Salamanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSalamanca
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°57′54″N 5°39′51″O / 40.965, -5.6642Coordenadas: 40°57′54″N 5°39′51″O / 40.965, -5.6642
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalSalamanca City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación143.954 (2023) Editar o valor em Wikidata (3.638,88 hab./km²)
Xeografía
Superficie39,56 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porTormes Editar o valor em Wikidata
Altitude798 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Santo padrónJoão de Sahagún (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCarlos Manuel García Carbayo (en) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal37001–37009 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico923 Editar o valor em Wikidata
Código INE37274 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websalamanca.es Editar o valor em Wikidata

Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León.

Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid. Un estudo demográfico realizado no 2005 dicía que era a quinta capital de provincia máis densamente poboada por km² de España.

Salamanca é famosa sobre todo por dous motivos: por posuír unha das universidades máis antigas e prestixiosas de España (de aí o refrán "O que a natureza non dá, Salamanca non presta", "Quod natura non dat, Salamantica non prestat") e polo seu espléndido patrimonio histórico-artístico, intrinsecamente ligado á cálida e áurea pedra arenita de Villamayor.

A Universidade de Salamanca, é a universidade, en activo, máis antiga de España, fundada en 1218 por Afonso IX de León, e foi a primeira de Europa que ostentou o título de Universidade polo edicto de 1253 de Afonso X o Sabio e a bula do Papa Alexandre IV en 1255.

En 1988 a cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a Catedral Vella e a Nova, a Casa das Cunchas, a Praza Maior, o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a Semana Santa en Salamanca está declarada de Interese Turístico Internacional. No 2002 foi Capital Europea da Cultura. No 2005 acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.

Pola súa parte, o sector servizos (co turismo cultural e a Universidade) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha grande afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o castelán e asistir a diversos cursos estivais.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Máis presenza que os vacceos tiveron os vetóns, que imprimiron unha forte personalidade na zona das actuais provincias de Ávila, Toledo e Salamanca.

No século III a. C., Aníbal, no seu avance por Iberia, sitia e toma a antiga cidade de Helmantica (Salamanca). Coa caída dos cartaxineses ante os romanos, consolídase a ocupación e a cidade comeza a adquirir certa importancia. Pronto se converte nun enclave comercial básico debido á súa situación como vado sobre o río Tormes, que á súa vez a converte en paso dunha das máis importantes calzadas romanas de Hispania, a Vía da Prata. Para esta calzada constrúese a ponte romana (século I) da que aínda hoxe se conserva en pé a metade norte (a outra metada tivo que ser reconstruída no século XVII tras a Ríada de San Policarpo).

Historia medieval[editar | editar a fonte]

Coa fin do Imperio Romano, os alanos establécense en Lusitania e a cidade pasa a formar parte desta rexión. Posteriormente, os visigodos conquistan a cidade e anexiónana ao seu territorio. Téñense poucos datos sobre Salamanca na época visigoda. Pouco máis se sabe que no século IV a muralla romana se amplía con torreóns sobre o mesmo trazado, e que a fábrica da muralla anterior acabou destruída practicamente na súa totalidade. Sábese que no 589 a cidade era sede episcopal, pois figuraba entre as cidades que enviaban bispos aos concilios de Toledo.

No ano 712, coa invasión musulmá da península, Musa ibn Nusair conquista a cidade. Durante a Alta Idade Media, a zona ficou como terra de ninguén e os seus núcleos de poboación resultaban destruídos con frecuencia polas habituais incursións (algaradas) dos árabes. Salamanca quedou reducida a un núcleo carente de importancia e case despoboado. Os sucesivos intentos dos reinos cristiáns de estabilizar esta área orixinan non poucos choques coas expedicións musulmás, que provocaron diversas escaramuzas e batallas, como a de Afonso I en 754, que acaban por arrasar o que queda de urbano. A zona permanece practicamente deshabitada até que despois da importante vitoria cristiá, na batalla de Simancas do ano 939, se inicia unha tímida repoboación das ribeiras do Tormes, que non terá moito éxito ante aínda o poderoso Califato.

