Badaxoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°52′59″N 6°58′0″W / 38.88306°N 6.96667°W / 38.88306; -6.96667

Badaxoz
Flag of Badajoz.svg Provincia de Badajoz - Escudo.svg
La Giraldilla.jpg
A Xiralda de Badaxoz
Situación xeográfica
Badaxoz en España
Badaxoz
Badaxoz
Badaxoz en Provincia de Badaxoz
Badaxoz
Badaxoz
País España España
Comunidade Autónoma Estremadura Estremadura
Provincia Badaxoz
Comarca Terra de Badaxoz
Xeografía
Altitude 184 msnm
Superficie 1.470 km²
Poboación
Poboación 148.334 hab. (2008)
Densidade 100,91 hab./km²
Xentilicio Pacense, Badaxocense
Información
Código postal 06001 - 06012
Alcalde Francisco Javier Fragoso Martínez (PP)
Páxina web www.aytobadajoz.es

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en galego antigo: Badallouce) é unha cidade capital da provincia de Badaxoz, a máis meridional das dúas provincias de Estremadura. En 2008 tiña 148.334 habitantes.

Badaxoz está situado á beira do río Guadiana, e é a porta de entrada natural a Portugal desde a Meseta Central. Badaxoz é a cidade máis grande de Estremadura. Situada ó suroeste de España, conta cunha importante infraestrutura de estradas que a unen con cidades como Sevilla (a 200 km) ou a Autovía de Estremadura que a une con Madrid (a 400 km) e Lisboa (a 200 km).