Lope de Vega
Félix Lope de Vega y Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635, foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.
Traxectoria [editar]
Chamado o Fénix dos enxeños por algúns e o Monstro de Natureza por Miguel de Cervantes, creou a «fórmula» do teatro clásico español do Barroco, e na actualidade as súas obras continúan representándose en festivais de teatro clásico. É tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e a súa pegada na cultura española continúa viva.
Foi autor de 3.000 sonetos, 3 novelas, 4 novelas curtas, 9 epopeas, 3 poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1.800 segundo Juan Pérez de Montalbán); cultivou todos os xéneros literarios, a excepción da novela picaresca. A vida e obra de Lope de Vega foron dunha exuberancia extrema. Foi amigo de Quevedo e de Alarcón.
Desgrazadamente, tampouco Lope foi refractario aos versos insultantes para con Galiza e os galegos tan comúns entre os escritores españois do momento, coma o propio Quevedo ou Luis de Góngora. Sirvan como exemplo estas aldraxes que lle adica á muller galega[1]:
Lista de obras[2] [editar]
- Las ferias de Madrid (comedia, 1587)
- El remedio en la desdicha (comedia, 1596)
- La Dragontea (epopea, 1598)
- La Arcadia (novela, 1598)
- La quinta de Florencia (comedia, 1598-1603)
- El Isidro (epopea, 1599)
- Fiestas de Denia (epopea, 1599)
- El vaquero de Moraña (comedia, 1599/1603)
- Romancero general (poesía, 1600)
- La hermosura de Angélica, con otras diversas rimas (poesía, 1602)
- La prueba de los amigos (comedia, 1604)
- La discreta enamorada (comedia, 1604-08)
- Rimas (poesías, 1604)
- El peregrino en su patria (novela, 1604/18)
- Los melindres de Belisa (comedia, 1606/08)
- La niña de plata (comedia, 1607/12)
- Lo fingido verdadero (comedia, h. 1608)
- Rimas (poesías, 1609)
- Arte nuevo de hacer comedias en este tiempo (1609)
- La Jerusalén conquistada (epopea, 1609)
- Peribañez y el comendador de Ocaña (comedia,1609-12)
- Los ponces de Barcelona (comedia, 1610/15)
- El villano en su rincón (com. 1611)
- La discordia en los casados (comedia, 1611)
- Los pastores de Belén (novela, 1612)
- Cuatro soliloquios (poesías, 1612)
- Fuente Ovejuna (comedia, 1611-18)
- La dama boba (comedia, 1613)
- El perro de hortelano (comedia, 1613-15)
- El valor de las mujeres (comedias, 1613/18)
- Rimas sacras (poesías, 1614)
- La discreta venganza (comedia, 1615/21)
- El caballero de Olmedo (comedia, 1615-26)
- Romancero espiritual (poemas, 1619)
- Justa poética en honor de san Isidro (prosas e versos, 1620)
- Los Tellos de Meneses (com. 1620-28)
- La Filomena, prosas e versos (1621)
- Amor, pleito y desafío (comedia, 1621)
- Fiestas en la canonización de san Isidro (prosas e versos, 1622)
- La Circe con otras rimas y prosas (1624)
- Triunfos divinos, con otras rimas (poesías, 1625)
- ¡Ay, verdades que en amor! (comedia, 1625)
- Corona trágica (poesía, 1627)
- La moza de cántaro (comedia, h. 1627)
- Del monte sale quien el monte quema (comedia, 1627; Edición crítica recente no IX Premio Dámaso Alonso de Investigación Filoolóxica, patrocinado polo Concello de Ribadeo)
- Soliloquios amorosos (prosas e versos, 1629)
- Laurel de Apolo (poesías, 1630)
- El castigo sin venganza (comedia, 1631)
- La noche de San Juan (comedia, 1631)
- La Dorotea (acción en prosa, 1632)
- Amarilis (égloga, 1633)
- Rimas humanas y divinas del licenciado Tomé de Burguillos (poesía, 1634)
- Filis (égloga, 1635)
- La gatomaquia (epopea burlesca, 1634)
- Las bizarrías de Belisa (comedia, 1634)
- La Vega del Parnaso (obras póstumas 1637)
Notas [editar]
- ↑ Freixeiro Mato (2009) en García Negro, Sobre o racismo lingüístico, Eds. Laiovento
- ↑ Trátase dunha listaxe incompleta