Tras a conquista de Toledo por Afonso VI, no ano 1085, prodúcese a repoboación definitiva da cidade. En 1102, Raimundo de Borgoña dirixiuse á cidade cun nutrido grupo de poboadores de diversas orixes, por desexo de seu sogro Afonso VI. Cada un destes grupos instalouse nunha zona diferente da cidade. Francos, serranos (das serranías de Asturias, Galicia e León), casteláns (de Burgos, Soria e a Rioxa), portugueses, mozárabes (poboacións hispano romanas ou hispano godas que abandonaran o dominio musulmán), toresanos, xudeus e galegos fundaron as súas respectivas igrexas e parroquias. Restáurase a súa Diocese (sendo o primeiro bispo Xerónimo de Perigord) e comézase a construír a catedral, a carón da cal nacen unhas escolas que serán o xermolo da Universidade.

No ano 1230, baixo o reinado de Fernando III o Santo, únense definitivamente os reinos de Castela e León.

No século XIII, o monarca Afonso IX de León outorga ás escolas catedralicias o rango de Estudo Xeral que, en 1253, se convertería en Universidade de Salamanca por real cédula de Afonso X, posteriormente ratificada polo papa Alexandre IV (1255).

O 12 de agosto de 1311 naceu entre os seus muros o único rei de Castela e León que deu a cidade, Afonso XI o Xusticeiro. Accedeu ao trono con catorce anos e conquistou Xibraltar ao mando das milicias castelán-leonesas, nas que destacaba a numerosa presenza de continxentes salmantinos.

Durante o século XV, Salamanca foi escenario de grandes rivalidades nobiliarias, articuladas en dúas bandas, que se repartiron a cidade: unha banda ía por San Benito e outra por Santo Tomé. Co auxe da Mesta, Salamanca adquiriu importancia como centro de manufacturas de panos e como exportador de la.

Historia moderna[editar | editar a fonte]

Praza Maior de Salamanca.

Como o resto de núcleos históricos da Coroa que tiñan representación en Cortes, Salamanca uniuse ao movemento das Comunidades de Castela (1520) contra os novos impostos que reclamaba Carlos I nas Cortes e en defensa das súas manufacturas téxtiles contra os privilexios dos exportadores de la. Tras a derrota dos Comuneiros, o rei Carlos I fixo desmoucar as torres dos palacios dos salmantinos que se adheriran á revolta.

O século XVI foi a época de maior esplendor da cidade, tanto na demografía como na vida universitaria, grazas ao prestixio dos seus profesores, coa chamada Escola de Salamanca (calcúlase que Salamanca tiña uns 24.000 habitantes e polo 1580 matriculábanse cada ano 6.500 estudantes). Despois pasou a decadencia xeneralizada das cidades da Coroa de Castela na meseta norte (12.000 habitantes en 1651).

No século XVIII tivo un importante renacemento económico e cultural, que propiciou o remate da catedral Nova (as súas obras estiveran paradas durante case un século), como a construción da súa praza maior barroca en 1729, como tamén permitiu refacer moitos dos edificios monumentais que foran danados polo terremoto de Lisboa de 1755. No aspecto cultural, tamén se notou o influxo da Ilustración dos Borbóns na Universidade no último terzo do século.

Historia contemporánea[editar | editar a fonte]

Durante a guerra da independencia, Salamanca foi ocupada polas tropas do mariscal Soult en 1809 e ficou en mans francesas até a batalla de Arapiles (1812), na que venceron os exércitos aliados baixo o mando de Wellington. Durante a ocupación, os franceses construíron defensas e, para obter materiais, destruíron unha importante parte dos edificios salmantinos, especialmente do barrio chamado de Caídos, onde se levantaban coñecidos colexios maiores da Universidade, dos que xa non queda nada. O peor momento chegou cando Fernando VII pechou as universidades españolas. A partir da reapertura, a de Salamanca quedou reducida a unha universidade de provincias.

En 1873, tras proclamarse a Primeira República, en Salamanca produciuse un levantamento cantonalista que foi sufocado.

Salamanca en 1858

Durante o resto do século XIX a cidade experimentou unha leve recuperación ao ser feita capital de provincia e ao ser tamén construído o ferrocarril que unía Francia con Portugal, e que pasaba pola Meseta (Medina del Campo e Salamanca, 1877).

A sublevación do exército contra a Segunda República triunfa en Salamanca desde o primeiro momento. Durante a guerra civil, entre outubro de 1936 e novembro de 1937, o Palacio Episcopal foi residencia e centro de mando do xeneral Franco. A cidade foi tamén sede das organizaciones falanxistas e dalgúns ministerios.

Tras a guerra concentráronse en Salamanca os documentos incautados polo exército sublevado a medida que ían ocupando o territorio que era defendido pola República, co que se creou un grande arquivo documental sobre a guerra civil española (Arquivo Xeral da Guerra Civil Española). A parte deste arquivo pertencente a Cataluña foi trasladado a Barcelona na primavera de 2006, tras grandes disputas entre o concello salmantino e o goberno español, acompañadas de manifestacións populares. O concello de Salamanca, presidido por Julián Lanzarote (PP), cambiou o nome da rúa na que se encontra o arquivo, de «Gibraltar» (nome que homenaxeaba as milicias salmantinas que foran con Afonso XI á conquista de Xibraltar) a rúa de «El Espolio», como sinal de protesta tras o traslado dos «papeis de Salamanca» a Cataluña.

En 1940, Pío XII funda a Universidade Pontificia de Salamanca como continuación dos antigos estudos de teoloxía.

En 1988 Salamanca é declarada Cidade Patrimonio da Humanidade pola Unesco. En 1998, por acordo dos Ministros de Cultura da Unión Europea, Salamanca é designada xunto con Bruxas, Capital Europea da Cultura para o ano 2002.

A poboación da capital salmantina, estancada desde hai unhas tres décadas,[cando?] rolda os 160.000 habitantes, aínda que no 2006 descendeu en máis de 11.000 persoas con respecto ao ano 1994. Isto débese fundamentalmente ao traslado de parte da súa poboación á área metropolitana, fenómeno común a moitas outras cidades españolas, aínda que tamén hai un elevado índice de emigración a lugares como Madrid. É significativo comprobar que a provincia de Salamanca ten un alto índice de poboación envellecida respecto a datos do Estado español en xeral.

Escudo[editar | editar a fonte]

Escudo de Salamanca.

No escudo da cidade de Salamanca aparecen recollidos elementos heráldicos atribuídos ao primeiro Señor de Ayala, a Ponte Romana e o touro que se cría nas devesas da provincia, e tras el unha aciñeira. No xefe (parte superior do escudo) aparecen representados dous leóns mornados.

A Deputación Provincial de Salamanca elaborou unha versión que pode considerarse como escudo provincial, no que se engaden os escudos dos municipios cabeceira de Partido Xudicial da provincia aos elementos do escudo da cidade que ocupan un escusón central.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade de Salamanca dispérsase polos municipios da contorna, onde o terreo é máis económico, para instalar novas actividades económicas ou mudarse a algunha das numerosas urbanizacións circundantes.

Evolución demográfica de Salamanca durante o século XX.

Economía[editar | editar a fonte]

S.A. Mirat, fundada en 1812, é a industria máis antiga da cidade.

A economía salmantina está ligada principalmente á Universidade e ao turismo, aínda que outros sectores como a agricultura e a gandaría, a industria ou a construción teñen a súa importancia puntual. Mais segundo un estudo de decembro de 2007, un 82.69% da poboación activa ocupábase dentro do sector servizos, con 55.838 traballadores.

Agricultura e gandaría[editar | editar a fonte]

Dentro da agricultura encadrábanse 839 traballadores, só o un 1.24% da poboación activa da cidade, repartidos en 125 empresas.

Industria[editar | editar a fonte]

A industria ocupaba un 5% da poboación activa, con 3.340 traballadores repartidos en 360 empresas. Dúas das cales se encontran entre as 100 maiores empresas por facturación de Castela e León,[1] Laboratorios Intervet, fabricante de vacinas de uso veterinario, e S.A. Mirat, especializada na fabricación de abonos e fertilizantes, fundada en 1812 como fábrica de amidóns, é a industria máis antiga da cidade.[2]

Sector servizos[editar | editar a fonte]

O sector servizos é o máis habitual na cidade, con máis do 82% dos postos de traballo e das empresas da cidade (2007). A Universidade de Salamanca move máis de 4.000 profesores universitarios, e máis de 40.000 estudantes.

Turismo[editar | editar a fonte]

Salamanca é o principal enclave turístico de Castela e León, sendo a cidade que máis visitantes recibe ao ano. Na cidade había (no 2007) 32 hoteis, 66 hostais ou pensións, 21 fondas, 229 restaurantes, 77 cafeterías e 1202 cafés ou bares. Salamanca, ademais, está considerada como gran referente mundial na ensinanza do español,[3] co coñecido como "turismo idiomático", e que concentra o 78% da oferta existente en Castela e León, e do 16% de España.[4]

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Cidade vella de Salamanca
Exterior da Catedral Nova
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización40°57′54.9″N 5°39′52.2″O / 40.965250, -5.664500
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1988 (12ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador381

A cidade vella de Salamanca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988.

Lugares de interese da cidade, moitos deles dentro do «Barrio Vello», son:

Código Nome Enderezo Coordenadas
381-001 Barrio vello da cidade 40°57′54.9″N 5°39′52.2″O / 40.965250, -5.664500 (Barrio vello de Salamanca)
381-002 Colexio dos Irlandeses c/ Fonseca, 2 40°57′55.1″N 5°40′13.5″O / 40.965306, -5.670417 (Colegio Mayor de Santiago el Zebedeo)
381-003 Igrexa de San Marcos c/ Zamora - Praza del Ejército 40°58′10.7″N 5°39′49.4″O / 40.969639, -5.663722 (Igrexa de San Marcos, Salamanca)
381-004 Igrexa de Sancti Spiritus Cuesta de Sancti Spiritus, 34 40°57′55.4″N 5°39′33.2″O / 40.965389, -5.659222 (Igrexa de Sancti Spiritus)
381-005 Convento das Claras c/ de Santa Clara, 2 e 12; c/ del Lucero 2 e 18 40°57′42.8″N 5°39′37.0″O / 40.961889, -5.660278 (Convento das Claras)
381-006 Casa-Convento de Santa Tareixa c/ Crespo Rascón, 19 40°58′03.8″N 5°39′55.5″O / 40.967722, -5.665417 (Casa-Convento de Santa Tareixa)
381-007 Igrexa de San Juan de Barbalos Praza de San Juan Bautista, 2 - c/ Luis Sevillano, 2 40°58′04.2″N 5°39′58.1″O / 40.967833, -5.666139 (Igrexa de San Juan Barbalos)
381-008 Igrexa de San Cristóbal Praza de San Cristóbal, 8 40°57′50.2″N 5°39′32.5″O / 40.963944, -5.659028 (Igrexa de San Cristovo, Salamanca)

Prazas e espazos públicos[editar | editar a fonte]

O Ayuntamiento de Salamanca pola tarde
  • A Praza Maior: de estilo barroco, deseñada polos arquitectos Alberto e Nicolás Churriguera, é o espazo público máis importante da cidade.
  • Campo de San Francisco: primeiro xardín público da cidade, sobre terreos do antigo convento de San Francisco.
  • Horto de Calixto e Melibea: xardín próximo ás catedrais, onde, segundo algúns, se sitúa a trama da novela La Celestina de Fernando de Rojas. Xunto a el atópanse restos da muralla romana.
  • Praza de El Corrillo: pequena praza anexa á Praza Maior. Á súa esquerda está a igrexa románica de San Martín e á dereita unha serie de casas con soportais formados por columnas de pedra rematadas en zapatas que representan os días da semana (a Lúa para o luns, Marte para o martes etcétera).

Edificios relixiosos[editar | editar a fonte]

