2001
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: 2001 (homónimos).
| Calendario gregoriano | 2001 MMI |
| Ab urbe condita | 2754 |
| Calendario armenio | 1450 |
| Calendario chinés | 4697 – 4698 |
| Calendario hebreo | 5761 – 5762 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
2056 – 2057 1923 – 1924 5102 – 5103 |
| Calendario persa | 1379 – 1380 |
| Calendario musulmán | 1422 – 1423 |
| Calendario rúnico | 2251 |
| < Século XX | Século XXI | Século XXII > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
| Calendario gregoriano | 2001 MMI |
| Ab urbe condita | 2754 |
| Calendario armenio | 1450 |
| Calendario chinés | 4697 – 4698 |
| Calendario hebreo | 5761 – 5762 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
2056 – 2057 1923 – 1924 5102 – 5103 |
| Calendario persa | 1379 – 1380 |
| Calendario musulmán | 1422 – 1423 |
| Calendario rúnico | 2251 |
2001 foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os ataques do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a Invasión de Afganistán e a Segunda Guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.
Índice |
Acontecementos[editar]
- 1 de xaneiro - Comeza o novo milenio, mais as celebracións non son tan importantes como no ano precedente, de maior relevancia.
- 13 de xaneiro - Un terremoto de magnitude 7.6 sacude O Salvador e causa 800 mortos.
- 15 de xaneiro - Lanzamento da Wikipedia.
- 20 de xaneiro - George W. Bush toma posesión como presidente dos Estados Unidos da América
- 26 de xaneiro - Un terremoto sacude Gujarat, na India, e causa 12.00 mortos.
- 15 de febreiro - Tropas rusas comezan a retirada da Chechenia.
- 6 de febreiro - Ariel Sharon, líder do Likud, gaña as eleccións en Israel.
- 23 de marzo - A estación espacial Mir reentra a atmosfera perto de Nadi, nas Fidxi e cae no Océano Pacífico.
- 24 de marzo - A Apple Computer lanza o Mac OS X.
- 1 de abril
- Slobodan Milošević, anterior presidente da República Federal de Iugoslavia, entrégase á policía para ser xulgado por crimes de guerra.
- Nos Países Baixos apróbase o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a primeira vez en todo o mundo desde o reinado de Nerón.
- 28 de abril - O primeiro turista espacial, o americano Dennis Tito parte desde o cosmódromo de Baikonur na Soyuz TM-32. Retorna o 6 de maio.
- 13 de maio - Silvio Berlusconi gaña as eleccións xerais en Italia.
- 7 de xuño - O Partido Laborista de Tony Blair gaña as eleccións xerais no Reino Unido.-
- 20 de xuño - Pervez Musharraf convértese en Presidente do Pakistán ao dimitir Muhammad Rafiq Tarar.
- 17 de xullo - Inaugúrase a réplica da Cova de Altamira.
- 9 de setembro - Un terrorista suicida asasina Ahmed Shah Massoud, comandante militar da Alianza do Norte.
- 11 de setembro - Atentados terroristas con avións contra as Torres xemelgas en Nova York, o Pentágono en Arlington, Virginia e en shanksville, Pennsylvania. Morren case 3.000 persoas.
- 18 de setembro - Comeza unha serie de ataques contra medios de comunicación norteamericanos e políticos demócratas mediante cartas envelenadas con carbuncho.
- 2 de outubro - Swissair declárase en bancarrota.
- 7 de outubro - Os Estados Unidos invaden Afganistán con cooperación por parte do Reino Unido.
- 23 de outubro - Apple Computer lanza o iPod.
- 25 de outubro - A Microsoft lanza o Windows XP
- 12 de novembro - A aeroliña belga SABENA declara a bancarrota.
- 10 de novembro - A República Popular da China entra na Organización Mundial do Comercio após 15 anos de negociacións.
- 2 de decembro - A compañía eléctrica Enron declara a bancarrota, a maior na historia dos Estados Unidos.
- 13 de decembro - Ataque terrorista contra o Parlamento Indio, que pon á India e Pakistán ao bordo da guerra.
- A India convértese no segundo país en superar os mil millóns de habitantes. O primeiro fora China en 1979.
Nacementos[editar]
Mortes[editar]
- 12 de xaneiro - Adhemar da Silva, atleta brasileiro.
- 16 de xaneiro - Laurent-Désiré Kabila, presidente da República Democrática do Congo (n. 1939).
- 18 de febreiro - Balthus, pintor francés.
- 19 de febreiro - Stanley Kramer, produtor de cinema norteamericano (n. 1913).
- 26 de febreiro - Arturo Uslar Pietri, escritor e político venezolano.
- 12 de marzo - Robert Ludlum, escritor norteamericano (n. 1927).
- 15 de abril - Joey Ramone, vocalista da banda nova-iorquina de punk rock Ramones (n. 1951).
- 11 de maio - Douglas Adams, escritor e comediante británico (n. 1952).
- 16 de maio - Hernán Naval, músico e polifacético home ribadense.
- 19 de maio - Jesús Suevos, falanxista galego (n. 1907).
- 20 de maio - Renato Carosone, cantante e músico italiano (n. 1920).
- 3 de xuño - Anthony Quinn, actor norteamericano (n. 1915).
- 7 de xuño - Víctor Paz Estenssoro, político boliviano (n. 1907).
- 21 de xuño - John Lee Hooker, cantante de blues (n. 1917).
- 27 de xuño - Jack Lemmon, actor norteamericano (n. 1925).
- 11 de xullo - Cândida Branca Flor, cantante portuguesa (n. 1949).
- 6 de agosto - Jorge Amado, escritor brasileiro (n. 1912).
- 2 de setembro - Christiaan Barnard, médico sul-africano (n. 1922).
- 11 de setembro - Ataques do 11 de setembro de 2001: 2.749 nas Torres Xemelgas, 125 no Pentágono, 40 en Shanksville, Pennsylvania, 19 secuestradores e 24 desaparecidos.
- 25 de outubro - Marvin Harris, antropólogo estadounidense (n. 1927).
- 29 de novembro - George Harrison, músico inglés (The Beatles) (n. 1943).
- 14 de decembro - W. G. Sebald, escritor alemán.
- 20 de decembro - Léopold Sédar Senghor, poeta e estadista senegalés.
Premios Nobel[editar]
- Física - Eric Allin Cornell, Wolfgang Ketterle e Carl Edwin Wieman.
- Química - William S. Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless.
- Medicina ou Fisioloxía- Leland H. Hartwell, R. Timothy Hunt e Paul M. Nurse.
- Literatura - V.S. Naipaul.
- Economía - George A. Akerlof, A. Michael Spence e Joseph E. Stiglitz
- Paz - Nacións Unidas, Kofi Annan.
