Mulhacén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cara norte do Mulhacén comezado o ascenso pola súa ladeira oeste

O Mulhacén, con 3.478 msnm, é a montaña máis alta da Península Ibérica. Está situado na provincia de Granada, no sur de España e pertence a Serra Nevada, na cordilleira Penibética. O seu nome vén de "Muley Hacén", castelanización do nome de Mulay Hasan, penúltimo rei nazarí de Granada no século XV, do que se di foi enterrado nesta montaña.

Aínda que a súa altura non é excepcional, o Mulhacén é o pico máis alto de Europa fora do Cáucaso e os Alpes (as illas Canarias e Groenlandia, con picos máis altos, pertencen politicamente a Europa, pero xeograficamente son parte de África e Norteamérica, respectivamente). É tamén o terceiro pico máis prominente de Europa Occidental, despois do Mont Blanc e o Monte Etna e ocupa o posto 64 na clasificación mundial de prominencia. O pico non é espectacular en termos de accesibilidade ou relevo. O lado sur da montaña é suave,[1] e non presenta retos técnicos, do mesmo xeito que no caso de lado oeste. O lado norte, de acceso máis curto, é lixeiramente máis abrupto.

Ascensión[editar | editar a fonte]

Vista do pico Veleta desde o cume do Mulhacén. Abaixo obsérvase a Lagoa da Caldera, situada baixo o pico próximo do Puntal da Caldera.

O Mulhacén pode escalarse nun só día desde as vilas de Capileira ou Trevélez, pero é máis común pasar unha noite no refuxio montañoso de Poqueira[2] ou no de Caldera, ao oeste.

As condicións para o ascenso no inverno poden ser duras, o que provocou algúns accidentes.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]