Río Douro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Río Douro | |
|---|---|
O río Douro ao seu paso por Zamora |
|
| Nacemento: | {{{nace}}} |
| Altitude da fonte: | 2.160 msnm |
| Lonxitude: | 897 km |
| Caudal medio: | 675 m³/s |
| Conca: | {{{conca}}} |
| País: | España e Portugal |
| Desemboca: | Océano Atlántico |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Río Douro (homónimos).
O Douro (Duero en castelán, Douro en portugués) é un río do centro-norte e oeste da península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do Texo e do Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).
O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A sua altitude media é de 700 metros.
No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -desnível médio é de 3m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudáis violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomável ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles permitiuse a doma do río e a navegación fluvial.