Golf

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Campo de golf de Barro-Meis

O golf é un deporte no que se empregan diversos paus e unha bóla. Ten as súas orixes no século XV en Escocia; alí os pastores entretíñanse golpeando croios con paus ata chegar a unha meta. Co tempo eses pastores perfeccionaron o xogo e introduciron as primeiras regras básicas.

Máis tarde o golf chegou á aristocracia e á alta burguesía. Desenvolvéronse o pau e as bólas, engadindo diversas bases de metais, para poder golpear a maior ou menor distancia as bólas e mellorar as súas traxectorias. Tamén xurdiron os primeiros campos de golf e establecéronse regras máis precisas para o xogo. A meta converteuse nun buraco, no que debía entrar a bóla despois dun número determinado de golpes.

[editar] O campo de xogo

Unha pelota de golf xunto o buraco.

O golf practícase nun campo de herba natural, ao aire libre. O campo de xogo ocupa unha superficie espaciosa e componse de 18 percorridos parciais, chamados comunmente rúas, ao final dos cales hai un buraco (o buraco, que ten un diámetro de 107,9 mm.); por extensión, cada un destes percorridos parciais denomínanse tamén Buraco. Os buracos ordénanse segundo unha numeración que dá nome a cada buraco: buraco 1, buraco 2..., se ben nalgúns campos de golf, ós buracos dáselles tamén outro nome tomado dalgunha das súas características: a dificultade, o deseño, etc. Como referencia, os campos de golf divídense en dúas categorías principais:

  • Campo profesional: segundo as normas da USGA (United States Golf Association) é aquel onde a suma das distancias totais dos 18 buracos -medindo dende a saída das marcas negras dos "tees" de saída- sobrepasan as 7.000 yardas.
  • Campo turístico-executivo: son os que non rebasan as 7.000 yardas.

[editar] Golfistas famosos

[editar] Véxase tamén

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais