Balaitus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Balaitus visto desde o oeste

O Balaitus (Balaïtous en francés, Pico Os Moros en aragonés, Vathleitosa en occitano) é un macizo granítico dos Pireneos, situado na fronteira entre España e Francia, que marca o comezo polo Oeste dos Altos Pireneos. O pico Balaitus (de 3.144 metros de altura) é o primeiro dos Pireneos que excede os 3.000 m desde a costa atlántica. Parece que o seu nome provén do occitano gascón "vath" (val) e "leitosa" (lechosa). Outra denominación é de Mamure, que se traduciu en abundante cartografía española como Pico dos Mouros, nome que non conta con tradición.

Sitúase entre o español Val de Tena (Sallent de Gállego) e o francés Val d'Azun.