Salamanca, Catedral nova.
Detalle superior dun arco do Mosteiro da Nosa Señora da Vitoria, obra de Juan de Álava, integrado nas instalacións do Grupo Mirat.
Fachada da Igrexa da Clerecía.
  • Capela da Vera Cruz: templo barroco con portada renacentista, sede da cinco veces centenaria Confraría da Vera Cruz de Salamanca. Alberga moitas obras de arte.
  • Catedrais: Salamanca ten dúas catedrais, a Catedral vella, do século XII e de estilo románico, e a Catedral nova, moito máis grande, iniciada no século XVI en estilo gótico e concluída no século XVIII. O lugar onde se xuntan ambas as dúas é coñecido como Patio Chico, un recanto con encanto.
  • A Clerecía: sede da Universidade Pontificia. Comezouse a construír en 1617 e finalizouse 150 anos despois como Colexio Real do Espírito Santo, da Compañía de Xesús. É de estilo barroco. Contén un colexio, cun interesante claustro, e unha igrexa, cunha impresionante fachada de tres corpos, dúas torres xemelgas de 50 metros de altura e unha enorme cúpula. O nome de Clerecía débese a que pertenceu á Real Clerecía de San Marcos, tras a expulsión dos xesuítas.
  • Colexio de Calatrava: construído no século XVIII, por iniciativa da Orde de Calatrava, alberga a Casa da Igrexa.
  • Convento das Agustinas e Igrexa da Purísima: na igrexa hai un cadro da Purísima Concepción pintado por José de Ribera.
  • Convento das Dueñas (século XV): destaca o claustro renacentista de planta irregular.
  • Convento das Isabeles
  • Convento de San Antonio o Real (1736): de estilo barroco, os seus restos repártense polo Teatro Liceo e por unha tenda onde se permite a súa visita.
  • Convento de San Esteban, dos dominicos (século XVI): a fachada plateresca, coa súa forma de arco de triunfo, é unha xoia do Renacemento salmantino. Impresionante retablo barroco de José Benito Churrriguera. Tamén é destacable o Claustro dos Reis, renacentista.
  • Convento da Anunciación (chamado tamén das Úrsulas): fundado polo arcebispo Fonseca en 1512. Destaca a ábsida exterior de estilo gótico. No interior, o retablo barroco e a sepultura do fundador, renacentista, obra de Diego de Siloé.
  • Convento da Trinidad: antigo palacio de Montellano adaptado no século XVI para acoller un convento trinitario.
  • Mosteiro da Nosa Señora da Victoria, da Orde de San Xerónimo, finalizado en 1513, semidestruído polos franceses a principios do século XIX, na guerra da independencia española. Na actualidade está integrado dentro das instalacións fabrís, do século XIX, do Grupo Mirat.
  • Ermida da Nosa Señora da Misericordia (séculos XVI–XVII): pequeno templo barroco que se empezou a construír en 1389 na Praza de San Cristóbal. Moi deteriorada, é unha imprenta, mentres que a súa espadana decora a igrexa do barrio de Pizarrales.
  • Antiga igrexa das Bernardas: obra de Rodrigo Gil de Hontañón. Prototipo dos templos salmantinos do século XVI. Destaca a cabeceira en forma de cuncha. Intégrase dentro do colexio de San José de Calasanz.
  • Igrexa de El Carmen de Abajo: capela da Orde Terceira do Carme integrada no Convento de San Andrés, o único resto que fica de dito convento, desaparecido no século XIX.
  • Igrexa de San Benito: igrexa gótica levantada baixo mecenado de Alonso II de Fonseca, panteón da familia Maldonado.
  • Igrexa de San Julián: igrexa románica posteriormente reformada.
  • Igrexa de San Marcos: igrexa románica próxima ao trazado polo que se achaba a muralla norte da cidade. Exteriormente presenta planta circular con tres naves e ábsidas no interior.
  • Igrexa de San Martín: igrexa románica con reformas góticas, renacentistas e barrocas, anexa á Praza Maior.
  • Igrexa de San Pablo: templo barroco pertencente ao antigo convento dos trinitarios, alberga a imaxe de Xesús Rescatado, moi venerada na cidade. É sede parroquial, rexida pola Irmandade de Sacerdotes Operarios Diocesanos.
  • Igrexa de Santo Tomás Cantuariense: igrexa románica fundada na honra de Santo Tomás, arcebispo de Canterbury en 1175, cinco anos despois da súa muerte e dous tras a súa canonización. Consta de tres ábsidas e unha nave con cuberta de madeira. Forma parroquia xunto a San Pablo, rexida pola Irmandada de Sacerdotes Operarios Diocesanos.

