Mosteiro de Poblet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Mosteiro de Poblet
Fuente de Poblet 2.jpg
Fonte de Poblet
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1991
País: España España
Localización: Vimbodí i Poblet (Tarragona)
41°22′51″N 1°4′57″E / 41.38083°N 1.08250°E / 41.38083; 1.08250Coordenadas: 41°22′51″N 1°4′57″E / 41.38083°N 1.08250°E / 41.38083; 1.08250
Rexión: Europa e América do Norte
Tipo: Cultural
Criterios: i, iv
Descrición UNESCO: fr en

O Real Mosteiro de Santa María de Poblet (en catalán: Reial Monestir de Santa Maria de Poblet) é o prototipo de abadía cisterciense española. Localizado na comarca da Conca de Barberà, no termo municipal de Vimbodí i Poblet, en Tarragona, o primeiro cenobio foi impulsado e patrocinado por Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona, que o entregou aos monxes bernardos da abadía de Fontfroide no ano 1149.

Foi panteón real da Coroa de Aragón, desde finais do século XIV ata a extinción da casa real de Aragón no século XV.

Enriquecido con distintas doazóns, alcanzou o seu máximo esplendor no século XIV, e a súa total decadencia e abandono en 1835 como consecuencia da desamortización de Mendizábal. En 1930 iniciouse a súa restauración, de forma que en 1935 puido dedicarse novamente a igrexa ao culto, e en 1940 retornaban á súa abadía algúns monxes. Non todos os espazos poden visitarse, por ser dependencias en clausura utilizadas polos cistercienses que de novo ocupan o mosteiro.

En 1991 foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Poblet, xunto con Guadalupe, El Escorial, San Millán de Yuso e San Millán de Suso son os mosteiros en España que gozan deste título.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Poblet

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]