Robaliza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robaliza
Robaliza.JPG
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Moronidae
Xénero: Dicentrarchus
Nome científico
Dicentrarchus labrax
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A robaliza (Dicentrarchus labrax), ou robalo (unha robaliza grande), é un peixe perciforme da familia dos Moronidae, con aletas con radios espiñosos, moi apreciados entre os pescadores polo seu exquisito sabor. Chega a medir 100 cm de lonxitude.

O corpo é alongado, ten beizos carnosos; no ángulo superior do opérculo hai dúas espiñas curtas. A cor é variante, desde gris escuro no lombo, ata chegar a ser branco na parte ventral, aínda que na auga se ve prateado brillante, máis grisallo no lombo, con reflexos verde oliva. A robaliza atópase nas costas rochosas dos areais, as desembocaduras dos ríos e sobre todo nos peiraos. Este achegamento á costa adoita ser maior nos meses de calor, afastándose no inverno. Os exemplares novos viven en bancos, volvéndose solitarios ao medraren. A profundidade á que se poden atopar é de 0 a 15 metros.

Prefiren as augas osixenadas e poden chegar a entrar en augas doces. A época de postas transcorre entre xaneiro e marzo. É moi voraz, a súa dieta componse de crustáceos, vermes, peixes, ourizos de mar e outros animais mariños, así como de algas. Este peixe é moi apreciado polo seu valor culinario e na pesca deportiva.