Estreito de Xibraltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de satélite do estreito
Case tan só 15 km separan España de Marrocos

O estreito de Xibraltar é un estreito que comunica o océano Atlántico co mar Mediterráneo, separando Europa e África. Ao norte do estreito atópanse España e Xibraltar, e ao sur, Marrocos e a cidade autónoma de Ceuta.

Ten 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na Península Ibérica.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A Rocha é a cidade de Xibraltar, que dá o seu nome ao estreito, atópase nunha estreita península, na beira europea, á entrada oriental do estreito. Ao oeste, o estreito dá ao golfo de Cádiz, que se abre ao longo do Atlántico. Ao leste, pola contra, o golfo de Alxeciras é máis cerrado, dunha centena de quilómetros de largo, e preto de dous centos de longo. O Mediterráneo, sendo un mar case fechado, e sufrindo unha evaporación importante, a corrente dominante no estreito vai desde o Atlántico cara ao Mediterráneo. O límite entre as augas do Atlántico e do Mediterráneo (en termos de temperatura e de salinidade principalmente) sitúase lonxe no leste, case todo o golfo de Alxeciras é atlántico desde este punto de vista.

A pesares de levar o nome de Xibraltar, a cidade máis meridional é Tarifa, levando o cabo correspondente o nome de Punta Europa

O estreito é un punto importante de ligazóns marítimas no mundo. É cruzado todos os anos por uns 80.000 navíos mercantes. A posición ten unha grande importancia estratéxica polo menos desde que acabada a Idade Media, un comercio por mar foi establecido entre a Europa do Norte e Italia. A cidade de Xibraltar é unha colonia do Reino Unido desde o tratado de Utrecht en 1713, o que permitiu á frota inglesa ter a supremacía naval no Mediterráneo a partir do s. XVIII e sobre todo no s. XIX.

O estreito volveuse aínda máis estratéxico tras a inauguración da canle de Suez en 1869. Desde aquela, permite a pasaxe do Atlántico non soamente ao Mediterráneo, senón tamén ó océano Índico, evitando a longa rota do Cabo. Xibraltar foi durante moito tempo unha gran base naval británica, pero foi fortemente reducida desde a fin da Guerra fría. Pola súa parte, España posúe a cidade de Ceuta, na beira marroquí do estreito. Conquistada en 1415 por Portugal, pasou a mans españolas durante o reinado de Filipe II de España, cando era rei dos dous países. Xibraltar é reivindicada por España e Ceuta por Marrocos.

O estreito separa tamén Europa de África. Os ferries aseguran a ligazón, tanto para pasaxeiros como para vehículos. O inicio dun túnel baixo o estreito deviría dar comezo en breve, xa que se acaba de firmar un acordo o 12 de decembro de 2003. Este é un punto de paso da inmigración clandestina a Europa, sobre todo desde que por unha parte o crecemento de España ao longo dos anos oitenta a fixera destino da inmigración, e pola outra que desaparición dos controis nas fronteiras interiores da Unión europea (Acta Única e Espazo Schengen) fíxoa porta de entrada á unión. A inmigración pódese facer por Ceuta, enclave europeo en África. España reforzou fortemente a súa fronteira a partir de 1999. Fai-se tamén a través do estreito nas denominadas "pateras", embarcacións precarias que provocan numerosos mortos ao longo dos anos. A situación é semellante nos outros dous estreitos que dan acceso a Europa, o estreito de Sicilia, entre Tunisia e Sicilia; e a canle de Otranto á entrada do mar Adriático, entre Albania e Italia, sendo porén o de Xibraltar o máis estreito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estreito de Xibraltar