1955 o equipo con máis títulos gañados é o Real Madrid de España, que gañou seis no antigo formato e tres no novo, sendo o actual campión o italiano Inter de Milán. Dende que o torneo trocou de nome e formato en 1992, ningún club conseguiu levarse o trofeo de forma consecutiva. O gañador da Liga de Campións da UEFA clasifícase para xogar a Copa Mundial de Clubs da FIFA (que substitúe á Copa Intercontinental dende 2005), así como a Supercopa de Europa.

Índice

Formato [editar]

Nun principio participaban unicamente 8 equipos en eliminación directa, ata a campaña 1992-93, en que se fixo a máis importante reestruturación na competición reemplazando as fases eliminatorias por un fase de grupos.

  • Na tempada 1992-93: Participaron 8 equipos que se organizaron en 2 grupos, onde se clasificaba o mellor de cada grupo para disputar a final.
  • Na tempada 1993-94: Introduciuse a semifinal, clasificando dúas de cada grupo.
  • Na tempada 1995-96: Ampliouse o coubo a 16 equipos, que se organizaron en 4 grupos e introducíronse os cuartos de final .
  • Na tempada 1997-98: Ampliouse de novo o coubo a 24 equipos, que se organizaron en 6 grupos.
  • Na tempada 1999-00: Ampliouse por última vez o coubo aos 32 equipos actuais, que se organizaron en 8 grupos, e agregouse unha segunda rolda de grupos.
  • Na tempada 2003-04: Suprimiuse a segunda fase de grupos e se reemplazó pola de oitavos.
  • Na tempada 2009-10: Ampliouse o número de equipos (22) que clasificaban directamente á fase de grupos. Distinguiuse aos equipos campións de ligas menos potentes dos non campións das máis potentes, non permitindo cruces dos primeiros cos últimos en roldas previas.

Clasificación [editar]

O número de equipos participantes de cada país depende do Coeficiente UEFA, que varía en función das clasificacións do ano anterior. A táboa seguinte reflexa o número de equipos que poden clasificarse na tempada 2012-13.

Membros da UEFA con equipos que acadaron a fase de grupos da Liga de Campións
Países Equipos participantes
Fase de grupos Roldas previas
Flag of England.svg Inglaterra 3 1
Flag of Spain.svg España 3 1
Flag of Germany.svg Alemaña 3 1
Flag of Italy.svg Italia 2 1
Flag of France.svg Francia 2 1
Flag of Portugal.svg Portugal 2 1
Flag of Russia.svg Rusia 1 1
Flag of Ukraine.svg Ucraína 1 1
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 1 1
Flag of Turkey.svg Turquía 1 1
Flag of Greece.svg Grecia 1 1
Flag of Denmark.svg Dinamarca 1 1
Resto de países 0 1


Historia [editar]

Balón dunha competición europea

1955-1959 [editar]

En Abril de 1955 a UEFA aproba unha competición entre clubs europeos, a Copa de Campións de Europa, máis coñecida como a Copa de Europa. Hai que dicir que a primeira Copa de Europa foi impulsada polo xornal deportivo francés L'Equipe, Gabriel Hanot que era o seu editor na época, xunto co seu colega Jacques Ferran.

Na tempada seguinte (1955-56) empeza o primeiro campionato. O primeiro vencedor foi o Real Madrid, equipo que se alzaría co trofeo cinco anos consecutivos.

A época de vitorias do Real Madrid empezou na primeira tempada, derrotando ao equipo francés Stade de Reims por catro goles a tres. O partido disputouse no Parc des Princes de París.

A hexemonía do Real Madrid continuou catro tempadas máis, gañando finais contra o ACF Fiorentina, AC Milan, Stade de Reims e Eintracht Frankfurt. No Real Madrid xogaban por aquel entón xogadores importantes como Di Stéfano, Puskás, Gento, Santamaría, etc.

1960-1969 [editar]

Na tempada 1960-61 hai un novo campión, o SL Benfica. Ese ano o Real Madrid non puido pasar de primeira rolda, xa que foi derrotado polo FC Barcelona, nun partido no que ao conxunto merengue se lle anularon 4 tantos. Posteriormente, o FC Barcelona chegou á final. O equipo portugués do Benfica volveu gañar o título ao ano seguinte derrotando ao Real Madrid na final.

