Mérida, España
Coordenadas: 38°54′N 6°20′W / 38.9°N 6.333°W
| Mérida, España | |
|---|---|
| Teatro romano. | |
| Situación xeográfica | |
![]() |
|
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | Badaxoz |
| Comarca: | Tierra de Mérida - Vegas Bajas |
| Xeografía | |
| Altitude: | 217 msnm |
| Superficie: | 865,6 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 57.797 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 66,77 hab./km² |
| Xentilicio: | emeritense |
| Información | |
| Código postal: | 06800 |
| Alcalde: | Pedro Acedo Penco (PP) |
| Sitio na web: | www.merida.es |
Mérida en extremeño Méria (do latín Emerita e posteriormente do árabe ماردة Mārida) é unha cidade española, capital da Comunidade Autónoma de Estremadura, rexión situada no suroeste de España, sendo sede das súas institucións de goberno. Logo de Badaxoz e Cáceres, é o terceiro núcleo poboacional de Estremadura. O padrón municipal de 1 de xaneiro de 2007 outorgáballe 58.578 habitantes. Pertence á provincia de Badaxoz.
Índice |
Xeografía [editar]
Mérida sitúase xeograficamente case no centro da rexión, e está atravesada polos ríos Guadiana e o Albarregas, a 217 metros de altitude sobre o nivel do mar. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade. Economicamente, Mérida é unha cidade de servizos, cunha crecente industria e un case extinguido sector primario.
Historia [editar]
Foi fundada no ano 25 a.C., co nome de Emerita Augusta, con veteranos (o latín emeritus significa "licenciado") das guerras cántabras, que formaban parte das lexións V Alaudae e X Gemina, por orde do emperador Augusto, e co obxectivo de formar unha retagarda pronta a intervir nun posíbel levantamento nas zonas mineiras do peninsular e de protexer o paso sobre o Guadiana. A cidade converteuse ademais na capital da provincia da Lusitania, chegando a ser unha das cidades máis importantes do Imperio romano. Mérida, cuxo nome é unha derivación de Emerita, conserva aínda un importante legado monumental da época romana, polo que foi proclamada Patrimonio da Humanidade.
O cristianismo prendeu con forza en Mérida, sobresaíndo durante o século VI a figura do bispo Mausona. Desa fe popular foi mostra a mártir Santa Eulalia, padroeira da cidade.
No ano 713, o xeneral árabe Muza-ib-Nusair conquistou a cidade, e as súas tropas arrasárona.
Mérida foi sede Metropolitana até 1119, ano en que tal dignidade foi transferida para Santiago de Compostela. No primeiro terzo do século XIII , en 1230, as tropas cristiás de Afonso IX conquistaron Mérida, converténdoa en sede do Priorato de San Marcos de León da Orde de Santiago.
A invasión napoleónica, a comezos do século XIX, supuxo para Mérida, igual que para o resto de Estremadura, unha lamentábel perda de parte do seu patrimonio histórico artístico. Posteriormente , a posición como nó ferroviario, converteu a cidade nun núcleo industrial e de servizos en alza. Ese desenvolvemento veuse definitivamente impulsado coa designación de Mérida, en 1983, como capital da Comunidade Autónoma de Estremadura.
En 1994 constituíuse o Arcebispado Mérida-Badaxoz, recuperándose, así, a antiquísima sede metropolitana emeritense, retornándolle a dignidade catedralicia ao templo de Santa María la Mayor, herdeiro da igrexa arcebispal de Emerita. As orixes deste Arcebispado remontan á época romana, na que tivo doce bispados sufragáneos (Edito de Milán).
Cada período histórico deixou impresa a súa pegada en edificios e monumentos, que hoxe en día supoñen a súa grande riqueza arqueolóxica para gozo das actuais e vindeiras xeracións que a visiten.
Poboación [editar]

- Fonte: INE
Monumentos [editar]
- Ponte Romana, sobre o río Guadiana, remonta ao século I. Ten 762 metros de longo por 5 m de ancho, cunha altura de 11 m e largo. Posúe 60 arcos de bloques de granito.
- Teatro romano, erguido por Agripa, xenro de Augusto, no 16-15 a.C. Ten unha capacidade de 6.000 persoas. Restaurado, foi utilizado, desde 1933, para espectáculos a aire aberto.
- Templo de Diana, no centro da cidade. O seu espazo foi utilizado, para construción do pazo do conde de Corbos, o que o preservou da ruína.
- Anfiteatro, construído tamén por Agripa no 8 a.C., tiña capacidade para 15.000 espectadores, cunhas dimensións de 126 X 102 metros. Está bastante ben conservado.
- Casa do Mitreo, casa patricia da segunda metade do I século, contén fermoso mosaico, con alegorías do río Nilo e do Éufrates.
- Casa patricia, é outra casa señorial da mesma época con magnífico pavimento de mosaico.
- Lago de Proserpina ou Presa de Proserpina, a 4 Km. do centro urbano, é un estanque artificial, de obra romana, que almacenaba a auga para servizo da cidade.
- Acueduto dos Milagros, era o acueduto romano, que transportaba á cidade, a auga depositada na presa de Proserpina. Fican restos en pé nun percorrido de 827 metros, con arcos de até 25 metros de alto. A súa técnica construtiva puido inspirar á das arquerías sustentantes da mesquita de Córdoba.
- Arco de Traxano, un arco triunfal, romano, de 13 metros de altura e 11 de anchura.
- Ponte do río Albarregas, é unha pequena ponte de catro arcadas, tamén de orixe romana, que se sitúa sobre a Vía da prata, antiga calzada romana que unía Gades con Asturica Augusta.
- Museo Nacional de Arte Romana, creado en 1838, recolle o material arqueolóxico proveniente das escavacións locais. Antes situado no Convento de Santa Clara, ten a súa sede actual nun moderno edificio de 1984, proxectado polo arquitecto Rafael Moneo. Xorde directamente na área arqueolóxica, englobando tamén algúns restos arqueolóxicos.
- Museo de Arte Visigoda, acolle restos de monumentos arquitectónicos e de esculturas da época visigoda, do século V ao VIII.
- Alcazaba situada no inicio da grande ponte romana, foi construída polo califa de Córdoba Abd-el-Rahman II, no ano 835, sobre a muralla romana, e utilizando materiais de edificios romanos e visigodos. No patio hai mosaicos romanos e no subsolo unha cisterna visigoda.
- Santa Eulalia, é unha pequena igrexa do século IV, edificada sobre o templo romano de Marte; foi reconstruída no século XIII, con materiais reutilizados. Diante da igrexa está o denominado, localmente, 'Hornito', un forno onde, consonte a tradición, foi queimada Santa Eulalia.
- Concello, sede municipal, neorrenacentista, na Praza Maior.
- Casa solariega, na mesma Praza Maior, é unha casa aristocrática, neorrenacentista, hoxe utilizada como albergue.
- Catedral de Santa María la Mayor, igrexa dos séculos XIII-XV.
