El Periódico de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Periódico de Catalunya
El Periodico.jpg
Edicións de El Periódico en castelán (cabeceira vermella) e en catalán (cabeceira azul).
Na rede
Web
Twitter @elperiodico
Facebook

El Periódico de Catalunya é un diario de información xeral de pago, e distribución matinal, editado en Barcelona (España) en dobre versión, en catalán e en castelán. Ten a súa redacción nun edificio da rúa Consell de Cent, en pleno distrito do Eixample, e conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.

Pertence ao Grupo Zeta e ideoloxicamente está considerado catalanista non nacionalista e progresista. Formalmente caracterízase polo gran tratamento gráfico e a impresión de todas as súas páxinas en cor. No ano 2006 El Periódico ten un prezo de 1 euro de luns a sábado, e de 2 euros os domingos, día en que inclúe a revista "Dominical" e os suplementos "Airbag" e "Cuaderno del Domingo".

Segundo datos certificados pola Oficina de Xustificación da Difusión (OXD) e referidos ao período de xaneiro a decembro de 2010, a media de tirada de El Periódico de Catalunya foi de 168.911 exemplares e a media de difusión de 133.055.[1] Na súa edición dixital os usuarios creceron un 40'5% nun ano 2011-2012 rexistrando un dos maiores incrementos da prensa dixital en España.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]