O SL Benfica volveu chegar á final por terceira vez, pero caeu derrotado ante o AC Milan. Os dous anos seguintes estiveron dominados por outro equipo italiano, o Inter de Milan que derrotou na final ao Real Madrid e ao SL Benfica.

En 1966 o Real Madrid volve conseguir un título, o sexto, derrotando na final ao Partizan de Belgrado por dous a un. Nese equipo continuaba o veterano Francisco Gento, que se converteu no xogador que máis veces gañou unha Copa de Europa.

En 1967 proclámase vencedor o Celtic de Glasgow, un equipo que por aquel entón non tiña ningún estranxeiro e estaba formado só por xogadores escoceses. Converteuse no primeiro equipo do Reino Unido en gañar este título. Ao ano seguinte gana un equipo inglés, o Manchester United FC, gañando na final ao SL Benfica.

En 1969 gaña un equipo italiano, o AC Milan que derrotou na final a un equipo dos Países Baixos, o Ajax Amsterdam.

1970-1979 [editar]

Os Países Baixos dominaron a competición nos seguintes catro anos conseguindo un título o Feyenoord e tres o Ajax Amsterdam, en cuxas filas estaba un dos mellores xogadores holandeses da historia, Johan Cruyff, a última, en 1973, fronte á Juventus FC de Italia.

Durante as tres tempadas seguintes un equipo alemán, o Bayern München, dominou a competición. Nese equipo militaban xogadores como Franz Beckenbauer, Gerd Müller ou Paul Breitner. Empezou gañando a final de 1974 ao Atlético de Madrid, única final disputada polo equipo español, que a perdeu nos últimos segundos. Desfíxose tamén do Leeds United e do Saint-Étienne nas finais dos dous anos seguintes.

Desde 1977 ata 1982 a Copa de Europa foi conquistada por clubs ingleses. En total foron seis trofeos os que acabaron en mans inglesas nese período. Tres gañounos o Liverpool FC, dous o Nottingham Forest e un o Aston Villa.

1980-1989 [editar]

Na tempada 1982-83 o partido Hamburgo SV 1 - 0 Juventus foi unha final na que non participou ningún equipo inglés, rompéndose así a racha de vitorias inglesas, aínda que na tempada seguinte o Liverpool FC volveu gañar o trofeo.

O 29 de maio de 1985 disputouse a final ente a Juventus FC, quen viña de gañar a Copa UEFA de 1977, o Mundial Interclubs de 1983, a Recopa e Supercopa Europea 1984 (esta última fronte ao mesmo Liverpool) e o Liverpool FC. O equipo inglés chegaba á final un ano despois, aínda que ao final impúxose o equipo italiano cun gol de Michel Platini. Ese día, antes do partido, produciuse unha traxedia, unha avalancha de hooligans ingleses provocou o derrube dunha das paredes do Estadio de Heysel, en Bruxelas . O incidente causou 39 vítimas mortais, 34 das cales eran seguidores italianos da Juventus. A Traxedia de Heysel, como se coñece a ese desafortunado suceso, supuxo o desterro dos clubs ingleses das competicións europeas durante cinco anos, e ao Liverpool FC durante 10 anos, aínda que ao final só estivo seis anos sen poder participar en Europa.

Na tempada 1985-86 enfrontáronse na final o Steaua de Bucarest, equipo que chegaba por primeira vez a unha final, e o FC Barcelona, club que nunca gañara a Copa de Europa. O título caeu en mans do equipo romeanés na tanda de Penaltis.

Os dous seguintes campións foron o FC Porto e o PSV Eindhoven.

1990-1999 [editar]

En 1989 e 1990 o AC Milan gaña dous títulos e ao ano seguinte proclámase campión o Estrela Vermella de Belgrado, gañando a súa primeira Copa de Europa. Ese equipo derrotou na final ao Olympique de Marsella na tanda de Penaltis.

En 1992 o FC Barcelona gaña o trofeo ao impoñerse ao Sampdoria por un gol a cero no Estadio de Wembley. O gol marcado por Ronald Koeman na prórroga deu ao seu equipo a primeira Copa de Europa da súa historia.

Na tempada 1992-93 cámbiase o nome do torneo, pasándose a chamar Liga de Campións. Ese ano o Olympique de Marsella proclamouse campión fronte ao AC Milan, pero ao ano seguinte non se lle permitiu disputar o torneo por culpa de irregularidades financeiras cometidas polo seu presidente Bernard Tapie.

En 1994 enfrontáronse na final o FC Barcelona (campión de 1992) e o AC Milan (subcampión do ano anterior) no Estadio Olímpico de Atenas. O equipo italiano impúxose ao Barcelona por catro goles a cero. Ao ano seguinte o AC Milan xogou a súa terceira final consecutiva, pero non puido superar ao Ajax na final.

O Ajax chegou outra vez á final na tempada seguinte, pero caeu derrotado ante a Juventus FC na tanda de Penaltis.

Na tempada 1996-97 entra en vigor a Lei Bosman que permite aos xogadores comunitarios xogar sen ser contados como estranxeiros. Ese ano adxudícase o torneo o Borussia Dortmund, que consegue a primeira Liga de Campións da súa historia, fronte á "Vecchia Signora".

Na tempada 1997-98 apróbase o novo formato de competición, o que aumenta o número de equipos que participan no campionato. Ese ano proclámase campión o Real Madrid, logo de 32 anos sen gañar o trofeo. O equipo branco gañou á Juventus, que chegaba á súa terceira final consecutiva, por un gol a cero marcado por Predrag Mijatovic.

En 1999 o Manchester United FC fíxose co título, converténdose no primeiro club inglés en gañalo logo da Traxedia de Heysel. A final, xogada no estadio Camp Nou de Barcelona, foi dominada polo Bayern Múnic por 1-0; non foi ata o tempo de reposición cando o equipo inglés deu a volta ao partido para acabar gañando 1-2.

2000-2009 [editar]

Na tempada 1999-00 a UEFA ampla aínda máis o número de equipos participantes na competición. Ese ano enfróntanse na final, por primeira vez na historia da competición, dous equipos do mesmo país: o Real Madrid e o Valencia CF, equipo que alcanza a final por primeira vez. Esa final gañouna o Real Madrid ao impoñerse por tres tantos a cero. Ademais ese mesmo ano outro equipo español, o FC Barcelona, chegou a semifinais.

Na tempada seguinte o Valencia CF volveu xogar a final, perdendo de novo. Esta vez o verdugo foi o Bayern München que se impuxo na rolda de penaltis por cinco goles a catro.

En 2002 o Real Madrid volve proclamarse campión, conseguindo así a súa novena Copa de Europa.

Na tempada seguinte dous equipos italianos enfróntanse na final: o AC Milan e a Juventus FC, quen disputaba a súa 4ta. final en 8 anos. O partido levoullo o AC Milan que gañou grazas á dramática rolda de Penaltis.

En 2004 o FC Porto faise co título ao derrotar ao AS Mónaco (debutante nunha final) por 3 goles a cero. O equipo portugués viña de eliminar en semifinais ao Deportivo, sendo a única vez que o equipo coruñés chegaba á penúltima rolda da Liga de Campións.

Na tempada 2004-05 enfrontáronse na final o Liverpool FC e o AC Milan. O partido empezou con tres goles do equipo italiano pero o Liverpool FC adestrado por Rafael Benítez conseguiu empatar o partido e forzar a prórroga. Ao final o Liverpool FC impúxose na tanda de Penaltis.

O 17 de maio de 2006 o FC Barcelona remontou un 0-1 tras ir perdendo contra o Arsenal FC, gol de Sol Campbell, e coroouse campión ao vencer ao equipo inglés polo marcador de 2-1, con goles de Eto'o e Belletti sendo esta a segunda Copa de Europa do club. Neste partido produciuse a primeira expulsión nunha final de Liga de Campións, a do porteiro alemán do Arsenal, Jens Lehmann.

