Carlos II de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos II de España

Carlos II, nado en Madrid o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700, alcumado o Enfeitizado, foi rei de España[1] de 1665 a 1700 foi o ultimo rei da Casa dos Austria (dinastía Habsburgo).

Índice

[editar] Traxectoria

Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume O enfetizado viña da incapazidade que tiña o rei para gobernar e pola falta de descendencia. Carlos II tivo numerosos validos : Xoan everardo Nithard , Fernando de Valenzuela , Xoan Xosé de Austria , Duque de Medinaceli e o Conde de Oropresa . A crisis económica e social , as perdas de guerras sucesivas , e a corrupción dos validos fixeron que España no reinado de Carlos II se desmoronase , dando deste xeito , o claro exemplo da decadencia española . Carlos II casou dúas veces : a primeira esposa foi Maria Luisa de Orleáns , neta de Luis XIV que ata entonces era o enemigo principal , pero o casamento entre ambos , facilitaría a relación entre España e Francia . Carlos II e Maria Luisa de Orleans estiveron moi enamorados pero non tiveron descendecia a pesar dos estraños brebaxes que bebía Maria Luisa para a súa fertilidade . María Luisa morreu moi pronto , en 1689. A segunda esposa de Carlos II for Mariana de Neoburgo , que aínda que non fose da familia real , a súa nai tiña unha excelente fertillidade . Pero a pesar diso tampouco chegaron a ter descendencia . O pobo o acabou chamando O Enfeitizado pola súa falta de descendencia , e Carlos II o acabou por crer e acabou someténdose a exorcismos porque cría que estaba poseído polo demo. En 1700 morre e no seu testamento nombra sucesor a Felipe de Anjou , que era un Borbón co que tiña lazos familiares , pero en Viene Carlos II non o aprobou xa que os Borbóns eran o pero enemigo de España polo que se orixinou a Guerra de sucesión que enfrontaba a Felipe de Anjou contra Carlos de Habsburgo e finalmente gañou en 1713 Felipe de Anjou recoñecido como Filipe V de España e o inicio da casa de Borbón.

[editar] Notas

  1. A titulación variaba duns territorios a outros, desde o Tratado de Lisboa (1668) comprendía na súa totalidade:
    Rei de Castela e de León, de Aragón (como Carlos II), das dúas Sicilias (Nápoles, como Carlos V, e Sicilia, como Carlos III), de Navarra (como Carlos V), de Xerusalén, de Hungría, de Dalmacia, de Croacia, de Granada, de Valencia, de Toledo, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Algeciras, de Xibraltar, das illas Canarias, das Indias orientais e occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano, Arquiduque de Austria,
    Duque de Borgoña (como Carlos III), de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo, Güeldres, Milán, Atenas e Neopatria
    Conde de Habsburgo, de Flandres, de Artois, Palatino de Borgoña, de Tirol, de Henao, de Namur, de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña,
    Príncipe de Suabia,
    Margrave do Sacro Imperio Romano, Marqués de Oristán e Conde de Gociano,
    Señor de Biscaia e de Molina, de Frisia, Salins e Malinas
    Dominador en Asia e África

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Predecesor:
Filipe IV
Rei de España
Escudo de Armas de Felipe II a Carlos II.svg

1665 - 1700
Sucesor:
Filipe V

[editar] Devanceiros

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas