|
|
|
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2010 tiña 73.638 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.
Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.
Aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano na zona rural. Esa fachada acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo ou Covas.
Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no extrarradio. O concello ten unha densidade de poboación de 904,31 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².
|
|
Vexa tamén o mes de febreiro na cultura popular galega.
|
|
|
|
A Comisión Negociadora da Oposición foi unha plataforma constituída en 1976 por nove representantes dos partidos políticos e comunidades autónomas para negociar co Goberno de Adolfo Suárez os pasos a dar para a transición democrática. Nunha entrevista entre o presidente do Goberno Adolfo Suárez e o presidente do Equipo Demócrata Cristiano del Estado Español, José María Gil-Robles, acordan a constitución dunha comisión entre representantes da oposición e o goberno do Estado para sentar os principios sobre os que deseñar o proceso da transición e a legalización dos partidos co propósito de garantir as liberdades e unhas eleccións xerais (que se celebrarán o 15 de xuño de 1977). A esta reunión asistiron tamén Joaquín Ruiz-Giménez (de Izquierda Democrática), Juan Ajuriaguerra (do PNV), Antón Cañellas (da Unión Democrática de Cataluña), Vicente Ruiz Monrábal (da Unión Democrática del País Valenciano) e Fernando García Agudín (do Partido Popular Galego. Anteriormente a esta data Suárez xa mantivera numerosas conversacións, do mesmo xeito que tamén o fixeron os representantes da oposición, entre si, para perfilar unha Comisión reducida que puidese presentarse ó Goberno cun mandato conxunto e consensuado. O 1 de decembro, 70 dirixentes políticos doutros tantos partidos e organizacións decidiron a composición desta Comisión, nomeando a dez representantes.
|
|
|
Adolf Hitler, Chanceler de Alemaña.
- 1918, folguistas berlineses desautorizados impiden a entrada dos obreiros ás fábricas de munición.
- 1922, restituído a China o territorio de Shantung polo tratado chino-xaponés.
- 1924, liberado o Mahatma Gandhi, líder nacionalista indio.
- 1929, nace Fernando González Olle, lingüista, investigador e escritor español.
- 1938, Hitler autoproclámase comandante supremo das forzas armadas alemás.
- 1963, morre Luis Mestre, pintor español.
Hoxe é o Día Mundial Contra o Cancro.
|
|
|
|
|
|
 Índice de categorías
|
|
|
|