O 23 de maio de 2007, o AC Milan gañoulle a final da copa de Europa ao Liverpool F.C. por 2-1, habendo marcado o club inglés no minuto 88'. Filippo Inzaghi foi o autor dos dous goles do club italiano que se adxudicou a súa sétima Copa de Campións, sendo o segundo club que mais copas ten (7) por detrás do Real Madrid (9).

O 21 de maio de 2008, o Manchester United venceu ao Chelsea FC na primeira final da competición entre equipos ingleses, xogada no Estadio Olímpico Luzhniki en Moscova, Rusia. Logo de empatar 1-1 no tempo regulamentario con goles de Cristiano Ronaldo aos 26 minutos para os Red Devils e Frank Lampard aos 45 para os Blues, o empate continuou ata o final do tempo regulamentario e a prórroga, decidíndose o campión desde os 11 metros. O Manchester gañou por 6-5 nunha agónica quenda de penaltis na que un resbalón de John Terry no lanzamento que puido dar o título ao equipo londinense fixo inútil o rexeite de Petr Čech no disparo de Ronaldo. O holandés Edwin van der Sar desviou a traxectoria do tiro decisivo de Nicolas Anelka, e o equipo adestrado por Alex Ferguson proclamouse campión de Europa por terceira vez na súa historia.

O Manchester United repetiu final ao ano seguinte, no Estadio Olímpico de Roma, nesta ocasión frentre ao FC Barcelona, nun encontro moi esperado polo que supuña enfrontar a dous dos xogadores máis en forma do momento, o arxentino Lionel Messi e o portugués Cristiano Ronaldo. O Barça completou o seu triplete (Liga de Campións, Liga española e Copa do Rei) ao derrotar ao conxunto inglés por 2-0, con goles de Samuel Eto'o e o propio Messi, impedindo ao Manchester ser o primeiro equipo en gañar a competición dous anos seguidos na época da Liga de Campións.

2010- [editar]

Na tempada 2009-10 instaurouse un novo formato na competición que separaba na fase previa aos campións nacionais de liga dos equipos non campións, os cales entraban en escena na terceira de catro roldas previas. Na final desa mesma edición, o 22 de maio de 2010, o Inter de Milán fíxose co seu terceiro título tras derrotar na final ao Bayern de Múnic por dous goles a cero, ambos os tantos marcados polo dianteiro arxentino Diego Milito. O conxunto neroazzurri, ademais, convertíase no primeiro club italiano en gañar un triplete (Liga, Copa e Champions), e no sexto a nivel europeo.

Na tempada 2010-11, FC Barcelona e Manchester United disputaron a final en Londres o 28 de maio de 2011, gañando os culés por 3-1 con goles de Pedro Rodríguez, Leo Messi e David Villa. O gol do Manchester foi de Wayne Rooney.

Himno [editar]

O himno da Liga de Campións da UEFA é unha adaptación da obra de Händel, "Zadok the Priest". A obra está nos tres idiomas oficiais da UEFA: inglés, francés e alemán. O himno reprodúcese ao comezo de cada partido de Liga de Campións.

Gañadores [editar]

