Mundo Deportivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mundo Deportivo
Fundación 1906
Xénero Información deportiva
País Cataluña Cataluña
Cidade Barcelona
Ámbito Nacional
Lingua Castelán
Periodicidade Diaria
Prezo 1

El Mundo Deportivo é un xornal deportivo catalán editado en lingua castelá en Barcelona polo Grupo Godó (grupo ao que tamén pertence o xornal La Vanguardia). O seu director delegado é o xornalista Santi Nolla e o director xerente, Óscar Rodríguez.[1] Céntrase principalmente en informar acerca da actualidade futbolística, e en especial a do FC Barcelona.

Características[editar | editar a fonte]

É o diario deportivo máis antigo de España e o segundo de Europa; ten máis de 366.000 lectores exclusivos en España, dos cales máis de 220.000 en Cataluña. Ofrece, ademais da información polideportiva, un especial seguimento ao Atlético de Madrid (Mundo Atlético) e ao deporte vasco, especialmente ao Athletic Club (Mundo Deportivo Bizkaia) e á Real Sociedad (Mundo Deportivo Gipuzkoa).

A principios de xullo de 1999 presentou un novo deseño no seu formato: cunha edición máis colorida, máis páxinas, mellores fotos, unha nova cabeceira e cambio de nome, pasando a omitir o artigo 'El' na súa denominación.[2] No ano 2006 celebrou o seu centenario, organizando varios actos nos que participaron grandes deportistas (como Ronaldinho e Pelé) e grandes autoridades de España como os Príncipes de Asturias, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.

Mundo Deportivo colabora, polo demais, na organización da carreira pedestre máis antiga de España, a Jean Bouin de Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina web do Grupo Godó
  2. Anuncio do cambio de formato. Mundo Deportivo (hemeroteca en internet), 5 de xullo de 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]