Alemaña - Deutschland

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Alemaña)
Bundesrepublik Deutschland
República Federal de Alemaña
Bandeira de Alemaña Escudo de Alemaña - Deutschland
Bandeira Escudo
Lema nacional: Einigkeit und Recht und Freiheit (alemán: «Unidade e xustiza e liberdade»)
Himno nacional: Das Lied der Deutschen
 
 
Capital
 • Poboación
Berlín
3.426.000 (2005)
Cidade máis poboada Berlín
Linguas oficiais Alemán 1
Forma de goberno
Presidente de la República
Cancillera federal
Horst Köhler
Angela Merkel
Fundación
Unificación
República Federal
Reunificación

18 de xaneiro de 1871
23 de maio de 1949
3 de outubro de 1990
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 61º
357.021 km2
2,416
3.621 km
2.389 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 14º
82.310.000
242 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 3º
US$ 3.045.900 millóns
US$ 38.226 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 5º
US$ 2.605.370 millóns
US$ 31.571
Moeda Euro 2
Xentilicio Alemán, alemá
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio Internet .de
Prefixo telefónico +49
Prefixo radiofónico DAA-DRZ, Y2A-Y9Z
Código ISO 276 / DEU / DE
Membro de: UE, ONU, OTAN, CBSS, OSCE, OCDE, G-8

1 Tamén están oficialmente recoñecidos e protexidos coma linguas minoritarias o danés, o baixo alemán, o sórabo, o romaní e o frisón.
2 Antes de 1999: marco.

Tódolos países do mundo

Alemaña (en alemán: Deutschland) é un estado federal da Europa central membro da Unión Europea. Alemaña está limitada ao norte polo Mar do Norte, por Dinamarca e polo Mar Báltico, ao leste por Polonia e pola República Checa, ao sur por Austria e por Suíza e ao oeste por Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. A capital de Alemaña é Berlín. A lingua nacional é o alemán.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Alemaña

O alemán é o sentimento de pertenza á nación alemá existente dende hai máis de mil anos, mais o país coñecido agora como Alemaña só foi unificado en 1871 en Versalles, cando o imperio alemán, dirixido pola Prusia, foi constituido. Alemaña formou un imperio con pobos de diferentes orixes nacionais por máis de 50 anos. Este foi o segundo "Reich" alemán. "Reich" é traducido xeralmente por "Imperio" mais pode tamén significar "Reino".

Tras a Segunda Guerra Mundial estivo dividida en dous estados a raíz da súa partición en catro administracións subordinadas a EUA, Reino Unido, Francia (que formarían a chamada Alemaña Occidental, República Federal de Alemaña) e URSS (que formaría no seu territorio a chamada Alemaña Oriental, República Democrática Alemá)

[editar] Política

Imaxe do Reichstag, O parlamento alemán
Imaxe do Reichstag, O parlamento alemán

Alemaña é unha democracia constitucional federal, cuxo sistema político foi creado como a constitución de 1949, chamada Grundgesetz (Lei Básica). Ten un sistema parlamentario no que o xefe de goberno, o Bundeskanzler (Chanceler), é eleito polo parlamento

O parlamento, chamado Bundestag (Asemblea Federal), é eleito de catro en catro anos por voto popular, usando un complexo sistema que combina o voto directo con representación proporcional. Os 16 Bundesländer (Estados) están representados federalmente no Bundesrat (Consello Federal), que ten palabra no proceso lexislativo. Nos últimos tempos, ten habido algunha controversia sobre o feito de que o Bundestag e o Bundesrat bloquearan decisións un do outro, o que dificulta a acción efectiva do goberno.

A función do xefe de Estado é do Bundespräsident (Presidente Federal), cuxos poderes están limitados apenas a funcións cerimoniais e de representación do Estado. O Bundespräsident é eleito pola Bundesversammlung que engloba tódolos membros do Bundestag e o mesmo número de membros enviados polos parlamentos do Länder (Landtage).

O brazo xudicial inclúe ó Tribunal Constitucional, chamado Bundesverfassungsgericht, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.

[editar] Xeografía

Artigo Principal: Xeografía de Alemaña

Paisaxe alpina no sur de Baviera.
Paisaxe alpina no sur de Baviera.

Alemaña esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte e do mar Báltico no norte. Polo medio, esténdense as terras altas, boscosas, da Alemaña central e as terras baixas da Alemaña do norte (o punto máis baixo é o Neuendorfer/Wilstermarsch, con -3.54 m), atravesadas por algúns dos maiores ríos da Europa, como o Rhin, o Danubio e o Elba.

A República Federal ten fronteiras ao norte coa Dinamarca, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e a Suíza e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos.

O clima é por veces imprevisíbel. No verán, un día pode ser quente e solarengo e o día seguinte frío e chuvioso. De tódolos xeitos, son extremamente raras as condicións climáticas verdadeiramente extremas, como secas severas, tornados, tempestades de sarabia, frío ou calor extremos, etc. Houbo dúas inundacións de grande escala nos últimos anos, mais en xeral tamén estas son raras. Non hai noticia de sismos destrutivos.

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Alemaña

Imaxe de Frankfurt, o centro financeiro da Alemaña
Imaxe de Frankfurt, o centro financeiro da Alemaña

Alemaña é a terceira economía mundial en termos de PIB (Produto Interior Bruto) (despois dos EEUU e do Xapón). A economía alemá é unha economía de mercado. A seguridade social ten un peso moi grande na economía e os alemáns teñen dereitos sociais moi amplos. Os sistemas de Seguridade Social teñen unha longa tradicción, que se remonta ao goberno de Bismark, nos finais do século XIX. Hai un conxunto de sistemas (ou caixas) que reciben contribucións dos seus membros (unha porcentaxe dos rendimentos) e cobran os custos (por exemplo as facturas de consultas médicas) sempre que sexa necesario, nun sistema semellante ao dos seguros (Ver por exemplo Berufsgenossenschaft, o sistema que cobre os accidentes de traballo e doenzas profesionais). Actualmente, o goberno Social Demócrata (SPD) está a tentar reformar a seguridade social co obxectivo de reducir o seu peso sobre a economía. A reunificación tivo un impacto significativo no crecemento de ambas partes de Alemaña.

[editar] Demografía

Imaxe dos rañaceos de Frankfurt
Imaxe dos rañaceos de Frankfurt

Alemaña con 82 millóns de habitantes é o segundo país de Europa en poboación, superado apenas por Rusia. A afluencia á zona occidental de alemáns de outros pontos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica.

A maior parte da poboación descende de diversos grupos xermánicos que se estabeleceran na rexión centroeuropea no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os celtas e os eslavos. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste. A chegada de inmigrantes á Alemaña occidental na segunda metade do século XX compensou as perdas humanas ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xoves do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como xudeus, eslavos e dinamarqueses, así como franceses descendentes dos hugonotes fuxidos do seu país a finais do século XVII.

Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobretodo nas décadas de 1960 e 1970, eran principalmente turcos, iugoslavos, italianos, gregos, españois e portugueses. Na Alemaña oriental, que constituiu un país autónomo de 1949 a 1990, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns de alemáns expulsados de Polonia, de Checoslovaquia e de Hungría. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas.

A interrupcción do crecemento da poboación e mesmo a redución desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas do século XX, tanto na zona occidental como na oriental. Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación xove, en consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida.

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura de Alemaña.

Alemaña é a miúdo chamado Das Land der Dichter und Denker (a terra de poetas e pensadores)[1]. A cultura alemá comezou moito antes do surximento de Alemaña como nación-estado e abranguiu a toda a zona de fala alemá. Dende os seus alicerces, a cultura en Alemaña formouse polas principais correntes intelectuais e populares en Europa, tanto relixiosas como laicas. Como resultado, é difícil identificar unha determinada tradición alemá separada do marco máis amplo da alta cultura europea. Outra consecuencia destas circunstancias é o feito de que algunhas figuras históricas, tales como Wolfgang Amadeus Mozart e Nicolás Copérnico, entre outras, aínda que non foron cidadáns de Alemaña no sentido moderno, deben ser considerados no contexto do eido cultural alemán para comprender o seu traballo.

En Alemaña desenvolvéronse algúns dos principais compositores de renome da Música clásica europea, con inclusión de Johann Sebastian Bach, Ludwig van Beethoven, Johannes Brahms e Richard Wagner. Dende o ano 2006, Alemaña constitúe o quinto mercado da música no mundo e influíu na música pop e rock a través de artistas como Kraftwerk, Scorpions e Rammstein.

Blaues Pferd I, Franz Marc (1911)
Blaues Pferd I, Franz Marc (1911)

Numerosos pintores alemáns gozaron de prestixio internacional a través do seu traballo en diversas correntes artísticas. Hans Holbein o Mozo, Matthias Grünewald, e Alberto Durero eran importantes artistas do Renacemento, Caspar David Friedrich do Romanticismo, e Max Ernst do surrealismo. Entre as contribucións alemás na arquitectura inclúense os estilos carolinxio e Otoniano, que son importantes precursores do románico. A rexión máis tarde converteuse no sitio das obras importantes en estilos como o gótico, renacentista e barroco. Alemaña é especialmente importante nos primeiros movemento modernos, sobre todo a través do movemento Bauhaus fundado por Walter Gropius. Ludwig Mies van der Rohe converteuse nun dos máis renomeados arquitectos do mundo na segunda metade do século XX. A fachada de vidro en rañaceos foi a súa idea[2].

