Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Copa das Nacións (en francés Coupe des Nations de Montreux) é un torneo internacional de hóckey a patíns organizado polo Montreux Hockey Club con carácter bienal no período pascual. É recoñecido pola FIRS e polo CIRH e é considerado de moi alto valor para as seleccións e os clubs que participan nel.
En 1921 o Montreux Hockey Club, o club máis antigo de hóckey a patíns suízo, decidiu organizar un torneo no período de Pascua, chamándoo Torneo de Pascua, gañando as dúas primeiras edicións o club anfitrión. Recoñecido pola FIRS e a CIRH, os dous máximos organismos internacionais do hóckey a patíns. En 1923 é convidada a selección de Inglaterra, comezando a presenza de seleccións nacionais no Torneo. En 1924 e 1925, a participación de moitas delegacións nacionais permitiu ao torneo de Pascua converterse nun Campionato de Europa non oficial, polo que foi rebautizado como Copa das Nacións. En 1924, durante o desenvolvemento da cuarta edición do torneo, fúndase a FIRS [1].
Sucesivamente vén sendo chamado Copa das Nacións, Torneo de Montreux e foi denominado en 2 edicións Campionatos Mundiais (1939, 1948 e tamén Campionato de Europa), en 3 edicións oficialmente (1927, 1929, 1931) e en 2 edicións non oficialmente (1924, 1925) como Campionato de Europa. Dende 1949 a denominación é “Copa das Nacións” e Torneo Internacional, coa participación de equipos dos cinco continentes e está incluída no calendario anual mundial. Dende 1995 dispútase en anos alternos (coincidindo nos anos impares).
En 2003 créase o challenge Marcel Monney, que se outorga ao equipo que sexa capaz de gañar tres edicións consecutivas ou cinco non consecutivas da competición. No 2007 este recoñecemento foi entregado á selección española logo de gañar tres edicións consecutivas (2003, 2005 e 2007) e en 2013 á selección de Portugal (2009, 2011 e 2013).
Número de campionatos por países/clubs[editar]
- ↑ [1].
- ↑ Lista de campións.
- ↑ El Mundo Deportivo (10-04-1953). "Resultados Montreux 1953". http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1953/03/07/pagina-2/639827/pdf.html.
Véxase tamén[editar]
A Galipedia ten un portal sobre:
Ligazóns externas[editar]