Testemuñas de Xeová
Testemuñas de Xehová é o nome dun grupo relixioso internacional que promove e practica unha relixión entendida polos seus adherentes como unha restauración do modo de vida e ideas orixinais dos primeiros cristiáns do século I. Basean as súas crenzas na Biblia, usando para iso preferentemente a New World Translation of the Holy Scriptures (edición publicada pola propia organización) aínda que tamén aceptan e citan outras traducións bíblicas. Para a interpretación e estudo empregan as publicacións editadas polas diferentes sociedades que os representan legalmente (denominadas comunmente como "Sociedade Watchtower"), cuxos exemplos máis coñecidos son as revistas La Atalaia: Anunciando o Reino de Xeová e Espertade!, que tamén distribúen publicamente.
Historia [editar]
Orixinada a finais do século XIX en Estados Unidos, segundo o "Informe mundial das Testemuñas de Xeová: Ano de servizo 2006" están presentes en douscentos trinta e seis países e entidades territoriais. O total de individuos practicantes na organización é de 7.782.346 (estatística de agosto de 2012).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial (en inglés) e outras 500 linguas.
- Asociación de axuda ós afectados polas ensinanzas dos Testigos Cristianos de Xehová