Iraq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
الجمهورية العراقية
Al-Yumhūriyya al-‘Irāqiyya
República de Iraq
Bandeira de Iraq Escudo de Iraq
Bandeira Escudo
Lema: Allahu akbar
Deus é máis grande
Himno nacional: Mawtini
 
Iraq (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Bagdad
5.672.516 hab. (2005)
Cidade máis poboada Bagdad
Linguas oficiais
Árabe e curdo[1]
Forma de goberno República parlamentaria Federal
Jalal Talabani
Nuri Al Maliki
Independencia
- do Imperio Otomán
- do Reino Unido

1 de outubro de 1919

3 de outubro de 1932
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 58º
437.072 km²
1,1 %
3.631 km km
58 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 44º
26.783.383
55 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 61º
US$ $89,800 millóns
US$ $2,900
IDH (1999) 0,567
Moeda Dinar iraquí (IQD)
Xentilicio Iraquí[2]
Fuso horario
 • en verán
UTC + 3
UTC + 4
Dominio de Internet .iq
Prefixo telefónico +964
Prefixo radiofónico HNA-HNZ / YIA-YIZ
Código ISO 368 / IRQ / IQ
Membro de: ONU, OPEP
Tódolos países do mundo

Iraq[2] (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe:Jumhoriatiraq.ogg [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.[3]

Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudí polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten un franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro leste. Os dous grandes ríos do país, o Tigris e o Éufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara o sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.

Iraq era coñecido antigamente polo topónimo grego Mesopotamia (Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o berce da civilización e o lugar onde apareceu a escrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas acadio, sumerio, asirio, e babilónico. Formou parte dos imperios medo, aqueménida, helenístico, parto, sasánida, romano, rashidun, umayyad, abbásida, mongol, safávida, afsárida e otomán. Por outra banda, estivo baixo dominio británico como Mandato da Sociedade de Nacións.[4] Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o xiísmo: Najaf e Karbala.[5]

Os seus límites modernos foron establecidos en 1920 pola Sociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo o Tratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e o Reino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois da invasión de 2003 liderada polos Estados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. A presenza americana en Iraq rematou no 2011.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio onde se atopa actualmente Iraq coincide aproximadamente coa antiga Mesopotamia. No -539, Ciro II o Grande, rei de Persia conseguiu o control da rexión que permaneceu baixo o mandato persa ata a súa conquista por Alexandre Magno no ano -331. Trala morte de Alexandro, a dinastía Seléucida de orixe grega reinou en Mesopotamia durante 200 anos.

Seguiu un longo período baixo as novas dinastías persas (Arsácidas e Sasánidas) ata que os árabes musulmáns invadiron a rexión no ano 700. Bagdad foi a capital dos califas Abasís. Despois do saqueo de Bagdad polos mongois en 1258, turcos e iranianos disputáronse a supremacía na rexión, ata que finalmente o Imperio Otomán tomou o control no século XVII.

En outubro de 2002 un referendo ratificou a permanencia do ditador Saddam Hussein á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense George W. Bush insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da ONU acordadas despois da Guerra do Golfo de 1991. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. A comezos de 2003 os EUA tornaron a acusar ó réxime de Saddam de estar incumprindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas ós inspectores, co que comezaron a chamada Guerra de Iraq.

Estados Unidos foi acumulando forzas militares nos arredores de Iraq, e o 19 de marzo de 2003 apoiado por diversos países comezou outra guerra do golfo que durou até o 2011.

Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente por mor dos ataques dos insurxentes. As vítimas militares estadounidenses superan as 2.000 e as vítimas civís iraquís poden superar o 30 mil.

Tralas eleccións lexislativas de 2005, Jalal Talabani (kurdo) é elixido Presidente, estará acompañado por dous vicepresidentes, un xiíta e outro sunnita.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Provincias de Iraq[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 437.073 km², aproximadamente o tamaño de California. A capital é Bagdad, de 3,8 millóns de habitantes (1986). Outras cidades importantes son Basora, Mosul, Kirkuk, As-Sulaymānīya ou Irbil.

Iraq está dividido en 18 provincias (muhafazat, singular: muhafazah):

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Iraq.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iraq Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]