Sáhara Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
الصحراء الغربية
As-Ṣaḥarā' al-Ġarbiyya
Sáhara Occidental
Bandeira de Sáhara Occidental
Bandeira
 
LocationWesternSahara.svg
 
Capital
 • Poboación
El Aaiún
183.691 (2004)
Cidade máis poboada El Aaiún
Linguas Árabe, Francés (territorios ocupados por Marrocos), español (territorios administrados pola RASD)
Forma de goberno Ocupación militar
anexión
Por Marrocos
27 de febreiro de 1976
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 77º
266.000 (2003est. ) km²
desprezable
km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade

382,617( 2007 est.)
1´3 hab/km² hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH n/d
Moeda Peseta Saharaui (RASD) - Dirham (territorios ocupados por Marrocos)
Xentilicio Saharaui
Fuso horario UTC +0
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico +00212 (código de Marrocos)
Prefixo radiofónico non asignado
Código ISO
Tódolos países do mundo

O Sáhara Occidental é un territorio de África, no extremo occidental do deserto do Sahara. Foi unha antiga colonia española. O seu proceso de descolonización foi interrompido no ano 1976 cando a súa potencia colonizadora, España, abandonou o Sáhara occidental en mans de Marrocos e Mauritania (conforme o disposto nos Acuerdos de Madrid). Actualmente atopase ocupada case na súa totalidade por Marrocos, aínda que a soberanía marroquí sobre o mesmo non está recoñecida polas Nacións Unidas e é rexeitada polo grupo armado Fronte Polisario, que proclamou a independencia deste territorio co nome de República Árabe Saharaui Democrática (RASD) no 1976. A RASD administra de facto a zona do Sáhara Occidental non controlada por Marrocos, que denomina oficialmente o territorio como Provincias Meridionais.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia do Sáhara Occidental.

A poboación saharauí, antes da chegada dos europeos, organizábase en grupos de familias (fahed) que se agrupaban en cabilas, que constituían a unidade social básica dos saharauís, e que ligaba a un grupo unido por un lazo de parentesco patrilineal, que con frecuencia entraban en conflito entre si e que deu orixe a numerosas guerras tribais ata o século XX. A tribo máis importante era a dos Erguibat. Fóra da división tribal quedaban os maalemin (artesáns), iggaugen (trobadores), abid (escravos ) e haratin (libertos).

Reclamada como colonia por España en 1885, a ocupación efectiva do territorio non se realizou até 1934. Trala Marcha Verde, a metrópole cedeu o territorio en 1976 a Marrocos e Mauritania, mais a Fronte Polisario proclamou a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), iniciando unha guerra que remataría en 1991 á espera dun referendo que Marrocos se negou en repetidas ocasións a convocar.

[editar] Goberno e política

De acordo cun informe xurídico (documento S/2002/161) dirixido o Presidente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, e datado o 29 de xaneiro do 2002, segundo indica no seu sexto parágrafo:

O 14 de novembro de 1975 España, Marrocos e Mauritania emitiron en Madrid unha declaración de principios sobre o Sahara Occidental (o “Acordo de Madrid”), con arranxo o cal as facultades e responsabilidades de España, como Potencia administradora do Territorio, transferíronse a unha administración temporal tripartita. O Acordo de Madrid non transferiu a soberanía sobre o Territorio nin conferiu a ningún dos signatarios a condición de Potencia administradora, condición que España, por si soa, non podería transferir unilateralmente. A transferencia da autoridade administrativa sobre o Territorio a Marrocos e Mauritania no 1975 non afectou á condición internacional do Sahara Occidental como Territorio non autónomo.

