Tonelada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tonelada (t) ou megagramo (mg) é unha unidade de masa do sistema métrico decimal e do Sistema Internacional de Unidades. O seu nome deriva de tonel, que provén do diminutivo do francés antigo tonne, tonel grande.

Sistema internacional[editar | editar a fonte]

A tonelada métrica é o terceiro múltiplo do quilogramo e o sexto do gramo. Tamén se chama megagramo.

1 t = 1.000 kg = 103 kg
1 t = 1.000.000 g = 106 g

Múltiplos e submúltiplos[editar | editar a fonte]

Múltiplo Nome Símbolo Múltiplo Nome Símbolo
100 gramo g      
101 decagramo dag 10–1 decigramo dg
102 hectogramo hg 10–2 centigramo cg
103 quilogramo kg 10–3 miligramo mg
106 tonelada/megagramo t/Mg 10–6 microgramo µg
109 xigagramo Gg 10–9 nanogramo ng
1012 teragramo Tg 10–12 picogramo pg
1015 petagramo Pg 10–15 femtogramo fg
1018 exagramo Eg 10–18 attogramo ag
1021 zettagramo Zg 10–21 zeptogramo zg
1024 yottagramo Yg 10–24 yoctogramo yg

Outras toneladas[editar | editar a fonte]

Na náutica española, a tonelada era unha medida de capacidade igual a oito cóbados de ribeira cúbicos; é dicir, 0,1891 m³, ou 189,11 L.

Tamén se empregaba a tonelada de arqueo (ou tonelada Moorsom), para medir a cabida dunha embarcación, e que equivalía a 2,83 m³.