Avea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avea
Avena fatua1.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Xénero: Avena
Nome científico
Avena fatua
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A avea é un cereal moi nutritivo, que posue calcio, ferro, proteínas, alén de vitaminas, carbohidratos e fibras. A avea está en evidencia atualmente polo alto poder benéfico da súa fibra solúbel, que está relacionada con un bo funcionamento intestinal, a diminución na absorción de colesterol total e LDL-colesterol e manutención de niveis adecuados dos mesmos.

Existen estudos que manifestan que o consumo de avea en diferentes cantidades está asociado ao control da glicemia (azucre no sangue), manutención e diminución do colesterol sanguíneo, control da presión arterial e regulador do tránsito intestinal, evitando o estrinximento.

A fibra solúbel presente na avea, a chamada ß-glucana, é responsábel por parte das vantaxes do consumo da avea, xa que existe a vantaxe nutricional deste alimento. As fibras solúbeis retardan o esvaciamento gástrico, que ten como resultado unha maior saciedade. Elas, tamén, ao entraren en contacto coa agua, forman xeles que tornan o bolo fecal maior e mais viscoso e, con iso, ocorre unha menor absorción de substancias presentes neste bolo, como glicosa e colesterol, debido a unha menor acción de enzimas dixestivas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas