Casa Milà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada da Casa Milà

A Casa Milà, tamén coñecida como "La Pedrera", é un edificio modernista que se localiza no Paseo de Gracia de Barcelona, na esquina coa rúa de Provenza. Foi deseñada por Antoni Gaudí por encarga do comerciante Pere Milà i Camps, e foi construída entre os anos 1906 e 1910; foi moi polémica no seu momento, por mor das atrevidas formas onduladas da fachada de pedra e os ferros forxados retorcidos que decoran as balconadas e xanelas, deseñados en gran parte por Josep Maria Jujol, quen tamén proxectou algúns dos ceos rasos de xeso. No ano 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente é a sede da Fundación Caixa Cataluña, a cal xestiona as diversas exposicións e actividades que se fan no seu interior.