Tempada Campión Marcador Subcampión Recinto deportivo
2011/12
Detalles
Flag of England.svg Chelsea 1 - 1 pro., 4-3 pen. Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Flag of Germany.svg Allianz Arena,
Múnic, Alemaña
2010/11
Detalles
Flag of Spain.svg FC Barcelona 3 - 1 Flag of England.svg Manchester United Flag of England.svg Wembley Stadium,
Londres, Inglaterra
2009/10
Detalles
Flag of Italy.svg Inter de Milán 2 - 0 Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Flag of Spain.svg Santiago Bernabéu,
Madrid, España
2008/09
Detalles
Flag of Spain.svg FC Barcelona 2 - 0 Flag of England.svg Manchester United Flag of Italy.svg Stadio Olimpico di Roma,
Roma, Italia
2007/08
Detalles
Flag of England.svg Manchester United 1 - 1 pro., 6-5 pen. Flag of England.svg Chelsea Flag of Russia.svg Olímpico de Luzhniki,
Moscova, Rusia
2006/07
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 2 - 1 Flag of England.svg Liverpool Flag of Greece.svg Estadio Olímpico,
Atenas, Grecia
2005/06
Detalles
Flag of Spain.svg FC Barcelona 2 - 1 Flag of England.svg Arsenal Flag of France.svg Stade de France,
Saint-Denis, Francia
2004/05
Detalles
Flag of England.svg Liverpool 3 - 3 pro., 3-2 pen. Flag of Italy.svg AC Milan Flag of Turkey.svg Estadio Olímpico Atatürk,
Istambul, Turquía
2003/04
Detalles
Flag of Portugal.svg FC Porto 3 - 0 Flag of France.svg AS Monaco Flag of Germany.svg Arena AufSchalke,
Gelsenkirchen, Alemaña
2002/03
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 0 - 0 pro., 3-2 pen. Flag of Italy.svg Juventus Flag of England.svg Old Trafford,
Manchester, Inglaterra
2001/02
Detalles
Flag of Spain.svg Real Madrid 2 - 1 Flag of Germany.svg Bayer Leverkusen Flag of Scotland.svg Hampden Park,
Glasgow, Escocia
2000/01
Detalles
Flag of Germany.svg Bayern de Múnic 1 - 1 g.d.o., 5-4 pen. Flag of Spain.svg Valencia CF Flag of Italy.svg San Siro,
Milán, Italia
1999/2000
Detalles
Flag of Spain.svg Real Madrid 3 - 0 Flag of Spain.svg Valencia CF Flag of France.svg Stade de France,
Saint-Denis, Francia
1998/99
Detalles
Flag of England.svg Manchester United 2 - 1 Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Flag of Spain.svg Camp Nou,
Barcelona, España
1997/98
Detalles
Flag of Spain.svg Real Madrid 1 - 0 Flag of Italy.svg Juventus FC Flag of the Netherlands.svg Amsterdam ArenA,
Ámsterdam, Países Baixos
1996/97
Detalles
Flag of Germany.svg Borussia Dortmund 3 - 1 Flag of Italy.svg Juventus FC Flag of Germany.svg Estadio Olímpico de Múnic,
Múnic, Alemaña
1995/96
Detalles
Flag of Italy.svg Juventus FC 1 - 1 pro., 4-2 pen. Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam Flag of Italy.svg Stadio Olimpico di Roma,
Roma, Italia
1994/95
Detalles
Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam 1 - 0 Flag of Italy.svg AC Milan Flag of Austria.svg Ernst Happel Stadion,
Viena, Austria
1993/94
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 4 - 0 Flag of Spain.svg FC Barcelona Flag of Greece.svg Estadio Olímpico,
Atenas, Grecia
1992/93
Detalles
Flag of France.svg Olympique de Marsella 1 - 0 Flag of Italy.svg AC Milan Flag of Germany.svg Estadio Olímpico de Múnic,
Múnic, Alemaña
1991/92
Detalles
Flag of Spain.svg FC Barcelona 1 - 0 pro. Flag of Italy.svg UC Sampdoria Flag of England.svg Estadio de Wembley,
Londres, Inglaterra
1990/91
Detalles
Flag of SFR Yugoslavia.svg Estrela Vermella de Belgrado 0 - 0 pro., 5-3 in pen. Flag of France.svg Olympique de Marsella Flag of Italy.svg Stadio San Nicola,
Bari, Italia
1989/90
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 1 - 0 Flag of Portugal.svg SL Benfica Flag of Austria.svg Praterstadion,
Viena, Austria
1988/89
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 4 - 0 Flag of Romania (1965-1989).png Steaua Bucarest Flag of Spain.svg Camp Nou,
Barcelona, España
1987/88
Detalles
Flag of the Netherlands.svg PSV Eindhoven 0 - 0 pro., 6-5 pen. Flag of Portugal.svg SL Benfica Flag of Germany.svg Neckarstadion,
Stuttgart, Alemaña
1986/87
Detalles
Flag of Portugal.svg FC Porto 2 - 1 Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Flag of Austria.svg Praterstadion,
Viena, Austria
1985/86
Detalles
Flag of Romania (1965-1989).png Steaua Bucarest 0 - 0 pro., 2-0 pen. Flag of Spain.svg FC Barcelona Flag of Spain.svg Sánchez Pizjuán,
Sevilla, España
1984/85
Detalles
Flag of Italy.svg Juventus FC 1 - 0 (Véxase: Traxedia de Heysel) Flag of England.svg Liverpool Flag of Belgium.svg Estadio de Heysel,
