Troita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Troita
Troita arco iris
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Xéneros
Oncorhynchus
Salmo
Salvelinus

A troita é un peixe de forma alongada, pertencente á mesma familia do salmón (Salmonidae). Pode ter até cerca de 100 cm de lonxitude total e pesar até 18,8kg. O dorso ten cor que varía do verde ao castaño, sendo as laterais acinzentadas e a parte inferior abrancazada. Ten pintas escuras nas nadadeiras e no corpo.

É orixinaria do hemisferio norte: Estados Unidos e Canadá e foi, no entanto, introducida en todos os continentes. No Brasil, a súa introdución ocorreu principalmente nos ríos dos planaltos das rexións Sudeste e Sur. Unha característica que fai que a troita non estea máis deseminada é que precisa augas cristalinas, frescas, puras e ben oxixenadas para sobrevivir. Estas características encóntranse principalmente en ríos de montañas.

É unha especie carnívora, alimentándose de insectos e outros peixes.

En Galicia habita de forma natural en todos os ríos, preferindo os cursos altos e medios, xa que están máis osixenados. Debido á pesca abusiva, a contaminación, á extracción de áridos, á eliminación dos bosques das ribeiras dos ríos e á construción de encoros e minicentrais é unha especie en regresión.

Os truticultores opinan que a primeira necesidade para unha crianza eficiente de troitas é a achega abundante de auga de boa calidade, o que significa un fluxo en torno de 1000 m³/día, pH neutro ou lixeiramente alcalino, mais de 20 mg de oxíxeno por litro de agua, unha temperatura inferior a 15°C e a ausencia de cloro e nitratos na agua, entre outros contaminantes).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Troita

Especies[editar | editar a fonte]