Protocolo de Quioto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Protocolo de Quioto sobre o cambio climático é un convenio sobre cambio climático, auspiciado pola ONU dentro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) e asinado en 2002 pola Unión Europea, que ten como obxectivo que os países industrializados reduzan as súas emisións de CO2 nun 8% por debaixo do volume de 1990, xa que os que están en vías de desenvolvemento non teñen ningunha restrición, como é o caso de China, India, Brasil, por citar os máis contaminantes. O seu nome formal en inglés é Kyoto Protocol To the United Nations Framework Convention on Climate Change.
Índice |
[editar] Historia
O Protocolo de Quioto é consecuencia dunha serie de eventos iniciada coa Conferencia sobre o Cambio Atmosférico de Toronto (outubro de 1988), seguida polo Primeiro Informe de Valoración do IPCC en Sundsvall, Suecia (agosto de 1990) e que culminou coa Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC) na ECO-92 no Río de Xaneiro, Brasil (xuño de 1992). Tamén reforza algunhas seccións da UNFCCC.
Discutido e negociado en Quioto no Xapón en 1997, foi aberto para sinaturas o 16 de marzo de 1998 e ratificado o 15 de marzo de 1999. Oficialmente entrou en vigor o 16 de febreiro de 2005[1].
O compromiso será de obrigatorio cumprimento cando o ratifiquen os países industrializados responsables de, polo menos, un 55% das emisións de CO2. Coa ratificación de Rusia, en marzo de 2005, despois de conseguir que a UE pagase a reconversión industrial, así como a modernización das súas instalacións, en especial as petroleiras, o protocolo entrou en vigor.
Pola súa parte, o goberno dos Estados Unidos (tanto con Bill Clinton, como con George W Bush), négase a ratificar o protocolo.
[editar] Contido
O obxectivo principal é loitar contra os efectos do cambio climático. Segundo as cifras da ONU, prevese que a temperatura media da superficie do planeta aumentará entre 1,4 e 5,8°C de aquí a 2100, malia que os invernos son máis fríos e violentos. Isto coñécese como quentamento global. "Estes cambios repercutirán gravemente no ecosistema e nas nosas economías", sinala a Comisión Europea sobre Quioto.
No protocolo constituíuse un tratado internacional con compromisos máis ríxidos para a redución da emisión dos gases que provocan o efecto invernadoiro, considerados, de acordo coa maioría das investigacións científicas, como causa do quecemento global.
Nel propúñase un calendario polo cal os países desenvolvidos terían a obriga de reducir a cantidade de gases contaminantes en, polo menos, 5% ata 2002, en relación aos niveis de 1990. Posteriormente, os países signatarios terán que pór en práctica planos para reducir a emisión deses gases entre 2008 e 2012.
A redución das emisións deberá acontecer en varias atividades económicas. O protocolo estimula os países signatarios a cooperaren entre si, a través dalgunhas accións básicas:
- Reformar os sectores de enerxía e transportes;
- Promover o uso de fontes enerxéticas renovables;
- Eliminar mecanismos financeiros e de mercado inapropriados aos fins da Convención;
- Limitar as emisións de metano no xestionamento de residuos e dos sistemas enerxéticos;
- Protexer as florestas e outros sumidouros de carbono.
Se o protocolo de Quioto fose implementado e tivese éxito, estímase que reducirá a temperatura global entre 0,02 ºC e 0,28 ºC no ano 2050.
[editar] Notas
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/16/100000063936.shtml?idioma=galego Zapatero anuncia a revisión do Plan Enerxético Nacional