Bruselas, Bélxica
1983/84
Detalles
Flag of England.svg Liverpool 1 - 1 pro., 4-2 pen. Flag of Italy.svg AS Roma Flag of Italy.svg Stadio Olimpico di Roma,
Roma, Italia
1982/83
Detalles
Flag of Germany.svg Hamburgo SV 1 - 0 Flag of Italy.svg Juventus FC Flag of Greece.svg Estadio Olímpico,
Atenas, Grecia
1981/82
Detalles
Flag of England.svg Aston Villa 1 - 0 Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Flag of the Netherlands.svg De Kuip,
Róterdan, Países Baixos
1980/81
Detalles
Flag of England.svg Liverpool 1 - 0 Flag of Spain.svg Real Madrid Flag of France.svg Parc des Princes,
París, Francia
1979/80
Detalles
Flag of England.svg Nottingham Forest 1 - 0 Flag of Germany.svg Hamburgo SV Flag of Spain.svg Santiago Bernabéu,
Madrid, España
1978/79
Detalles
Flag of England.svg Nottingham Forest 1 - 0 Flag of Sweden.svg Malmö FF Flag of Germany.svg Estadio Olímpico de Múnic,
Múnic, Alemaña
1977/78
Detalles
Flag of England.svg Liverpool 1 - 0 Flag of Belgium.svg Bruxas Flag of England.svg Estadio de Wembley,
Londres, Inglaterra
1976/77
Detalles
Flag of England.svg Liverpool 3 - 1 Flag of Germany.svg VfL Borussia Mönchengladbach Flag of Italy.svg Stadio Olimpico di Roma,
Roma, Italia
1975/76
Detalles
Flag of Germany.svg Bayern de Múnic 1 - 0 Flag of France.svg AS Saint-Étienne Flag of Scotland.svg Hampden Park,
Glasgow, Escocia
1974/75
Detalles
Flag of Germany.svg Bayern de Múnic 2 - 0 Flag of England.svg Leeds United Flag of France.svg Parc des Princes,
París, Francia
1973/74
Detalles
Flag of Germany.svg Bayern de Múnic 1 - 1 pro., 4 - 0(Repetición) Flag of Spain.png Atlético de Madrid Flag of Belgium.svg Estadio de Heysel,
Bruselas, Bélxica
1972/73
Detalles
Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam 1 - 0 Flag of Italy.svg Juventus FC Flag of SFR Yugoslavia.svg Crvena Zvezda Stadium,
Belgrado, Iugoslavia
1971/72
Detalles
Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam 2 - 0 Flag of Italy.svg Inter de Milán Flag of the Netherlands.svg De Kuip,
Róterdan, Países Baixos
1970/71
Detalles
Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam 2 - 0 Flag of Greece (1822-1978).svg Panathinaikos Flag of England.svg Estadio de Wembley,
Londres, Inglaterra
1969/70
Detalles
Flag of the Netherlands.svg Feyenoord Rotterdam 2 - 1
pro.
Flag of Scotland.svg Celtic Flag of Italy.svg San Siro,
Milán, Italia
1968/69
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 4 - 1 Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam Flag of Spain.png Santiago Bernabéu,
Madrid, España
1967/68
Detalles
Flag of England.svg Manchester United 4 - 1
pro.
Flag of Portugal.svg SL Benfica Flag of England.svg Estadio de Wembley,
Londres, Inglaterra
1966/67
Detalles
Flag of Scotland.svg Celtic 2 - 1 Flag of Italy.svg Inter de Milán Flag of Portugal.svg Estadio Nacional,
Vale do Jamor, preto de Lisboa, Portugal
1965/66
Detalles
Flag of Spain.png Real Madrid 2 - 1 Flag of SFR Yugoslavia.svg Partizan de Belgrado Flag of Belgium.svg Estadio de Heysel,
Bruselas, Bélxica
1964/65
Detalles
Flag of Italy.svg Inter de Milán 1 - 0 Flag of Portugal.svg SL Benfica Flag of Italy.svg San Siro,
Milán, Italia
1963/64
Detalles
Flag of Italy.svg Inter de Milán 3 - 1 Flag of Spain.png Real Madrid Flag of Austria.svg Praterstadion,
Viena, Austria
1962/63
Detalles
Flag of Italy.svg AC Milan 2 - 1 Flag of Portugal.svg SL Benfica Flag of England.svg Estadio de Wembley,
Londres, Inglaterra
1961/62
Detalles
Flag of Portugal.svg SL Benfica 5 - 3 Flag of Spain.png Real Madrid Flag of the Netherlands.svg Olympisch Stadion,
Ámsterdam, Países Baixos
1960/61
Detalles
Flag of Portugal.svg SL Benfica 3 - 2 Flag of Spain.png FC Barcelona Flag of Switzerland.svg Wankdorfstadion,
Berna, Suíza
1959/60
Detalles
Flag of Spain.png Real Madrid 7 - 3 Flag of Germany.svg Eintracht Frankfurt Flag of Scotland.svg Hampden Park,
Glasgow, Escocia
1958/59
Detalles
Flag of Spain.png Real Madrid 2 - 0 Flag of France.svg Stade de Reims Flag of Germany.svg Neckarstadion,
Stuttgart, Alemaña
1957/58
Detalles
Flag of Spain.png Real Madrid 3 - 2 pro. Flag of Italy.svg AC Milan Flag of Belgium.svg Estadio de Heysel,
Bruselas, Bélxica
1956/57
Detalles
Flag of Spain.png Real Madrid 2 - 0 Flag of Italy.svg Fiorentina Flag of Spain.png Santiago Bernabéu,
Madrid, España
1955/56
Detalles
Flag of Spain.png Real Madrid 4 - 3 Flag of France.svg Stade de Reims Flag of France.svg Parc des Princes,
París, Francia


