Estaleiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un estaleiro ou atarazana é o lugar onde se constrúen e reparan buques. Pode tratarse de iates, buques militares, barcos comerciais e outro tipo de barcos para transporte de mercancías ou de pasaxeiros.
Entre os países que constrúen máis barcos hai que destacar a Inglaterra, Italia, Xapón, Polonia e principalmente a Corea do Sur que co estaleiro de Hyundai Heavy Industries ten un gran potencial. A industria da construción naval tende a estar máis fragmentada en Europa que en Asia. Nos países europeos as compañías son menores, e de orixe estatal, comparadas coas poucas compañías asiáticas.
Os estaleiros constrúense cerca do mar ou de ríos navegables, para permitir o acceso dos barcos. Por exemplo, no Reino Unido construíronse nas beiras do río Támesis (O rei Henrique VIII fundou estaleiros no Woolwich e Deptford en 1512 e 1513 respectivamente) e noutros ríos.