Lorca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lorca
Escudo de lorca.png Bandera de Lorca.png
Situación xeográfica
Lorca.png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Murcia Rexión de Murcia
Provincia: Murcia Murcia
Comarca: Alto Guadalentín
Xeografía
Altitude: 353 msnm
Superficie: 1.676 km²
Poboación
Poboación total: 92.869 hab. (INE 2011)
Densidade de poboación: 55,41 hab./km²
Xentilicio: Lorquino/na
Información
Código postal: 30800
Alcalde: Francisco Jódar (PP)
Sitio na web: www.lorca.es

Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da península Ibérica. Conta con 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².

Castelo de Lorca.

Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.

Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". O seu casco antigo e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo o primeiro da Rexión de Murcia con esta distinción.

O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.[1]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: