Radio Nacional de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radio Nacional de España
Logo RNE.svg
Área de radiodifusión España España
Internacional
Primeira emisión 19 de xaneiro de 1937
Formato
Lingua(s) español
Clase Radio pública
Indicativo RNE
Propietario RTVE
Na rede
Webcast
Web
Twitter @//twitter.com/rne
Radio Nacional de España (rúa García Barbón, Vigo).

Radio Nacional de España (RNE) é unha sociedade mercantil estatal, financiada na súa totalidade polos Orzamentos Xerais do Estado, que se encarga da xestión directa do servizo público de radiodifusión en España.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As orixes de Radio Nacional de España están na súa fundación por José Millán-Astray en Salamanca o 19 de xaneiro de 1937 en plena Guerra Civil Española. Tendo o nome de "nacional" ao ser o nome do bando franquista. Nas súas orixes dependía da Delegación de Estado para Prensa e Propaganda. Comezou as emisións cun equipamento de 20 kW da marca Telefunken, cedido pola Alemaña nazi. As primeiras emisións eran noticiarios, novas e partes de guerra previamente redactados e censurados. Acadou grande sona durante a Guerra Civil por ser órgano oficioso do réxime e polo uso que da radio facían persoeiros como Queipo de Llano.

Durante a dictadura franquista RNE era o medio de comunicación do réxime mantendo unha estrutura centralizada e sempre ao servizo do goberno.

Desde 1973 está integrada no ente público Radiotelevisión Española (RTVE). Desde 2007 pertence á Corporación RTVE, regulada na Lei 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.

Na actualidade, Radio Nacional de España está integrada por seis cadeas de radio:

  • Radio Nacional (xeneralista).
  • Radio Clásica (música clásica e popular).
  • Radio 3 (cultura e música alternativa).
  • Ràdio 4 (xeneralista en catalán).
  • Radio 5Todo Noticias (radiofórmula informativa).
  • Radio Exterior de España (servizo público exterior).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]