[editar] Filosofía

A literatura alemá remóntase á Idade Media e as obras de escritores como Walther von der Vogelweide e Wolfram von Eschenbach. Diversos autores e poetas alemáns gañaron gran renome, incluíndo Johann Wolfgang von Goethe e Friedrich Schiller. As coleccións de contos populares publicados polos Irmáns Grimm popularizou o folclore alemán no plano internacional. A influencia de autores do século XX inclúen Thomas Mann, Bertold Brecht, de Hermann Hesse, Heinrich Böll e Günter Grass.

A influencia de Alemaña na filosofía é historicamente significativa e moitos notables filósofos alemáns contribuíron a dar forma á filosofía occidental dende a Idade Media. Gottfried Leibniz e as súas contribucións ao racionalismo, Immanuel Kant, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Friedrich Wilhelm Joseph Schelling e Johann Gottlieb Fichte que forxaron o idealismo, Karl Marx e Friedrich Engels formularon a teoría comunista, Arthur Schopenhauer desenvolvo a composición de pesimismo metafísico, Friedrich Nietzsche desenvolvo o Perspectivismo, a obra de Martin Heidegger en Ser e Tempo, e o das teorías sociais Jürgen Habermas foron especialmente influentes.

[editar] Medios de comunicación

Alemaña é o mercado de televisión máis grande de Europa, cuns 34 millóns de fogares que dispón de televisión. As numerosas cadeas públicas rexionais e nacionais organízanse de acordo coa estrutura política federal. Ao redor do 90% dos fogares alemáns teñen cable ou televisión por satélite, e os telespectadores poden elixir entre unha variedade de libre acceso pública e as canles comerciais.

O país é o fogar dalgúns dos máis grandes conglomerados de medios de comunicación, incluíndo Bertelsmann e a editorial Axel Springer.

[editar] Cine

O Berlinale Palast durante o festival do ano 2007
O Berlinale Palast durante o festival do ano 2007

O cine alemán foi especialmente influente durante os anos da República de Weimar cos expresionistas alemáns como Robert Wiene (O gabinete do Doutor Caligari) e Friedrich Wilhelm Murnau.

A época nazi produciu obras significativas como a pelicula Münchhausen (1943) ou o controvertido traballo da directora Leni Riefenstahl.

Durante o período 1970-1980 directores como Volker Schlöndorff, Werner Herzog, Wim Wenders, Rainer Werner Fassbinder colocaron o cine alemán de volta na escena internacional coas súas películas a miúdo provocadoras.

Máis recentemente, películas como Das Boot (1981), Lola rennt (1998), Good bye, Lenin! (2003), Gegen die Wand (2004), Der Untergang (2004) e Das Leben der Anderen (2007) gozaron de éxito internacional.

O Festival de Cine de Berlín, celebrado anualmente dende 1951, é un dos festivais de cine mais prestixiosos. A cerimonia anual dos Premios do Cine Europeo celébrase cada dous anos na cidade de Berlín, onde se atopa a Academia do Cine Europeo. Os estudos Babelsberg, en Potsdam, son os máis antigos de grande escala no mundo e constitúen un centro internacional para a produción de películas.

[editar] Deporte

Ver artigo principal: Deporte en Alemaña.
O Allianz Arena, estadio do Bayern München, foi utilizado durante o Mundial de Fútbol Alemaña 2006
O Allianz Arena, estadio do Bayern München, foi utilizado durante o Mundial de Fútbol Alemaña 2006

A participación de Alemaña nos Xogos Olímpicos foi unha das máis destacadas desne que se realiza este evento. O país organizou os Xogos Olímpicos de Verán en 1936 e en 1972 Alemaña Occidental fixo o propio.

A Federación Alemá de Deportes (DSB) conta con preto de 27 millóns de membros. Segundo datos desta organización, aproximadamente a terceira parte da poboación do país realiza a práctica deportiva a través dun club ou asociación nalgunha das preto de 127.000 instalacións de carácter deportivo que existen no territorio.

Pola súa banda a Federación Alemá de Fútbol (DFB) conta con máis de 26.000 clubs, totalizando 6 millóns de membros, a membresía máis grande de calquera federación deportiva no mundo[3].

Michael Schumacher sete veces Campión do Mundo na Fórmula 1
Michael Schumacher sete veces Campión do Mundo na Fórmula 1

O arraigamento deste deporte fixo que a Selección de fútbol de Alemaña consiga tres títulos mundiais (en 1954, 1974 e 1990); e tres Eurocopas (1972; 1980 e 1996). Así mesmo o país foi sede dos campionatos mundiais de 1974 e 2006.