pen.: penalti; pro.: prórroga; g.d.o.: gol de ouro.

Palmarés [editar]

Por equipos [editar]

Pos. Equipo País Títulos Subcampión Anos campión
1 Real Madrid España España 9 3 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1966, 1998, 2000 e 2002
2 AC Milan Italia Italia 7 4 1963, 1969, 1989, 1990, 1994, 2003 e 2007
3 Liverpool Inglaterra Inglaterra 5 2 1977, 1978, 1981, 1984 e 2005
4 Bayern de Múnic Alemaña Alemaña 4 5 1974, 1975, 1976 e 2001
5 FC Barcelona España España 4 3 1992, 2006, 2009 e 2011
6 Ajax Amsterdam Países Baixos Países Baixos 4 2 1971, 1972, 1973 e 1995
7 Inter de Milán Italia Italia 3 2 1964, 1965 e 2010
8 Manchester United Inglaterra Inglaterra 3 1 1968, 1999 e 2008
9 Benfica Portugal Portugal 2 5 1961 e 1962
Juventus Italia Italia 2 5 1985 e 1996
11 Nottingham Forest Inglaterra Inglaterra 2 0 1979 e 1980
FC Porto Portugal Portugal 2 0 1987 e 2004
13 Celtic FC Escocia Escocia 1 1 1967
Hamburgo Alemaña Alemaña 1 1 1983
Steaua Bucarest Romanía Romanía 1 1 1986
Olympique de Marsella Francia Francia 1 1 1993
Chelsea Inglaterra Inglaterra 1 1 2012
17 Feyenoord Rotterdam Países Baixos Países Baixos 1 0 1970
Aston Villa Inglaterra Inglaterra 1 0 1982
PSV Eindhoven Países Baixos Países Baixos 1 0 1988
Estrela Vermella de Belgrado Serbia Serbia 1 0 1991
Borussia Dortmund Alemaña Alemaña 1 0 1997
22 Stade de Reims Francia Francia 0 2
Valencia CF España España 0 2
24 AC Fiorentina Italia Italia 0 1
Eintracht Frankfurt Alemaña Alemaña 0 1
Partizan Belgrado Serbia Serbia 0 1
Panathinaikos Grecia Grecia 0 1
Atlético de Madrid España España 0 1
Leeds United Inglaterra Inglaterra 0 1
Saint-Étienne Francia Francia 0 1
Borussia Mönchengladbach Alemaña Alemaña 0 1
Bruxas Bélxica Bélxica 0 1
Malmö Suecia Suecia 0 1
AS Roma Italia Italia 0 1
Sampdoria Italia Italia 0 1
Bayer Leverkusen Alemaña Alemaña 0 1
AS Monaco Francia Francia 0 1
Arsenal Inglaterra Inglaterra 0 1