Edificios universitarios[editar | editar a fonte]

Fachada da Universidade de Salamanca
Colexio de San Ambrosio, agora Arquivo Xeral da Guerra Civil Española.
  • Universidad: conxunto de edificios que compoñían a antiga Universidade de Salamanca, que inclúe ás Escolas Maiores, ás Escolas Menores e ao Hospital do Estudo (reitorado actual). Estes edificios sitúanse arredor da praza chamada Patio de Escolas. Nesta mesma praza está a casa do doutor Álvarez Abarca ou dos Doutores de la Reina (século XV), de fachada gótica con detalles renacentistas e que hoxe en día é o Museo de Salamanca.
  • Casa-museo de Unamuno (s. XVIII): antiga casa dos reitores da Universidade. Consérvase como a tiña Miguel de Unamuno cando ocupou este cargo.
  • Colexio Maior de Santiago el Zebedeo, tamén chamado "do Arcebispo Fonseca" ou "dos Irlandeses" (s.XVI)
  • Colexio de San Ambrosio (1719): é o Arquivo Xeral da Guerra Civil Española. Acolle documentos e obxectos incautados polas tropas nacionais e os seus aliados durante e despois da guerra civil española.
  • Colexio Trilingüe: fundado en 1554 para a ensinanza de latín, grego e hebreo. Proxectado por Rodrigo Gil de Hontañón, consérvase parte do patio orixinal, reconstruído a partir de 1829, na Facultade de Físicas.
  • Palacio de Anaya: foi a última sede do Colexio Maior de San Bartolomeu ou Colexio de Anaya, fundado no século XV por Diego de Anaya, desaparecido a principios do século XIX. Nel atópase a facultade de Filoloxía. Xunto ao edificio atópase a igrexa de San Sebastián, antiga capela do colexio, e a Hospedería, obra de Joaquín de Churriguera.
  • Colexio Santa Cruz de Cañizares (s. XVI): Conservatorio Profesional de Música. Del só se conservan restos da antiga capela, incorporados ao salón de actos do conservatorio, e a fachada principal, de estilo plateresco.
  • Colexio de San Pelayo: fundado a mediados do século XVI. Desde 1990 e tras unha restauración, alberga a Facultade de Xeografía e Historia.

Palacios e casas palacianas[editar | editar a fonte]

Casa das Cunchas.
Vista nocturna do Palacio de Monterrey.
  • Casa de las Conchas: construíuse a finais do século XV. De estilo gótico civil, a súa fachada está decorada cunhas 350 cunchas de vieira, distintivo da orde de Santiago. Tamén son importantes as reixas góticas das fiestras. Alberga unha biblioteca pública.
  • Casa de Diego Maldonado: palacio plateresco do século XVI. Alberga a Fundación Cultural Hispano-Brasileira e o Centro de Estudos Brasileiros da Universidade de Salamanca.
  • Casa de doña María la Brava: edificio gótico do século XV, prototipo das mansións nobres da época. A súa propietaria, María de Monroy, foi a cabeza dun dos dous bandos nos que se dividiu a cidade no século XV. Cortou a cabeza dos asasinos dos seus fillos. Está localizada na Praza dos Bandos.
  • Casa Lis: palacete modernista de 1905 con fachada de ferro. Construído sobre a muralla. Alberga as coleccións de art nouveau e art déco doadas por Manuel Ramos Andrade.
  • Casa das Mortes (principios do s. XVI): construída por Juan de Álava, e chamada así polas caveiras que decoran a fachada.
  • Casa do Rexedor Ovalle (s. XVIII): onde finou Miguel de Unamuno.
  • Casa de Santa Tareixa (s. XVI): aquí viviu a santa cando visitou Salamanca en 1570 para fundar un convento e aquí escribiu o poema Vivo sin vivir en mí.
  • Casa da Terra (s. XV): portalón con arco de medio punto, ventá de trazaría gótica. Sede da Cámara de Comercio e Industria de Salamanca.
  • Casa das Vellas (s. XVII): antigo asilo para pobres, sede da Filmoteca Rexional de Castela León. Exposición permanente de aparatos relacionados co cinema e a súa historia, propiedade do cineasta salmantino Basilio Martín Patino.
  • Fonda Veracruz: patio con galerías de madeira en forma de rúa sen saída. Escola de hostelaría.
  • Palacio de Arias Corvelle (s. XV): fachada esgrafiada moi similar á de San Boal. Alberga a Escola de Nobres e Belas Artes de San Eloy.
  • Palacio de Castellanos (ss. XV–XVI): palacio dos Marqueses de Castellanos, que se comezou a construír a finais do século XV, se ben a súa fachada data de finais do XIX, combinando os estilos gótico e neoclásico. Cun potente patio gótico interior, este edificio funciona como hotel.
  • Palacio de Garci Grande (s. XVI): portada renacentista e xanelas achaflanadas na esquina únicas na cidade. Sede da Caixa de Aforros (Caja Duero).
  • Palacio de Monterrey: construíse no século XVI e é de estilo plateresco. Pertence á casa de Alba e destacan nel as súas torres e as chemineas. Só se construíu un dos catro bloques que compoñían o conxunto ideado inicialmente.
  • Palacio de Orellana (s. XVI): edificio de arquitectura clasicista con influencias manieristas. Destaca o patio con forma de L e a escaleira.
  • Palacio de Rodríguez de Figueroa (1545): posúe interesantes fachadas ás rúas Concejo e Zamora e patio interior. Actualmente Casino de Salamanca.
  • Palacio de La Salina (1546): renacentista, obra de Rodrigo Gil de Hontañón. Desde 1884 é a sede da Deputación Provincial.
  • Palacio de San Boal (s. XV): fachada decorada con esgrafiados. Foi Escola de Comercio e posteriormente facultade de empresariais. Desde 1999 é Centro Cultural Hispano-Xaponés da Universidade de Salamanca. Na mesma praza atópase a igrexa de San Boal (s. XVII).
  • Palacio de Solís (s. XV): neste palacio celebrouse a voda entre Filipe II e María Manuela de Portugal en 1543. Actualmente é sede de Telefónica.
  • Torre do Aire: é o único que fica do palacio dos duques de Fermoselle, construído no século XV. Posúe belas ventás góticas. Actualmente é unha residencia de estudantes.
  • Torre de El Clavero (século XV): resto dun palacio, ao parecer construído por Francisco de Sotomayor, Clavero Maior da Orde de Alcántara, por 1470. O corpo inferior é cuadrangular, mentres que o superior é octogonal adornado con oito torrecillas cilíndricas.
  • Torreón dos Anaya (s. XV): antiga casa señorial de estilo gótico civil na que destaca a ventá aximezada e o patio de tres lados. Durante anos foi a sede do Instituto de Estudos de Iberoamérica e Portugal da Universidade de Salamanca, tamén coñecido como Palacio de Abrantes.

Museos[editar | editar a fonte]

Exterior do Museo Art Nouveau e Art Déco. Casa Lis.
  • Museo de Art Nouveau e Art Déco
  • Museo de Historia da Cidade
  • Museo do Comercio
  • Casa Museo Unamuno
  • Museo de Historia da Automoción
  • Museo de Salamanca
  • Museo Catedralicio
  • Museo do Convento de San Esteban
  • Museo Universitario - Biblioteca da Universidade
  • Coleccións da Universidade
  • Museo Taurino
  • Colección do Convento das Úrsulas
  • Museo do Convento de Santa Clara
  • Museo Teresiano
  • Casa Museo de Zacarías González. Casa onde viviu e pintou Zacarías González, na rúa Alarcón.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Teatro Bretón (destruído).
  • Cova de Salamanca. Situada na costa de Carvajal, onde se di que o diabo ensinaba maxia negra.
  • Mercado de Abastos (18991909). Situado na antiga Praza da Verdura. Construído en ferro.
  • Ponte romana. Dos seus arcos, quince son romanos do século I. Nas súas proximidades atópanse a igrexa románica mudéxar de Santiago (de reconstrución moderna) e o touro de pedra que se cita no Lazarillo de Tormes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Castilla y León Económica" Febreiro de 2009-Nº153
  2. "MIRAT Historia Antecedentes". Consultado o 2011. 
  3. Eva Cañas (2010). "Los estudiantes de español dejan cada año en la capital 48 millones de euros". tribuna.net. Consultado o 2011. 
  4. "Salamanca: enseñanza de español mueve 46 millones de euros". Salamanca 24 horas. 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2011. Consultado o 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Portugal Porto
Países Baixos Rotterdam

Capital Europea da cultura
xunto con Bélxica Bruxas

2002
Sucesor:
Austria Graz