Miguel Primo de Rivera
| Historia de España |
|---|
| Restauración borbónica en España |
| • Reinado de Alfonso XII |
| • Reinado de Alfonso XIII |
| • Guerra Hispano-Americana |
| • Rexeneracionismo |
| • Ditadura de Primo de Rivera |
Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Jerez de la Frontera (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español. Casado con Casilda Sáenz de Heredia, tivo seis fillos, destaca entre eles José Antonio Primo de Rivera creador da Falanxe.
Índice |
Traxectoria[editar]
Carreira Militar[editar]
Ingresou na Academia Militar en 1884. Foi destinado por primeira vez a Melilla en 1893, onde ascendeu de forma moi rápida, obtendo o grao de capitán e acadou a medalla de San Fernando. En 1895 tarde sería trasladado a Cuba como axudante do capitán xeneral Martínez Campos. Desde Cuba iría a Filipinas en compaña do seu tío Fernando Primo de Rivera. Participou así nas guerras coloniais: Guerra de Cuba, na que supuxo a independencia de Filipinas, e na guerra de Marrocos. Cando regresa a España xa acadara o grao de tenente coronel. Máis tarde volvería a Marrocos en 1908, e participaría na chamada Guerra de Melilla, onde foi ferido. En 1911 alcanza o xeneralato (xeneral de brigada) e en 1913 é xa xeneral de división. Ao seu regreso a España encárgaselle o goberno militar de Cádiz (1915 - 1917). En 1919 foi ascendido a tenente xeneral.
Herda do seu tío o título de marqués de Estrella, tras o falecemento deste no Desastre de Annual (1921)
En 1922 recibe o encargo da capitanía xeral de Barcelona, onde se atopou cun clima social moi tenso e enrarecido. Noutros asuntos, os actos terroristas que acabaran coa vida do presidente do goberno Eduardo Dato (1921), ou co cardeal de Zaragoza (1923) fan que a sociedade se deteriore en España.
A ditadura[editar]
No período ditatorial de Primo de Rivera podemos distinguir dúas etapas:
Directorio militar[editar]
O 13 de setembro de 1923 Primo de Rivera, emite un manifesto en Barcelona, recibindo a aprobación do rei Afonso XIII para emprender unha ditadura. Tras ser nomeado xefe do goberno polo rei, forma un Directorio Militar. Censura a prensa, sacrifica o sistema democrático e fecha o Parlamento. No ano seguinte asume persoalmente o Alto Comisariado de Marrocos, e aínda que no pasado se declarara partidario de abandonar o Protectorado, alíase agora con o goberno de Francia, e conxuntamente organizan unha campaña contra Abd el-Krim, planeando o Desembarco de Alhucemas (1925); nese mesmo ano as operacións franco-españolas acabaron coa Guerra de Marrocos .
Directorio Civil[editar]
Tras os éxitos de Marrocos, Primo de Rivera, non se retirou, senón que formou un Directorio Civil que se formalizou o 3 de decembro de 1925. Os membros máis importantes eran José Calvo Sotelo (Ministro de Facenda), Martínez Anido (Ministro de Gobernación), etc.
Co apoio dalgunhas partes do exército e dos partidos de extrema dereita, Primo de Rivera intentou levantar un réxime que substituíra ao parlamentarismo. Formou unha asemblea que sería a encargada de redactar unha constitución, pero esta asemblea foi un fracaso.
Creou un partido, Unión Patriótica Española (UPE).
No campo da facenda e obras públicas foi onde o réxime conseguiu os seus maiores éxitos. Calvo Sotelo aliviou a débeda pública e monopolizou un sector chave: o petróleo (CAMPSA). Nas obras melloráronse as estradas, portos etc.
Pero a ditadura tiña moitas frontes de oposición: estudantes, políticos, intelectuais, militares, etc.
Ante esta oposición e a carencia de apoio dos militares, Primo de Rivera renunciou ante o rei Afonso XIII o 28 de xaneiro de 1930, deixando crise económica, inviabilidade do sistema monárquico, etc.
Miguel Primo de Rivera morreu en París o 17 de marzo de 1930.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Documento sonoro, Primo de Rivera falando do golpe de estado.