Paio de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Paio en Covadonga
Santuario de Covadonga, gruta onde se refuxiou Paio coas súas hostes
Tumba de don Paio

Paio (baixo-latín Pelagius, en castelán Pelayo) (718? — 737), foi un caudillo militar que a historiografía española romanticista do século XIX quixo ver como fundador mítico do denominado por ela, "Reino de Asturias" e polo tanto o seu primeiro rei.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa figura idealizada como "salvador de España e de Europa" continua a ser aceptada dende a historiografía española e hispanófila máis tradicionalista. Así, o autor Sánchez-Albornoz quixo ver nel a un hispano en quien encarnaban las ancestrales virtudes de la raza (...) comenzó la lucha multisecular entre islamismo y cristiandad que fue decisiva para la forja de España. Pola contra, gran parte da historiografía galega e o revisionismo actual consideran que, supoñendo a existencia de Paio verdadeira, o seu goberno apenas se puido estender polo oriente asturiano, que nese momento formaba parte da Galicia altomedieval, tal e como dan conta a documentación cristiá e musulmá, sendo un dos moitos señores territoriais galaicos, tal e como parecen certificar as propias crónicas.

A narración de Covadonga e a figura de Paio, que aparece por primeira vez nas crónicas asturianas (fins do século IX) e logo nas musulmás, foron cualificados de mitos por Barrau-Dihigo e ese é o valor inicial que por prudencia convén outorgarlles[1]

Poucos datos se teñen do seu tempo, mais aparece citado no Testamentum Regis Aldefonsis, datado o 16 de novembro de 812, como o caudillo dunha rebelión, as crónicas posteriores dan visións diferentes e pouco fiábeis[2]. As crónicas musulmás tamén recollen a súa figura, dándolle pouca importancia, o Akhbar Machmúa fala da resistencia de trinta homes:

Un infiel (..) chamado Balaya (...) sublevouse en terra de Galicia[3]

Tamén aparece citado na posterior crónica de Al-Maqqari, que cita a Ibn Hayyan (século X):

Levantouse en terra de Galiza un asno salvaxe chamado Paio. ... os soldados non cesaron de atacalo até que non ficaron mais que trinta homes e dez mulleres.... No ano 133 morreu Paio e reinou o seu fillo Fafila.[4]

De súa muller de nome latino, Gaudiosa, tivo dous fillos, o seu sucesor, Fávila, e Ermesinda, que viría a casar con Afonso I, fillo de Pedro, dux da Cantabria.

A súa figura permanece controvertida e nos últimos anos apareceron numerosos estudos nos que se da diferente orixe e significación á súa figura, Barbero e Vigil[5] defenden que se trata do soberano dun reino autóctono independente dos visigodos, del Castillo e Montenegro[6] de alguén próximo a un suposto dux de Asturias, e outros autores fan del un visigodo non vencellado á corte mais á poboación local. A lenda tradicional, baseada nas falsificacións da época de Afonso III e o neogoticismo, seguen presentes na historiografía española máis tradicionalista e en manuais e obras xerais, aínda que con poucos estudos novos abundando nesa tese.

Orixes do nome[editar | editar a fonte]

Aínda que teñan querido facer del un nobre godo, o seu nome -que ten as variantes Pelayo (en castelán) e Paio (en galego e portugués)- é grego (Πελάγιος, «mariño»), algo común entre os indíxenas ibéricos. Talvez fose un autóctono galaico: un cronista |árabe chámalle jiliqi, «galego».

Reino de Asturias

Segue a:
Ningún
Paio de Asturias
Precede a:
Fávila
Astur-Leonesa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anselmo López Carreira: O reino Medieval de Galicia Promocións Culturais Galegas, 2005.
  2. Op. cit. páxina 153.
  3. Op. cit p.152 Tradución de cita de Maravall: El concepto de España en la edad Media, 1981.
  4. Dice Isa ben Ahmand Al-Razi que en tiempos de Anbasa ben Suhaim Al-Qalbi, se levantó en tierra de Galicia un asno salvaje llamado Pelayo. Desde entonces empezaron los cristianos en Al-Andalus a defender contra los musulmanes las tierras que aún quedaban en su poder, lo que no habían esperado lograr. Los islamitas, luchando contra los politeístas y forzándoles a emigrar, se habían apoderado de su país hasta llegar a Ariyula, de la tierra de los francos, y habían conquistado Pamplona en Galicia y no había quedado sino la roca donde se refugió el rey llamado Pelayo con trescientos hombres. Los soldados no cesaron de atacarle hasta que sus soldados murieron de hambre y no quedaron en su compañía sino treinta hombres y diez mujeres. Y no tenían qué comer sino la miel que tomaban de la dejada por las abejas en las hendiduras de la roca. La situación de los musulmanes llegó a ser penosa, y al cabo los despreciaron diciendo: «Treinta asnos salvajes, ¿qué daño pueden hacernos?». En el año 133 murió Pelayo y reinó su hijo Fafila. El reinado de Pelayo duró diecinueve años y el de su hijo dos. Después de ambos reinó Alfonso, hijo de Pedro, abuelo de los Banu Alfonso, que consiguieron prolongar su reino hasta hoy y se apoderaron de lo que los musulmanes les habían tomado. Nafh al-tib de AL-MAQQARI. Trads. LAFUENTE ALCÁNTARA, Col. «Obr. Ar. Ac. Ha.», I., p. 230 y M. ANTUÑA; C. SÁNCHEZ ALBORNOZ, Fuentes de la historia hispano-musulmana (siglo VIII), p. 232. Ver cita en instituto Cervantes virtual
  5. Barbero y Vigil "Los orígenes sociales de la Reconquista"
  6. J. MONTENEGRO y A. DEL CASTILLO, «Don Pelayo y los orígenes de la Reconquista: Un nuevo punto de vista», Híspanla, Lll/1, núm. 180, 1992, págs. 5 ss. Ante as críticas aclararon posteriormente "Lo que hemos afirmado es que don Pelayo podría ser alguien próximo al duque de Asturias" en De nuevo sobre Pelayo y el origen de la reconquista

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BRANDÃO, Frei António (1973), Monarquia Lusitana, Parte Terceira, Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, pp. 129-137.
  • MATTOSO, José (1992), “A Época Sueva e Visigótica”, in História de Portugal (dir. por José Mattoso), vol. I: Antes de Portugal, Lisboa: Círculo de Leitores.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]