Segundo o Dereito Internacional, xuridicamente a soberanía e a administración do Sáhara Occidental seguirían en mans de España, se ben dende a firma dos Acordos de Madrid, non levou a cabo ningunha acción en tal sentido. O administrador de facto da maior parte do territorio é Marrocos. O resto atópase controlado pola autoproclamada República Árabe Saharaui Democrática (RASD). A RASD está recoñecida pola Unión Africana e por 46 países no mundo, a maioría deles africanos ou latinoamericanos. O último en facelo foi a República de Nicaragua o 12 de xaneiro do 2007. A RASD non está recoñecida nin pola ONU nin pola Liga Árabe nin por ningún país europeo nin ningún membro permanente no Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

As pretensións do Marrocos respecto a sua "integridade territorial" (o que podería ser interpretado como apoio a sua reivindicación sobre o Sáhara Occidental) son apoiadas por 25 estados e pola Liga Árabe [3] . Porén, ningún país recoñece formalmente a anexión, como recoñece o Informe do Secretario Xeral da ONU sobre a situación relativa o Sahara Occidental (19 de abril do 2006):

[...] xa que iso implicaría o recoñecemento da soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, cousa que estaba fora de calquera consideración, dado que ningún Estado Membro das Nacións Unidas recoñecería dita soberanía.

A República Árabe Sahauri Democrática ten un goberno no exilio, localizado a Tindouf, Alxeria. A maior parte do territorio do Sáhara Occidental está ocupado militarmente por Marrocos, o resto é administrado pola RASD.

[editar] Organización político-administrativa

Antigamente dividíase en Saguia el Hamra (capital: El Aaiún) e Río de Oro (capital Dakhla, antiga Villa Cisneros). Outras poboacións importantes son Smara ou La Güera (ou La Agüera).

Marrocos dividiu o Sahara Occidental en catro provincias: Boujdour (Boxador), Laâyoune (El Aaiún), Es-Smara (Smara) e Qued Eddahab (Río de Oro). Tras a reorganización de 1997, o territorio do Sahara Occidental pertence a tres rexións marroquís (Oued Ed-Dahab - Lagouira, Laâyoune - Boujdour - Sakia El Hamra e Guelmin - Es-Semara). As dúas últimas inclúen tamén territorio de Marrocos (unha pequena parte de Cabo Juby aquela e unha gran parte do sur de Marrocos estoutra).

[editar] Xeografía

O Sáhara Occidental atópase localizado en África do Norte, limitando ao norte co océano Atlántico, entre Mauritania (leste e mais sur) e Marrocos (norte). Limita tamén ao nordeste con Alxeria.

Atravesado polo trópico de Cáncer, o territorio está ocupado polo deserto do Sáhara, sendo unha parte erg (deserto de area) e outra de pedra.

A escasa vexetación só medra nos oasis. Existen algunhas especies de animais adaptadas ao árido hábitat desértico, como o rato brincante do deserto.

Mapa do Sáhara Occidental

[editar] Economía

O Sahara Occidental non posúe precipitacións abondo como para abastecer á maioría das actividades agrícolas, a agricultura só se practica ocasionalmente, tras as chuvias en zonas de terra vexetal. A súa economía céntrase no pastoreo nómade de camelos, cabras e ovellas, a pesca e a minería. Especial releve ten a minería de fosfato, principal produto de exportación. Nos últimos tempos compañías petrolíferas internacionais levan a cabo exploracións na costa en busca de reservas de gas ou petróleo. A maioría dos alimentos para a poboación urbana debe ser importada. Todo o comercio e outras actividades económicas son controladas polo goberno de Marrocos. Os ingresos e estándares de vida atópanse substancialmente por debaixo dos de Marrocos.

[editar] Demografía

A poboación do Sahara Occidental, os saharauís, son na súa maior parte unha poboación mixta, descendentes dos Beni Hassan, unha tribo beduína árabe do Iemen que arredor do século XV chegan ao Sahara Occidental, e de tribos bérberes, existe tamén una escasa minoría de ascendencia española ou europea, e de raza negra. Unha parte da poboación saharauí orixinaria (arredor de 155.000) atópase refuxiada en campamentos en Alxeria dende 1975. O país está ocupado maioritariamente por marroquís chegados despois de 1975 e polo exército.

O Sahara Occidental é un dos territorios máis escasamente poboados do mundo e posiblemente o de menor densidade de poboación[Cómpre referencia]. Cara a xullo de 2004 existía no Sahara Occidental unha poboación estimada de 267.405 persoas.

O idioma oficial é o árabe, o hassaniya é o dialecto que se fala popularmente. O español tamén ten unha certa presenza no territorio, sobre todo entre a poboación que se educou durante a colonia española.

A relixión predominante é o islam.

[editar] Cultura

Artigo principal: Cultura do Sáhara Occidental.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas