Lingua catalá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Catalán (Català/Valencià) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | ||
| Rexión: | Europa | |
| Total de falantes: | máis de 9,5 millóns | |
| Posición: | - | |
| Clasificación xenética: | Indoeuropeo Linguas itálicas Linguas romances linguas galorromances Catalán |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Andorra. Cooficial en Cataluña, Valencia e Illas Baleares | |
| Regulado por: | Institut d'Estudis Catalans Acadèmia Valenciana de la Llengua |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | ca | |
| ISO 639-2: | cat | |
| ISO/DIS 639-3: | cat | |
| SIL: | CAT | |
![]() |
||
O catalán é unha lingua románica falada no norleste da Península Ibérica (Lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares), no oriente de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia) e na cidade sarda de Alguer e na zona do Carxe (Murcia) carece de oficialidade. É a máis diferente das linguas romances ibéricas debido á súa adscrición á póla galorrománica, polo que está emparentada filoxeneticamente co francés e o occitano.
Índice |
[editar] Características do catalán
As seguintes características son algunhas das mutacións do latín que se foron facendo durante a consolidación do catalán, aínda que tamén se mostra outras características xerais.
[editar] Vocalismo
Características comúns co grupo chamado galorrománico:
- Caída das vogais átonas finais excepto -A (MURU, FLORE > mur, flor) que a opón ao grupo iberorrománico que conserva a vogal no primeiro caso (muro, pero non en flor/chor) ou italorrománico que o conserva todo (muro, fiore).
Características comúns co occitano:
- O catalán presenta maior riqueza de diptongos: ([aj] mai -nunca-, [ej] rei -eh interxección-, [aw] cau -cae-, [ew] beu -bebe-, [ow] pou -pozo-, ...)
Características que o opón ao galorrománico:
- Conservación do son -u- latino (catalán lluna, occitano luna ['lyno], francés lune ['lyn].
Características que o opón ao occitano (de xeito xenérico):
- Redución do ditongo AU a O aberto (CAULIS, PAUCU > col -col-, poc -pouco-).
Características do sur de Romania occidental:
- O grupo -ACT- convértese en -ET (LACTE, FACTU > llet -leite-, fet -feito-)
[editar] Consonantismo
Característica da Romania occidental:
- Sonorización de -P-, -T-, -C- intervocálicas en -b-, -d-, -g- (CAPRA, CATENA, SECURU> cabra, cadena, segur)
Características comúns co conxunto chamado galorrománico:
- Mantemento dos grupos iniciais PL, CL, FL- (PLICARE, CLAVE, FLORE> plegar, clau, flor). Esta característica opón o catalán ás linguas iberorrománicas (en castelán llegar, en galego/portugués chegar)
- Como no francés e no occitano, prodúcese unha sonorización de fonemas xordos finais cando o primeiro fonema da seguinte palabra é unha vogal ou é unha consoante sonora. Estas sonorizacións afectan aos fonemas [s], [t], [p], [ʃ], [k] e [tʃ] convertíndose en [z], [d], [b], [ʒ], [g] e [dʒ]. Exemplos (en pronunciación valenciá): "els homes" (os homes) [els] e [ɔmes] -> [el'zɔmes]; "peix bo" (peixe bo) [pejʃ] e [bɔ] -> [pejʒ'bɔ]; "blat bord" (trigo silvestre) [blat] e [boɾ(t)] -> [blad'boɾ(t)].
Características comúns co occitano (lenguadociano máis precisamente)
- Caída de -N intervocálico convertido en final no léxico (PANE, VINU> pa -pan-, vin -viño-). A diferenza do lenguadociano, o plural conserva este [n] (ex: pans, vins) excepto nalgunhas falas setentrionais.
- Enxordecemento das consoantes finais: verd [t], àrab [p]...
Características específicas:
A característica máis peculiar do catalán é o seguinte que case non se atopa en ningunha outra variedade da Romania:
- -D- intervocálico convertido a final pasa a -u (PEDE, CREDIT > peu -pé-, (ell) creu -cre-)
- -C e, i, final > -u (CRUCEM > creu -cruz-)
- As terminacións -TIS na flexión verbal (2a persoa do plural) derivaron a -u (Exemplo: mirades. MIRATIS > *miratz > *mirau > mirau/mireu.
Outras características, tamén orixinais, teñen unha extensión superior ás linguas románicas.
- Redución dos grupos consonánticos -MB-, -ND-> -m-, -n- (CAMBA, CUMBA, MANDAR, BINDA> cama -ant. cama, perna-, coma -coma-, manar -mandar-, bena -venda-), característica compartida co occitano gascón e o lenguadociano meridional.
- Palatalización do L- inicial (LUNA, LEGE> lluna -lúa-, llei -lei-). Esta característica atópase no foixeño (occitano) e na zona astur-leonesa.
- Palatalización do grupo -NN- (ANNUS > any -ano-, CANNA> canya -cana-), característica compartida co castelán.
- Palatalización de -is- procedente de -X-, SC- (COXA, PISCE> cuixa -coxa-, peix -peixe-)
- Mantemento de africadas protorrománicas de J, G e, i (JACTARE, GELARE> gitar -deitar-, gelar -xear-)
- Presenza de xeminadas: setmana [mm], cotna [nn], espatlla [ʎʎ] (ou espatla [ll]), intel•ligent [ll]. Estas só son comúns ao occitano e ás variedades itálicas.
[editar] Morfoloxía
- Unha parte do catalán (Baleares, Costa xerundense) conservou o artigo chamado "salat" (< latín IPSE), probablemente anterior á forma derivada de ILLE. Esta forma de artigo só se conservou de xeito dominante no sardo e está en perigo, se non desapareceu, nalgunhas áreas da Provenza e de Sicilia.
- Os artigos máis usuais (e normativos) son el, la, els, lles (agora ben, en falas occidentais, no norte de Castelló e no alguerés perduran aínda as formas masculinas lo, los).
- Contrariamente ás variedades iberorrománicas, o catalán practica certas elisiones. Algunhas se escriben, como o home > l'home, e outras son orais: "quinze anys" [kin'zaɲs]
- O feminino plural fórmase con "-es" (casa > cases)
- Existe a formación do pretérito mediante perífrasis cunha conxugación especial do presente do verbo "anar" -ir-.
[editar] Sistema de escritura
O sistema de escritura tamén presenta certas características particulares. O catalán presenta unha característica única, a escritura da -l- geminada: -l•l- (como en intel•ligent -intelixente-). A outra característica é a -ny- [ɲ] (equivalente ao "ñ") que só se atopa de xeito xeral no húngaro. Tamén cabe comentar a grafía -ig [t∫] representada en poucas palabras (como faig -fago-, maig -maio-, mig -medio-, puig -monte-, raig -raio-, roig -vermello-, vaig -vou-, veig -vexo-) ou a "t consoante" para a representación de consoantes dobres con: tm, tn, tl, tll, ou africación: tg i tj (setmana, cotna, atles, bitllet, jutge, platja).
[editar] Variedades dialectais
Do mesmo xeito que as demais linguas románicas da Peninsula, o catalán é notable pola súa uniformidade e as variantes dialectais non son demasiado diverxentes nin comprometen a comprensión mutua. A división dialectal usada actualmente é a que Manuel Milá e Fontanals propuxo xa no ano 1861: o bloque dialectal oriental (que inclúe os dialectos central, insulares e de Franza) e o bloque dialectal occidental (que inclúe o valenciano e o noroccidental). Pero ata entre estes grandes grupos a diferenza é pequena, e as discrepancias afectan máis ben á fonética (as vogais non acentuadas), que xa que logo non se reflicten na escritura, e a pequenas variantes morfolóxicas e léxicas.
Os bloques dialectais non se poden delimitar con exactitude porque entre un e outro sempre hai unha faixa de transición, máis ou menos ampla (excepto nos insulares, obviamente). Ademais, ningún bloque é totalmente uniforme: calquera dos que hai pódense dividir en varios dialectos. Aténdose a iso, a lingua catalá pódese dividir en dous bloques dialectais e en subdialectos:
|
|
[editar] Estándares do catalán
Existen dous estándares principais para a lingua catalá, o regulado polo Institut d'Estudis Catalans, o estándar xeral, tendo como centro a ortografía establecida por Pompeu Fabra coas características do catalán central máis a proximado ao de Barcelona, non influenciado polo castelán, e o regulado pola Acadèmia Valenciana de la Llengua, estándar de ámbito restrinxido, centrado na estandarización do valenciano tomando como basee as Normas de Castelló, ou sexa, a ortografía de Pompeu Fabra pero máis adaptada á pronuncia do catalán occidental e ás características dos dialectos valencianos.
O estándar do IEC, a parte de ter como base as características do catalán central, toma tamén características doutros dialectos considerándoos como estándar. Aínda así, a diferenza máis notable de ambos os estándares é a acentuación de moitas "e" tónicas, por exemplo: francès ou anglès (IEC) - francés ou anglés (AVL), cafè (IEC) - café (AVL), conèixer (IEC) - conéixer, comprèn (IEC) - comprén (AVL) (inglés, francés, café, coñecer, comprende). Iso é debido á diferente pronuncia dalgunhas "e" tónicas, en ambos os bloques do catalán (no bloque oriental pronúncianse e aberto [ɛ] e ao occidental pronúncianse pechado [e]). A pesar disto, o estándar da AVL mantén o acento aberto "è", sen pronunciarse aberto no bloque occidental, nalgunhas palabras como son: què, València, èter, sèsam, sèrie e època.
Tamén hai outras diverxencias como o uso de tl nalgunhas palabras pola AVL no canto de tll como en ametla/ametlla (améndoa), espatla/espatlla (costas) ou butla/butlla (bula), o uso dos determinantes demostrativos elididos (este, eixe) do mesmo xeito que os reforzados (aquest, aqueix) ou o uso de moitas formas verbais comúns no valenciano, e moitas delas estendidas polo bloque occidental, como as formas do subxuntivo ou a escritura dos incoativos tanto con -ix- como con -eix- ou o uso preferente do morfema -e da 1a persoa singular do presente de indicativo na 1a conxugación (-ar), xa que as outras conxugacións o morfema é -ø: "jo compre", "jo tem", "jo dorm".
Nas Illas Baleares úsase o estándar do IEC adaptado ao marco dialectal pola sección filológica da Universidade das Illas Baleares, o órgano consultivo do Goberno balear. Deste xeito, por exemplo, o IEC indica que tanto é correcto escribir "cantam" como "cantem" (cantamos) e a Universidade determina que a forma preferente nas Illas ten que ser "cantam" ata nos ámbitos formais. Outra característica do estándar balear és a escritura da 1a persoa do singular do presente de indicativo, onde non hai desinencia: "jo cant" (eu canto), "jo tem" (eu temo), "jo dorm" (eu durmo).
No Alguer, o IEC adaptou o estándar ao variedade algueresa. Neste estándar pódese atopar, entre outras características, o artigo lo de uso xeral, posesivos especiais la mia, lo sou/la sua, lo tou/la tua, etc., uso da -v- ao pretérito imperfecto en todas as conxugacións: cantava (cantaba), creixiva (crecía), llegiva (lía); uso de moitas palabras de carácter arcaico de uso moi corrente no alguerés: manco por menys (menos), calqui u por algú (alguén), qual/quala por quin/quina (cal), etc. e adaptacións dos pronombres clíticos.
[editar] Desenvolvemento histórico
Como en todas as linguas romances, o cambio do latín vulgar ao catalán foi gradual e non é posible determinar en que momento comeza. Segundo Coromines, os trocos máis radicais deberon producirse nos séculos VII e VIII, pero é difícil sabelo con precisión porque os textos escribíanse exclusivamente nun latín artificioso, alleo á lingua de uso. Xa no século IX e sobre todo nos séculos X e XI, aparecen palabras e ata frases enteiras intercaladas en algo que xa se pode denominar catalán. Desde 1150 hai xa numerosos documentos escritos e cara a finais do século XII aparece o primeiro texto literario coñecido, as Homilías de Organyà, un fragmento dunha colección de sermóns.
O catalán xorde a ambos os dous lados dos Pireneos (condados do Rosellón, Ampurias, Besalú, a Cerdaña, Urgell, Pallars e Ribagorza) e estendeuse cara ao sur durante a Reconquista en varias fases: Barcelona e Tarragona, Lérida e Tortosa, o antigo Reino de Valencia, as Illas Baleares e Alguer.
[editar] Falantes no mundo
[editar] Territorios onde a lingua ten status oficial
| Territorio | Enténdena | Saben falala |
| Cataluña | 6.502.880 | 5.698.400 |
| País Valenciano | 3.448.368 | 2.407.951 |
| Illas Baleares | 852.780 | 706.065 |
| Andorra | 62.013 | 57.395 |
| Alguer | 34.525 | 26.000 |
| TOTAL | 10.900.566 | 8.895.811 |
[editar] Territorios onde a lingua non ten status oficial
| Territorio | Enténdena | Saben falala |
| Cataluña do Norte | 256.583 | 145.777 |
| Franxa de Ponente | 50.406 | 49.398 |
| Carxe (Murcia) | Sen datos | Sen datos |
| Resto do mundo | 350.000 | 350.000 |
| TOTAL | 656.989 | 545.175 |
[editar] Total
| Territorio | Enténdena | Saben falala |
| Países Cataláns | 11.207.555 | 9.090.986 |
| Resto do mundo | 350.000 | 350.000 |
| TOTAL | 11.557.555 | 9.440.986 |
[editar] Ver tamén
| Linguas e variedades románicas |
|---|
| aragonés | arromanés | asturleonés (incluído o mirandés) | borgoñón | castelán (incluído o ladino) | catalán | dálmata* | emiliano-romagnolo | francés | francoprovenzal | friuliano | galego (incluído a fala de Estremadura) | galó | istriarromanés | italiano | ladino | lorrenés | ligur | lombardo | mozárabe* | occitano | megleno-arromanés | napolitano | normando | picardo | piemontés | poitevino-saintongeais | portugués | retorrománico | romanés | sardo | siciliano | valón | véneto |
| * lingua extinguida |