A nivel de clubs destacan equipos como o Bayern Munich, o máis loureado do país e á súa vez, un dos clubs máis grandes de Europa. O seu maior fito foi o gañar tres Copas de Europa de xeito consecutivo (1974, 1975 e 1976. Posteriormente gañaría no ano 2001). Tamén están o Hamburgo SV, o Borussia Dortmund, clubs que tamén gañaron a Copa de Europa, en 1983 e 1997, respectivamente; aparte doutros campións europeos como o Bayer Leverkusen, Borussia Mönchengladbach, Werder Bremen e Schalke 04.

Alemaña tamén se destaca no fútbol feminino, categoría na que conquistou dúas coroas de campioa do mundo 2003 e 2007.

En canto ao automobilismo, Alemaña é unha das nacións principais a nivel mundial. Con numerosos automóbiles gañadores de carreiras como condutores alemáns. Precisamente o máis exitoso condutor de fórmula 1 na historia é o alemán Michael Schumacher.

Tamén o ciclismo é un deporte popular en Alemaña e un dos mellores ciclistas dos tempos recentes, Jan Ullrich, gañou o Tour de Francia en 1997 e finalizou segundo en cinco ocasións.

Para rematar, Alemaña obtivo dúas medallas de ouro en Campionatos masculinos de Hockey Herba en Mundial de 2002 e Mundial de 2006 e na categoría Campionato Feminino obstenta dúas medallas de ouro nos torneos de 1976 e 1981.

[editar] Gastronomía

Ver artigo principal: Gastronomía de Alemaña.

A cociña alemá varía enormemente dunha rexión a outra. As rexións do sur de Baviera e Suabia, por exemplo, comparten unha cultura culinaria con Suíza e Austria. Carne de porco, carne de vacún, e aves de curral son as principais variedades da carne consumida en Alemaña, coa carne de porco como a máis popular. Ao longo de todas as rexións, a carne adoitase comer en forma de salchicha. Máis de 1.500 diferentes tipos de salchichas prodúcense en Alemaña. Os chamados alimentos orgánicos teñen unha cota de mercado no país de ao redor do 3,0% e prevese que sexa unha tendencia crecente[4].

Un dito popular en Alemaña é: «Almorzar como un emperador, comer como un rei e cear como un esmoleiro». O almorzo é usualmente unha selección de cereais e mel ou marmelada con pan. Algúns alemáns comen embutidos ou queixo con pan para o almorzo. Máis de 300 tipos de pans son coñecidos en todo o país.

Ao ser un país de inmigrantes, Alemaña adoptou moitos pratos internacionais. Pratos italianos como a pizza e a pasta, ou turcos e árabes como o kebab están ben establecidos, sobre todo nas cidades máis grandes. Os restaurantes chineses e gregos están tamén considerablemente espallados ao longo do país.

Aínda que o viño é cada vez máis popular en moitas partes de Alemaña, a bebida nacional é a cervexa. De feito o coñecido festival Oktoberfest está adicado a esta bebida. En Alemaña o consumo de cervexa por persoa está diminuíndo, pero con 116 litros por ano está aínda entre os máis altos do mundo. De 18 países occidentais enquisados, o consumo per cápita de refrescos resultou ser inferior á media (14ª na lista), mentres que o consumo de mollo de froitas é un dos máis altos (terceiro na lista).

[editar] Estados

Artigo principal: Estados de Alemaña

Alemaña está dividida en 16 estados federados (Bundesländer, singular Bundesland).

Mapa dos Estados da Alemaña
Mapa dos Estados da Alemaña
Estado Capital en Alemán
Baden-Württemberg Stuttgart Baden-Württemberg Stuttgart
Baviera Munich Bayern München
Berlín Cidade-Estado Berlín Stadtstaat
Brandemburgo Potsdam Brandenburg Potsdam
Bremen (inclúe Bremerhaven) Bremen Bremen Bremen
Baixa Saxonia Hanover Niedersachsen Hannover
Hamburgo Cidade-Estado Hamburg Stadtstaat
Hesse Wiesbaden Hessen Wiesbaden
Mecklemburgo-Pomerania Occidental Schwerin Mecklenburg-Vorpommern Schwerin
Baixa Saxonia Hanover Niedersachsen Hannover
Renania do Norte-Westfalia Düsseldorf Nordrhein-Westfalen Düsseldorf
Renania-Palatinado Maguncia Rheinland-Pfalz Mainz
Sarre Saarbrücken Saarland Saarbrücken
Saxonia Dresde Sachsen Dresden
Saxonia-Anhalt Magdeburgo Sachsen-Anhalt Magdeburg
Schleswig-Holstein Kiel Schleswig-Holstein Kiel
Turinxia Erfurt Thüringen Erfurt

[editar] Lingua

A lingua oficial é o alemán, aínda que se falan tamén outras linguas, coma o frisón-norde, o frisón-saterland, o danés, o polaco...

[editar] Véxase tamén

[editar] Artigos relacionados

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Ferramentas persoais
Outras linguas