Marrocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
المملكة المغربية
Al-Mamlaka Al-Magribiya
Reino de Marrocos
Bandeira de Marrocos Escudo de Marrocos
Bandeira Escudo
Lema: Allāh, al-Watan, al-Malik
(Árabe: «Deus, Patria, Rei»)
Himno nacional: Hymne Chérifien
 
Morocco and Western Sahara (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Rabat
1.200.000 (2005)
Cidade máis poboada Casablanca
Linguas oficiais
Árabe 1
Forma de goberno
Mohammed VI
Abdelilah Benkirán
Independencia
 - Declarada
de Francia/España
 2 de marzo/7 de abril de 1956
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 57º
446.550 km²
Desprezable
2.018 km
1.835 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 37º
33.757.175
70 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita
Posto 59º
US$ 137,3 mil mill.
$4.000
IDH n/d
Moeda Dirham (MAD)
Xentilicio marroquí
Fuso horario UTC
Dominio de Internet .ma
Prefixo telefónico +212
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 504 / MAR / MA
Membro de: LA, ONU, UMA

1 Tamén nalgunhas zonas se falan dialectos do bérber (tamazight), o francés é moi usual e o español fálase con frecuencia no norte e na costa sur.

Tódolos países do mundo

Marrocos (bérber: Amrruk, árabe: المغرب Al-Magrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.

Historia[editar | editar a fonte]

Agadir, Marrocos.
  • 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
  • 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
  • 1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.

O Protectorado Francés[editar | editar a fonte]

  • 1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
  • 1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
  • 1907-1910: Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
  • 1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
  • 1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.

Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

  • 1915: Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.

Sáhara occidental[editar | editar a fonte]

Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.

Política[editar | editar a fonte]

Marrocos é unha monarquía parlamentaria.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os países limítrofes son Sahara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sureste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.

Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.

A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakex, Mequínez, Tánxer ou Tetuán.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Marrocos.

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.

A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.

As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.

A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.

Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, A Hoseima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marrocos

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]