Antitauromaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acto antitaurino en Murcia en 2009.

Coñécese como antitauromaquia ao rexeitamento á tauromaquia, é dicir, ao acto de facer corridas de touros ou outros espectáculos ou festexos utilizando a estes animais.

As corridas de touros, no seu sentido moderno, nacen en España no século XVIII e desde entón espertaron críticas e desatado polémicas, incluíndo prohibicións esporádicas, desde as súas mesmos comezos ata a actualidade. Os argumentos dos seus detractores cambiaron ao longo do tempo, segundo o momento histórico, e tivo xustificacións moi variadas: relixiosas, morais, económicas, estéticas, políticas e culturais entre outras.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Manifestación antitaurina en Pontevedra.

En Galicia existe unha plataforma antitaurina, fundada en 2008, chamada Galicia, Mellor Sen Touradas, cuxo obxectivo é eliminar as escasas corridas de touros que se realizan nunha Comunidade con pouca afección á "festa nacional". Pontevedra é a única capital de provincia que ten unha praza de touros en activo, aínda que se realizan corridas noutras poboacións como A Coruña ou Padrón, ambas con subvención municipal.

Segundo Gallup, o 86% dos galegos rexeitarían ou aborrecerían os festexos taurinos, unha das maiores oposicións á tauromaquia en España.

En 2010 Galicia, Mellor Sen Touradas iniciou unha campaña para declarar o maior número de municipios abolicionistas, baixo o nome "Queres declarar a túa cidade abolicionista?". De xaneiro a xullo, foron 5 as localidades galegas contrarias aos festexos taurinos: Cangas, Vedra, Dodro, A Pobra do Brollón e Teo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: antitauromaquia