Por países [editar]

País Títulos Subcampionatos
España España 13 9
Italia Italia 12 14
Inglaterra Inglaterra 12 6
Alemaña Alemaña 6 9
Países Baixos Países Baixos 6 2
Portugal Portugal 4 5
Francia Francia 1 5
Escocia Escocia 1 1
Romanía Romanía 1 1
Serbia Serbia 1 1
Grecia Grecia 0 1
Bélxica Bélxica 0 1
Suecia Suecia 0 1


Goleadores [editar]

Xogador País Goles Debut en Europa Equipos
Raúl Flag of Spain.svg España 56 1995 Real Madrid
Ruud van Nistelrooy Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 49 1999 PSV Eindhoven, Manchester United, Real Madrid
Alfredo Di Stéfano Flag of Argentina.svgFlag of Spain.svg Arxentina/España 49 1956 Real Madrid
Eusébio Flag of Portugal.svg Portugal 46 1961 SL Benfica
Andriy Shevchenko Flag of Ukraine.svg Ucraína 46 1994 Dinamo de Kiev, AC Milan, Chelsea FC
Thierry Henry Flag of France.svg Francia 42 1998 AS Mónaco, Juventus, Arsenal FC, FC Barcelona
Filippo Inzaghi Flag of Italy.svg Italia 38 1998 Juventus, AC Milan
Alessandro Del Piero Flag of Italy.svg Italia 37 1996 Juventus
Ferenc Puskás Flag of Hungary.svg Hungría 36 1957 Budapest Honvéd, Real Madrid
Gerd Müller Flag of Germany.svg Alemaña 35 1970 Bayern de Múnic
Fernando Morientes Flag of Spain.svg España 33 1997 R. Madrid, Mónaco, Liverpool, Valencia
Francisco Gento Flag of Spain.svg España 30 1956 Real Madrid
Patrick Kluivert Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 29 1994 Ajax, FC Barcelona, PSV Eindhoven
Roy Makaay Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 29 2000 Deportivo da Coruña, Bayern de Múnic, Feyenoord
David Trézéguet Flag of France.svg Francia 28 1998 AS Monaco, Juventus
Rivaldo Flag of Brazil.svg Brasil 27 1997 Deportivo da Coruña, FC Barcelona, AC Milan, Olympiakos, AEK Atenas


Notas: A UEFA non contabiliza os goles marcados nas roldas de clasificación. En negriña aparecen os xugadores en activo e o seu clube actual. Só aparecen os clubs cós que participaron na Liga de Campións ou opa de Europa.

Estatísticas [editar]

Equipos españois [editar]

Datos desde o 25 de novembro de 1992, cando nace a Liga de Campións. Esta clasificación non contabiliza fases previas e da 2 puntos por vitoria. Actualizado ata a tempada 2009-10.

Posto Equipo Tempadas Puntos PX PG PE PP GF GC
FC Barcelona 14 199 146 80 39 27 276 150
Real Madrid 14 193 151 81 31 39 288 179
13º Valencia 6 85 70 32 21 17 98 66
20º Deportivo da Coruña 5 61 58 23 15 20 74 79
40º Atlético de Madrid 3 24 22 7 10 5 29 26
41º Villarreal 2 24 22 6 12 4 21 20
46º Sevilla 2 22 16 10 2 4 32 19
69º Celta de Vigo 1 7 8 2 3 3 9 11
70º Real Sociedad 1 7 8 2 3 3 8 10
74º Mallorca 1 6 6 3 0 3 4 9
78º Athletic 1 5 6 1 3 2 5 6
85º Betis 1 5 6 2 1 3 3 7


Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: