Isabel II de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel II de España

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Isabel II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Isabel Luisa de Borbón Editar o valor em Wikidata
10 de outubro de 1830 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 1904 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Monarca de España
29 de setembro de 1833 – 30 de setembro de 1868 (Revolución de 1868)
← Fernando VIIAmadeu I de España →
Xefe de Estado de España
29 de setembro de 1833 – 30 de setembro de 1868
Grande Mestre da Orde de Santiago
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de España
Rei de Navarra
Príncipe de Asturias
Raíña de Galicia
Queen of Granada (en) Traducir
Rei de León
Rei de Aragón
Rei de Castela
Infanta de España
Lista dos reis de Jerusalém (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrancisco de Asís de Borbón (1846–1902)
FillosInfante Luis, Prince of Asturias (en) Traducir, Fernando Francisco de Bourbon (pt) Traducir, Isabel de Borbón y Borbón, Maria Cristina de Bourbon (1854) (pt) Traducir, Infanta Margarita of Spain (en) Traducir, Infante Francisco de Asís, Prince of Asturias (en) Traducir, Afonso XII de España, Maria da Conceição de Bourbon (pt) Traducir, Maria de Pilar, Infanta de Espanha (pt) Traducir, Maria da Paz, Infanta de Espanha (pt) Traducir, Eulália (pt) Traducir, Infante Francisco de Asís of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFernando VII Editar o valor em Wikidata  e María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias Editar o valor em Wikidata
IrmánsAgustín Muñoz, Duque de Tarancón (pt) Traducir, Luísa Fernanda de Bourbon (pt) Traducir, Maria Amparo Muñoz e Bourbon (pt) Traducir, Infanta María Luisa Isabel of Spain (en) Traducir e Juan Muñoz y de Borbón, Conde de Recuerdo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCarlos María Isidro de Borbón (tío paterno) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
25 de xuño de 1870abdication of Elizabeth II of Spain (en) Traducir
20 de xuño de 1833Oath of Princess Isabella of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourbon-124 Find a Grave: 8857569 Editar o valor em Wikidata


Isabel II[1] de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isabel II de España era filla do rei Fernando VII e da súa cuarta dona, a súa sobriña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel chegou ao trono o 29 de setembro de 1833, despois da morte do seu pai, cando tiña tres anos de idade. O nacemento de Isabel e a chegada ao trono supuxeron o inicio dun longo conflito na familia, pois o seu tío, Carlos María Isidro de Borbón, até entón herdeiro da coroa, non aceptou que Isabel fose nomeada Princesa de Asturias e máis tarde Raíña.

Nos primeiros anos de reinado, cando Isabel era nena, a súa nai asumiu o trono até 1840. Neste período tivo lugar a Primeira Guerra Carlista (1833 - 1840). Dende 1840 até 1843 foi rexente o xeneral Espartero, que finalmente foi obrigado a deixar a rexencia.

Aos trece anos, Isabel foi declarada maior de idade, e cando cumpriu os 16 anos, o goberno concertou o seu matrimonio co seu primo infante Francisco de Asís de Borbón.

Segundo Benito Pérez Galdós, Isabel odiaba o seu marido, que segundo dicían era bisexual ou homosexual. A raíña dixo o seguinte na súa noite de vodas: "¿Que le diré de un hombre que llevaba en su camisón encajes como yo?". É moi posible que Isabel non tivese ningún fillo con Francisco, senón cos seus diversos amantes, entre eles Enrique Puig Moltó, quen moitos ven como pai de Afonso XII.

Isabel tivo outros fillos como Isabel de Borbón e Borbón, coñecida como "La Chata", e a infanta Eulalia, moi criticada polas súas accións subidas de ton.

Isabel, denominada A raíña dos tristes destinos marchou a Francia en 1868, tralo triunfo da revolución coñecida como A Gloriosa, e en Francia deixou o trono para dar paso ao seu fillo Afonso XII.

Isabel viviu até a súa morte en Francia, onde foi testemuña da Primeira República Española e do reinado e a morte do seu fillo Afonso. Foi soterrada no Mosteiro do Escorial xunto co seu marido en 1904.

Reinado[editar | editar a fonte]

Isabel II reinou durante un período de transición en España. Na etapa na que reinou, moitas colonias españolas de Latinoamérica conseguiron a independencia. Moitas veces os políticos manipulábana, xa que interfería na política da nación.

Isabel II nunha moeda de 1864. Gravador: Marchionni.

Modernizou notablemente o país coa construción de liñas de ferrocarril, a apertura de universidades pechadas polo seu pai etc.

A política exterior foi frutífera durante a Unión Liberal (1858 - 1863), coa anexión de territorios de Marrocos, o recoñecemento da posesión de Guinea Ecuatorial, a conquista de Saigón, o mantemento en Cuba, Filipinas, as Carolinas, as Marianas etc.

Notas[editar | editar a fonte]