Renfe Operadora
Renfe Operadora é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, e é tamén a única operadora de viaxeiros do sector ferroviario español pola rede de Adif, e unha das de mercadorías.
Como o seu nome indica, é herdeira do legado de RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a chamarse Adif, Administrador de Infraestruturas Ferroviarias.
A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario[1], que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.
Índice |
Material móbil e produtos comerciais para viaxeiros [editar]
Actualmente Renfe conta co seguinte material móbil e produtos comerciais dentro das súas dúas divisións con servizos de viaxeiros:
D.G.S.P. Proximidades e Media Distancia [editar]
Proximidades [editar]
- Serie 440R
- Serie 442: unidades de ancho métrico. Operan na líña C-9 (Cercedilla - Cotos) de Proximidades Madrid.
- Serie 446
- Serie 447
- Serie 450: unidades de dous pisos con 6 coches
- Serie 451: unidades de dous pisos con 3 coches.
- Civia: consta das series 462, 463, 464 e 465 de Renfe. Son as series máis modernas de proximidades.
- Serie 592: operan nas liñas de proximidades sen electrificar.
Media Distancia / Rexionais [editar]
- Serie 432
- Serie 470
- Serie 448R
- Serie 592
- Serie 594 ou TRD
- Serie 596
- Serie 598 Nexios
- Serie 104 Avant : ofrece o servizo Avant de Media Distancia de Alta velocidade.
- Serie 114 Avant: ofrece o servizo Avant de Media Distancia de Alta velocidade.
- Serie 449: unidades eléctricas de 5 coches. En servizo desde o 14 de xullo de 2009.
- Serie 599: unidades diésel de 3 coches. En servizo desde o 8 de xullo de 2009.
Media Distancia en Galicia [editar]
En Galicia, Renfe Operadora ofrece 5 liñas de transporte de pasaxeiros:
D.G.S.P. Alta Velocidade - Longa Distancia [editar]
Inclúe tanto os antigos Grandes Liñas Renfe como os trens de Alta Velocidade. Ao principio todas as rutas prestábanse como Rápido, Expreso ou Talgo, e co paso do tempo adquiríronse novos trens que deron lugar a novos servizos.
É de destacar a incorporación ao parque móbil dos trens Talgo, que marcou unha nova era no transporte ferroviario de viaxeiros porque supuxeron unha mellora importante dos tempos de percorrido.
En 1992, coa apertura da primeira liña de alta velocidade, adquiríronse novos trens e creáronse nos anos seguintes multitude de novos servizos de longo percorrido. Nese momento algunhas rutas cambiaron de servizo, converténdose por exemplo o Intercity Madrid-Valencia en Alaris, máis rápido e de maior confort para o viaxeiro e un Diurno en Arco, mellorado para lograr maiores velocidades.
Material móbil e produtos comerciais para mercadorías [editar]
- Intermodal.
- Automóbil.
- Graneis.
- Siderúrxicos.
- Multiproducto.
Para remolcar todos estes trens utilízanse locomotoras das series 319, 333/333.3, 269, 279 (a extinguir), 289/289.1 (a extinguir), 251, 250 (a extinguir) e, desde hai pouco, a nova serie 253.
Traspaso ás comunidades autónomas [editar]
Xa en 2005 asinouse o traspaso da liña Lleida-La Pobla de Segur a Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, cun período transitorio en que Renfe Operadora prestará o servizo nunha liña da que xa non é titular Adif ata que a empresa autonómica dispoña de material móbil suficiente para prestalo, establecéndose 2010 como tope.
Estaba previsto o traspaso durante 2007 da O.N. de Proximidades Renfe ás comunidades autónomas, coa posibilidade de que poidan establecer novas liñas, e servizos de ámbito autonómico, pero non se chegou aínda a un acordo sobre este traspaso nin se asinou nada respecto diso.