As Médulas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°28′10″N 06°46′15″W / 42.46944°N 6.77083°W / 42.46944; -6.77083

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
As Médulas
Panorámica de Las Médulas.jpg
Vista panorámica das Médulas
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1997
País: España España
Localización: 42º28'10"N 6º46'15"O
Rexión: Europa e América do Norte
Tipo: Cultural
Criterios: i, ii, iii, iv
Descrición UNESCO: fr en
Vista aérea da zona

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 20.000 libras de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5.000.000 de libras (= 1.635.000 kg). Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de , o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1.500.000 kg de mineral.

Outros estudos, baseados na terra extraída, falan de 10.000 ou 20.000 homes, contando con subministradores, gardiáns, etc.

Os astures xa tiñan explotado algo, lavando as lamas e as areas. De seguro os romanos comezaron en época de Octavio Augusto.

Plinio comenta que é menos temerario buscar perlas e púrpura no fondo do mar que sacar ouro destas terras.

Conta a lenda que o lago de Carucedo se formou co estancamento da auga empregada para a explotación.

A extracción veuse favorecida por:

  • Ser terras de aluvión con pebidas de ouro.
  • Ter moita auga e pendente para producir o arrastre.
  • Existir pendentes cara o río Sil para os desaugues.

Como chegar[editar | editar a fonte]

Pola estrada Vigo - Ourense a Ponferrada. Pasado Santalla, tómase un camiño á esquerda que leva ata o alto do castelo de Cornatel (vese desde a estrada), templario, onde se desenvolve a novela de Enrique Gil y Carrasco "El Señor de Bembibre". Desde aí vese o lago de Carucedo. Chégase a Carucedo e de alí a Orellán para ver As Médulas dende o mirador.

As Médulas teñen activo un túnel que se pode atravesar, sentindo un pouco mellor as circunstancias de explotación, ata un mirador sobre o baleiro.

Método de extracción[editar | editar a fonte]

As Médulas.

Usábase o chamado ruina montium, consistente na captación da auga existente por medio de canles, almacenándoa en depósitos para utilizala despois. É un sistema espectacular neste caso, pola cantidade de auga usada, lonxitude e ramificacións de canles. Hoxe coñecese o trazado, e pódese visitar parte aínda que é imprescindible un guía e un casco para a cabeza.

Unha das moitas captacións era na vertente noreste do monte Teleno. No pico, a unha altura de 2.000 m, acumulábase a neve que, derretida, chegaba ó río Cabo (afluente do Cabreira). Este río alimentaba as 7 canles que, bordeando a montaña, chegaban ós estanques. As canles podían ter unha lonxitude de 300 km cunha pendente entre 0,6 % e 1%. O ancho era de 1,28 m, excepto nas curvas, nas que acadaba 1,60. O alto, 90 cm. En lugares, a canle entra baixo as penas como túnel. A construción das canles foi a parte máis difícil e custosa da explotación.

A auga chegaba ós depósitos escavados no terreo, e a terra amoreabase arredor, formando taludes. Tiñan comportas para facer a distribución hídrica. Algunhas canles subsisten hoxe en día como camiños, podéndose percorrer con guías.

Este traballo de enxeñaría e a posterior extracción de ouro supuxo un atentado contra o medio ambiente na época, mais non se ten constancia de que na época teña sido visto como tal. Hoxe é Patrimonio da humanidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]